Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Metropolitan Opera House

Coord.:40°46′22″N73°59′03″O / 40.7728,-73.9842
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metropolitan Opera House
Upper West Side(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Arquitecto/a
Localización
 Situado en
 Localización
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
2123626000Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

AÓpera Metropolitana de Nova York (Metropolitan Opera House, tamén coñecido simplemente como oMetropolitan ou oMet) é unha compañía eteatro de ópera situado noLincoln Center deNova York.

É un dos teatros máis importantes da ópera mundial, cun elenco de estrelas norteamericanas e internacionais.

OMet é a maior institución de música clásica dos Estados Unidos, e anualmente ofrece unhas 220 representacións de ópera. A súa sede considérase un dos principais teatros de ópera do mundo, e un dos maiores. Cada tempada doMet esténdese desde setembro até maio, e presenta ao redor de 27 óperas nun programa derepertorio rotativo, con sete representacións semanais de catro títulos diferentes. De luns a sábado as representacións ofrécense pola noite, cunha función extra os sábados, xeralmente ás dúas da tarde.[1]

O velloMet da rúa 39

[editar |editar a fonte]
O antigo Metropolitan.
Cheo do teatro o 28 de novembro de 1937 para un concerto deJózef Hofmann.

A Metropolitan Opera foi fundada en abril de 1880. A súa primeira sede estivo no 1411 deBroadway, nobloque entre as rúas West 39th e West 40th, noGarment District deManhattan. O edificio, ao que se lembra actualmente como "the old Met" (o vello Met) foi deseñado polo arquitecto J. Cleaveland Cady, e abriu as súas portas o22 de outubro de1883, cunha representación deFaust. Foi destruído por un incendio o27 de agosto de1892. A tempada suspendeuse mentres se reconstruía o edificio.

En 1903 o interior do teatro renovouse completamente, incluídos os elementos característicos que mantivo até o seu peche, como o auditorio dourado, o candeeiro, o proscenio curvado e o pano dedamasco dourado. En 1940 creouse aMetropolitan Opera Association, á que se traspasou a propiedade do teatro desde as familias que ostentaban a propiedade dos palcos. Suprimíronse os palcos do segundo piso e substituíronse por filas de butacas, manténdose só os palcos do primeiro piso. Desde entón, o aforamento do teatro foi de 3.625 butacas e 224 prazas de pé.

O teatro distinguíase pola súa excelente acústica e o seu elegante interior, mentres que as instalacións escénicas eran claramente insuficientes para unha compañía de ópera da categoría doMet. Era normal ver os decorados e escenarios do Met na rúa 39, onde tiñan que almacenarse entre representacións. Durante varios anos, puxéronse en marcha varios proxectos para a construción dunha nova sede para a compañía, en diferentes localizacións en Nova York. Finalmente, co desenvolvemento doLincoln Center noUpper West Side atopouse a oportunidade para a construción dun teatro de ópera moderno.

OOld Met pechou o16 de abril de1966 cunha emotiva gala de despedida, na que participaron todos os artistas da compañía. A sopranoZinka Milanov, tanto tempo unida á compañía, fixo a súa última aparición no Met aquela noite. A pesar dunha campaña para preservar o edificio e conservalo como monumento, oold Met foi demolido en 1967 e substituído por un edificio de oficinas.

O novoMet no Lincoln Center

[editar |editar a fonte]
Vista dos palcos do teatro.

O actual teatro da Ópera Metropolitana foi deseñado polo arquitectoWallace K. Harrison e é o auditorio máis grande do seu tipo no mundo, cun aforamento de preto de 3.975 localidades (3.800 asentos máis 175 prazas de pé). O escenario presenta unha embocadura cadrada de 16 metros de ancho por 16 de alto, cunha profundidade de 24 metros e unha torre escénica de 33,5 metros de altura sobre o chan do escenario.[2] O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que noMetropolitan haxa funcións case tódolos días do ano.

Pecha a perspectiva na gran praza doLincoln Center flanqueado por outros dous inmensos teatros, oDavid H. Koch Theater (anteriormente coñecido comoNew York State Theater), que fora a sede da desaparecidaNew York City Opera, e oDavid Geffen Hall (primeiroPhilharmonic Hall e logoAvery Fischer Hall), sede daOrquestra Filharmónica de Nova York. É un dos centros musicais máis importantes do mundo.

Foi inaugurado o16 de setembro de1966, coa estrea da óperaAntony and Cleopatra deSamuel Barber protagonizado porLeontyne Price eJess Thomas en produción deFranco Zeffirelli.

No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo porMarc Chagall: "The Triumph of the Music" e "The Sources of the Music". Tamén hai esculturas deAristide Maillol eWilhelm Lehmbruck, e as lámpadas do vestíbulo e do auditorio foron construídas pola firma J. & L. Lobmeyr deViena.[2]

O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da óperaHänsel und Gretel deEngelbert Humperdinck.

Incorporou o servizo de subtítulos a seis idiomas fronte a cada asento.

Tamén se usa para sala de concertos en ocasións especiais,Vladimir Horowitz,Daniel Barenboim eJames Levine son algúns dos artistas que o utilizaron como sala de concerto.

A Compañía de ópera doMet

[editar |editar a fonte]

A Ópera Metropolitana creouse como unha alternativa á Academia de Música de Nova York, dirixida por un círculo restrinxido da máis alta sociedade neoiorquina. A nova compañía foi dirixida por algunha das novas familias ricas da época (Roosevelt, Vanderbilt, Morgan, Astor...). O director da compañía foi Henry Abbey, que a puxo en marcha a partir dun grupo de cantantes de orixe alemá, con baixos custos, entre os que non se atopaba ningún dos cantantes que máis éxito estaban a ter nos teatros europeos da época. A compañía puxo en marcha un repertorio internacional, pero cantado en alemán. Tralo incendio de 1892 e a posterior reconstrución, a dirección foi asumida por Maurice Grau, que conseguiu levar aoMet a unha primeira "Idade de Ouro", coa presenza de cantantes de nivel internacional, como os irmánsEdouard eJean de Reszke,Lilli Lehmann,Emma Calvé,Nellie Melba,Marcella Sembrich,Milka Ternina,Ernestine Schumann-Heink,Francesco Tamagno,Francisco Viñas ouVictor Maurel. En 1898 a compañía iniciou unha xira anual de seis semanas por cidades dos Estados Unidos que se mantivo até 1986, cando se suprimiu por problemas orzamentarios.

Enrico Caruso,Rosa Ponselle eJosé Mardones enLa forza del destino (1918).

Desde 1900, creáronse diferentes grupos ou "ás" da compañía, con cantantes e directores especialistas nos repertorios alemán, italiano ou francés. Desde aSegunda guerra mundial esta distinción foise desvanecendo, a medida que os cantantes comezaban a diversificar a súa carreira, e empregar menos tempo enrolados nunha única compañía. De 1900 a 1904 realizáronse as primeiras gravacións noMet, a cargo deLionel Mapleson, que utilizou unfonógrafo Edison e que permitiu preservar os únicos testemuños sonoros de artistas como Jean de Reszke e Milka Ternina. Tralo debut, en 1903, deEnrico Caruso, co Duque deRigoletto, comezou a época do empresarioGiulio Gatti-Casazza (1908-1935), que elevou o nivel e o prestixio do teatro, coa presenza de cantantes comoRosa Ponselle,Elisabeth Rethberg,Maria Jeritza,Frida Leider,Amelita Galli-Curci,Lily Pons,Giovanni Martinelli,Beniamino Gigli,Giacomo Lauri-Volpi,Lauritz Melchior,Titta Ruffo,Giuseppe De Luca,Lawrence Tibbett,Friedrich Schorr,Feodor Chaliapin,José Mardones,Tancredi Pasero eEzio Pinza, entre outros. Nesta épocaArturo Toscanini eGustav Mahler dirixiron regularmente noMet.

O tenor canadenseEdward Johnson foi o administrador xeral desde 1935 até 1950, e conseguiu conducir a compañía durante a Gran Depresión e a Guerra mundial, mantendo o nivel artístico.Zinka Milanov,Jussi Björling,Alexander Kipnis,Jan Peerce,Richard Tucker,Leonard Warren eRobert Merrill presentáronse ante o público doMet nesta época, mentres queKirsten Flagstad reinou como a soprano wagneriana desta era.Kurt Adler, SirThomas Beecham,George Szell eBruno Walter son algúns dos grandes directores contratados por Johnson.

A etapa da dirección do austríaco-británicoRudolf Bing foi a máis longa da historia doMet (1950-1972). Bing modernizou a administración e o sistema de venda de entradas e suprimiu a tradicional representación semanal enFiladelfia. Durante a súa etapa a compañía trasladouse ao novo Teatro no Lincoln Center. Aínda que non houbo unha dirección musical estable durante esta época, grandes nomes como Kurt Adler,Fritz Stiedry,Dimitri Mitropoulos,Erich Leinsdorf,Fritz Reiner eKarl Böhm pasaron polo foso doMet nos anos 50 e 60. En 1967 produciuse o debut deHerbert von Karajan, que dirixiuDie Walküre na produción deseñada por el mesmo para oFestival de Pascua de Salzburgo. Nos anos seguintes presentáronse o resto das obras do Anel do Nibelungo nesa produción, pero Karajan só dirixiuO ouro do Rin e as reposicións eA Valquiria en 1968 e 1969.[3] Un dos grandes acertos de Bing foi promover a integración dentro do elenco doMet, coa presentación de grandes cantantes de orixe afroamericana, comezando co histórico debut deMarian Anderson en 1955, á que seguironLeontyne Price,Grace Bumbry,Shirley Verrett,George Shirley e moitos outros. Un gran número de famosos tenores e sopranos apareceron noMet contratados por Bing, entre outrosMaria Calas, que mantivo unha amarga discusión con Bing a causa do repertorio,Renata Tebaldi,Joan Sutherland,Montserrat Caballé,Birgit Nilsson,Elisabeth Schwarzkopf,Mario del Monaco,Carlo Bergonzi,Nicolai Gedda eJon Vickers.

Trala retirada de Bing, o cargo foi pasando por distintos administradores que colaboraron sucesivamente co director musicalJames Levine, que foi a guía artística doMet durante o último terzo do século XX. Nestes anos presentáronse os tenores que dominaron as tempadas doMet durante esta etapa:Luciano Pavarotti ePlácido Domingo.Joseph Volpe, que procedía da propia compañía, dirixiu o teatro desde 1990 até 2006, e destacou por ampliar notablemente o repertorio, presentando novas obras e estreas mundiais. Así mesmo, abriuse a porta a directores de escena que comezaron a introducir producións de estilo máis contemporáneo, en contraste coas producións máis tradicionais e conservadoras, que foran características noMet. En 1997, Volpe nomeou aValery Gergiev como Director Convidado para ampliar o repertorio ruso. Durante a súa administración presentáronse no Met artistas comoMarcelo Álvarez,Cecilia Bartoli,José Cura,Diana Damrau,Natalie Dessay,Renée Fleming,Juan Diego Flórez,Marcello Giordani,Angela Gheorghiu,Susan Graham,Ben Heppner,Dmitri Hvorostovsky,Anna Netrebko,René Pape,Bryn Terfel eDeborah Voigt.

O administrador actual éPeter Gelb, que está a levar a cabo plans para ampliar o repertorio, reducir custos nas producións e atraer novas audiencias, sen perder ao público tradicional. Destaca, nos últimos tempos, a difusión en directo en cines de todo o mundo das producións doMet en vídeo dealta definición. Gelb levou aoMet ás novas estrelas emerxentes do mundo da ópera, comoOīna Garanča,Jonas Kaufmann,Piotr Beczala,Joseph Calleja,Lawrence Brownlee,Mariusz Kwiecien, eEric Owens, e a directores comoYannick Nézet-Séguin,Andris Nelsons, eFabio Luisi. En 2011, debido aos problemas de saúde de Levine, que lle obrigaron a deixar de dirixir durante case dous anos, Fabio Luisi asumiu o cargo de "director principal", pasando Levine a ser o "director musical" da compañía. En 2014 Luisi anunciou a súa renuncia ao cargo, para dedicarse ao seu posto daópera de Zúric, co que, na práctica, Levine volvía ser o responsable musical único doMet. Con todo, os problemas de saúde persistiron, e en abril de 2016 anunciouse que Levine deixaría o seu posto de Director Musical ao final da tempada 2015-2016, pasando a ostentar o posto honorífico de Director Musical Emérito. A continuación o Met anunciou a designación do canadenseYannick Nézet-Séguin para ser o novo Director Musical a partir de 2020, aínda que finalmente adiantouse a súa toma de posesión á tempada 2018-2019.[4]

Emisións de radio

[editar |editar a fonte]

OMet marcou o nacemento da primeira ópera transmitida por radio, que aínda estaba na súa infancia. O 13 de xaneiro de 1910 transmitiuse ao público a dobre representación das óperasCavalleria rusticana ePagliacci con Enrico Caruso e outros intérpretes.[5] A iniciativa para isto veu de Lee De Forest, un pioneiro da radio. A emisión mesmo se podía escoitar nun barco a 20 quilómetros de distancia.[6]

As actuacións do sábado pola tarde da Ópera Metropolitana escoitáronse en directo en moitas emisoras de radio dos Estados Unidos de América e máis aló desde o día de Nadal de 1931. A primeira peza transmitida foi a óperaHansel e Gretel de Engelbert Humperdinck. Para financiar a emisión de radio, atopouse un patrocinador permanente en 1940, pero terminou a súa participación en 2004. Desde entón, o Fondo da Ópera Metropolitana tratou de pór esta emisión nunha base financeira segura coa axuda de doazóns.

Emisións de cine

[editar |editar a fonte]

As actuacións seleccionadas son transmitidas en vivo nos cinemas dos Estados Unidos e no estranxeiro na serie "Metropolitan Opera Live in HD". As emisións logran bos índices de ocupación e melloran a situación dos ingresos da casa.

Transmisión en vivo

[editar |editar a fonte]

O 25 de abril de 2020, oMet emitiu unha gala de catro horas exclusivamente en liña, cos invitados e músicos conectados desde as súas casas debido á pandemia de coronavirusCOVID-19.

Tecnicamente notable foi, entre outras cousas, a actuación do coro de prisioneiros da óperaNabucco deVerdi, onde máis de 50 músicos interpretaron a peza en paralelo por videoconferencia. Presentáronse 33 actuacións en vivo e sete pezas pre gravadas, e 300.000 espectadores de máis de 162 países seguiron a gala en vivo.[7][8]

Directores musicais principais

[editar |editar a fonte]

Aínda que só Rafael Kubelík e James Levine desempeñaron o cargo de "director musical", foron moitos os directores de orquestra que asumiron un papel de liderado ao longo da historia doMet. Estes directores estableceron os estándares artísticos e influíron na calidade e o estilo da orquestra doMet. Así mesmo, noMet actuaron moitos grandes directores invitados, que non aparecen nesta relación.Yannick Nézet-Séguin é o terceiro en ostentar o título de "Music Director".

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. http://www.metoperafamily.org/metopera/season/calendar.aspxArquivado 20 de maio de 2011 enWayback Machine. Calendario de representacións doMet
  2. 2,02,1Web de la Metropolitan Opera."FAQs: The Opera House"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013. 
  3. "MetOpera Database"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 12 de agosto de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  4. Cooper, Michael (15 de febreiro de 2018)."Yannick Nézet-Séguin Will Lead the Met Opera, Two Years Early".The New York Times. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  5. "Wayback Machine". 23 de xuño de 2008. Archived from the original on 23 de xuño de 2008. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  6. "RADIO'S VERSION OF 'WHO'S ON FIRST?'"(en inglés). Archived from the original on 10 de agosto de 2006. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  7. "The Met Opera's 'At-Home' Gala Live Streams Performances to World Silenced by Pandemic"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 27 de abril de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  8. Ashley, Tim (26 de abril de 2020)."The Metropolitan Opera’s At-Home Gala review – thrilling singing, live from the stars’ living-rooms".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o 27 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Metropolitan Opera HouseModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Metropolitan_Opera_House&oldid=6989506»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp