Unmeteorito é un corpo celeste relativamente pequeno que acada a superficie terrestre. Cando un meteorito está composto esencialmente de silicatos, sen metais, denomínaseaerólito oulitito. Se están compostos de metal (principalmente ferro) denomínansesideritos. Se teñen unha composición mixta de rocha e metal sonlitosideritos.
No espazo, estes corpos reciben o nome demeteoroides ("pequenos"asteroides, aproximadamente do tamaño duncanto rolado ou de menor tamaño, que xeralmente son o resultado da colisión de dous ou máis asteroides). Ó entrar en contacto coaatmosfera, a fricción co aire causa que o corpo se quente, emitindo luz e formando un meteoro, bóla de lume ou estrela fugaz.
Foron unha fonte primaria de ferro ao comezo daIdade de Ferro, chegando a ser obxecto de culto na relixión faraónica. Na actualidade destacan os estudos sobor dos efectos dos impactos de meteoritos no planeta Terra, en especial polo estudo doevento K-T (Cretáceo-Terciario).