Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mes
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
 Composto por
Dimensións
Duración29,5 DDEditar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/053jbEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Unmes é unha unidade detempo en que se dividen osanos e que se compón dunha cantidade variable dedías, entre 28 e 31.

Relación coas fases lunares

[editar |editar a fonte]

A duración dun mes é aproximadamente a mesma que o período de movemento da Lúa, en termos de fases lunares, que duran aproximadamente 29,53 días.

Os investigadores consideran, a partir do achado en escavacións de paus marcados, que xa noPaleolítico as culturas humanas contaban os días en relación ás fases da lúa, utilizando os paus comacalendarios lunares.

Cantidade de días

[editar |editar a fonte]

Nocalendario gregoriano e mais nocalendario xuliano, os meses teñen unha cantidade de días que varía entre 28 e 31:

Truco

[editar |editar a fonte]

Algunhas persoas teñen dificultade en dicir rapidamente a cantidade de días que ten cada mes; existe undito popular que pode axudar:

Trinta días ten novembro,
con abril, xuño e setembro,
con 28 hai só un,
e o resto trinta e un.

Outro truco doado é pechar a man e relacionar os meses a cos ósos do puño que sobresaen a modo dunha cordilleira. Comezando por xaneiro, os meses que caen no alto teñen 31, e os que caen no baixo teñen 30, coa excepción do mes de febreiro que ten 28 ou 29 días.

Denominacións populares

[editar |editar a fonte]

En Galicia, algúns meses reciben unha ou varias denominacións populares relacionadas coas faenas agrícolas que se realizaban nesas datas ou con algunha festividade de especial relevancia que se celebrase nese mes.

  • Febreiro:mes da Candeloria.
  • Marzo:marzal.
  • Maio:mes de María
  • Xuño:San Xoán.
  • Xullo:Santiago,mes da sega, ouda seitura.
  • Agosto:mes da Nosa Señora emes de Santa María (por celebrarse o día 15 o día de Santa María),mes da sega, ouda seitura.
  • Setembro:San Miguel.
  • Outubro:outono,mes do rosario.
  • Novembro:Santos (polo Día de Tódolos Santos),mes morto,mes dos mortos oumes das ánimas (polo Día de Defuntos),San Martiño (que se celebra o 11 deste mes).
  • Decembro:Nadal ouNatal.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mes&oldid=7234975»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp