Osmesozoos son un grupo de animais que historicamente clasificáronse no subreinoAgnotozoa, e hoxe en día inclúense no subreinoMesozoa e que antes incluían a outros organismos con características especiais que non encaixaban en ningún outro filo. Mais co incremento dos coñecementos zoolóxicos, moitos deses seres foron descartados quedando só dous grupos de seres vivos claramente emparentados entre eles e que máis adiante comentaremos.
A palabra mesozoo fai referencia a que estes seres atópanse no medio ("meso") entre oPhylum dosProtistas e o dosMetazoos.
Trátase de seres pluricelulares que non teñen unha clara orixe evolutiva e que posiblemente acadaron esta pluricelularidade por unha vía distinta aosEumetazoos. Sonparasitos vermiformes de animais como oscefalópodos,platelmintos,anélidos,moluscos,equinodermos enemertinos.
Son animais que non teñen aparato circulatorio, nervioso e excretor, constituídos por un número limitado de células que é constante de especie en especie (fenómeno de "eutelia"). Só dispoñen de dous estratos: un interno, representado por un número variable de células alongadas con función reprodutiva, e outro externo, ciliado, dedicado ó movemento e a dixestión (somatoderma).
Os dous principais grupos de mesozoos son os seguintes: