Mariel Margaret Hamm-Garciaparra, nada enSelma (Alabama) o17 de marzo de1972 é unha ex-futbolista, dobre campioa olímpica e dobre campioa daCopa do Mundo. Recoñecida como unha icona do fútbol,[1][2][3][4] xogou dedianteira naSelección de fútbol dos Estados Unidos entre 1987 e 2004. Hamm foi a face daWomen's United Soccer Association (WUSA), primeira liga profesional defútbol feminino nos Estados Unidos, onde xogou paraWashington Freedom entre 2001 e 2003. Xogou no fútbol universitario para oNorth Carolina Tar Heels, ao que axudou a gañar catro títulos consecutivos.
Durante a súa etapa no equipo nacional, participou en catro Copas do Mundo:China 1991,Suecia 1995 e nos Estados Unidos en1999 e2003. Liderou tamén o equipo en tres xogos olímpicos:Atlanta 1996,Sydney 2000 eAtenas 2004. Durante a súa carreira internacional xogou 42 partidos e marcou 14 goles en 7 torneos internacionais.
Hamm tivo a marca de máis goles internacionais marcados (tanto por homes como por mulleres) ata 2013.[5][6][7] Foi declaradaFIFA World Player of the Year en 2001 e 2002, e foi incluída xunto coa súa compañeira de equipoMichelle Akers na listaxe feita porPelé dos 125 mellores xogadores vivos daFIFA.[8]