Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Metano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metano
Fórmula esquelética estereo do metano con medidas

Metano[1](substitutivo)
Tetrahidridocarbono[1](aditivo)

Outros nomes

Carbano, gas dos pantanos

Identificadores
Número CAS74-82-8
PubChem297
ChemSpider291
Número CE200-812-7
Número UN1971
KEGGC01438
MeSHMethane
ChEBICHEBI:16183
ChEMBLCHEMBL17564
Número RTECSPA1490000
Referencia Beilstein1718732
Referencia Gmelin59
3DMetB01450
Imaxes 3DJmolImage 1
  • InChI=1S/CH4/h1H4
    Key: VNWKTOKETHGBQD-UHFFFAOYSA-N

Propiedades
Fórmula molecularCH4
Masa molar16,04 g mol−1
AspectoGas incoloro
OlorSen olor
Densidade0,656 g/L a 25 °C, 1 atm
0,716 g/L a 0 °C, 1 atm
0,42262 g cm−3
(a 111 K)[2]
Punto de fusión634 °C; 1 173 °F; 907 K
Punto de ebulición10 893 °C; 19 639 °F; 11 166 K
Solubilidade enauga22,7 mg L−1
Solubilidadesoluble enetanol,dietil éter,benceno,tolueno,metanol,acetona
log P1,09
kH14 nmol Pa−1 kg−1
Estrutura
Forma da moléculaTetraédrica
Momento dipolar0 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación
ΔfHo298
−74,87 kJ mol−1
Entalpía estándar
de combustión
ΔcHo298
−891,1–−890,3 kJ mol−1
Entropía molar
estándar
So298
186,25 J K−1 mol−1
Capacidade calorífica,C35,69 J K−1 mol−1
Perigosidade[3]
Pictogramas GHSO pictograma do lume no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHSDANGER
declaración de perigosidade GHS220
declaración de precaución GHS210
EU Index601-001-00-4
Clasificación da UEExtremadamente inflamableF+
Frases RR12
Frases SS2, S16, S33
NFPA 704
4
1
0
Punto de inflamabilidade−188,0 °C; −306,4 °F; 85,1 K
Temperatura de autoignición537 °C; 999 °F; 810 K
Límites de explosividade4,4–17%
Compostos relacionados
alcanos relacionadosIoduro de metilo
Diiodometano
Iodoformo
Tetraioduro de carbono
Etano
Ioduro de etilo

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Ometano é un composto decarbono ehidróxeno, de fórmula CH4. É unhidrocarburo, o primeiro membro da serie dosalcanos. É máis lixeiro que oaire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase nogas natural (entre un 75% e un 90%), nogas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías depetróleo, e como produto da descomposición da materia nospantanos. É un dos principais compoñentes daatmosfera dos planetasSaturno,Urano eNeptuno.

Pode obterse mediante ahidroxenación de carbono oudióxido de carbono, pola acción daauga concarburo de aluminio ou tamén ó quentaretanoato de sodio cunálcali.

É apreciado como combustible e para producircloruro de hidróxeno,amoníaco,etino (acetileno) eformaldehido.


Características

[editar |editar a fonte]

É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre si. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.

Ten como:

  • punto de ebulición: 111,55 K
  • punto de fusión: 90,6 K
  • ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
  • ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
  • Sº gas: 188 J/mol.K

Ademais tamén é ungas de efecto invernadoiro moi efectivo, cunhaconcentración atmosférica actual de 1,7 ppm.

Orixe

[editar |editar a fonte]

As súas principais orixes son:

  • Descomposición dos residuos orgánicos porbacterias.
  • Fontes naturais (pantanos): 23%.
  • Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimábase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamadogas natural).
  • Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente dogando).
  • As bacterias en plantacións dearroz: 12%.
  • Dixestión anaeróbica dabiomasa.
  • Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.

O 60% das emisións en todo o mundo son de orixe antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.

Son da familia homóloga -CH2 metileno

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"methane (CHEBI:16183)".Chemical Entities of Biological Interest. UK:European Bioinformatics Institute. October 17, 2009. Consultado oOctober 10, 2011. 
  2. "Gas Encyclopedia". Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado oNovember 7, 2013. 
  3. "Safety Datasheet, Material Name: Methane". USA: Metheson Tri-Gas Incorporated. December 4, 2009. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de decembro de 2018. Consultado oDecember 4, 2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Metano&oldid=6745602»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp