Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Merytneit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMerytneit

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XXX a. C.Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XXX a. C.Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbidosEditar o valor en Wikidata
Faraón
década de 2960 – década de 2960Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónestadistaEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón
RaíñaEditar o valor en Wikidata
FamiliaPrimeira dinastía de ExiptoEditar o valor en Wikidata
CónxuxeDjetEditar o valor en Wikidata
FillosDenEditar o valor en Wikidata
PaiDjerEditar o valor en Wikidata

Merytneit ouMerneit foi unha raíña daPrimeira Dinastía (ca. 2927 a.C.). É posible que gobernase Exipto por dereito propio, segundo varios rexistros oficiais. Se for así, ela (e nun caso similar, a esposa real anterior,Neithhotep) serían as primeiras mulleresfaraón de Exipto e as primeiras raíñas gobernantes nahistoria rexistrada. O seu goberno tivo lugar ao redor do 2950 a.C.[1] durante un período non determinado. O nome de Merneith significa "Amado porNeith" e a súaestela contén símbolos desaantiga deidade exipcia. Quizais fose filla deDjer e probablemente fose a primeira esposa real deDjet. O primeiro querería dicir que sería a bisneta do primeiro faraón unificado de Exipto,Narmer. Tamén foi a nai deDen,[2] o seu sucesor.

Familia

[editar |editar a fonte]

Merneith está relacionada cos faraóns Djer, Djet e Den nunha variedade de impresións de selos e cuncas inscritas. Merneith pode ser a filla de Djer, pero non hai probas concluíntes. Como nai de Den, é probable que Merneith fose a muller de Djet. Non se atopou información sobre a identidade da súa nai.[3][4]

Un selo de arxila atopado na tumba do seu fillo Den foi gravada con "Madre do rei, Merneith".[2] Tamén se sabe que o pai de Den era Djet, polo que é probable que Merneith fose a esposa real de Djet.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Crese que Merneith se converteu en gobernante á morte deDjet. Porén, debátese o título que ostentou. É posible que o seu fillo Den fose demasiado novo para gobernar cando morreu Djet, polo que puido gobernar como rexente ata que Den tivese a idade para ser faraón por si mesmo. Antes dela, crese queNeithhotep gobernou do mesmo xeito despois de que o seu marido ofaraón Narmer falecese, xa que o fillo de Narmer era demasiado novo para gobernar. O seu nome figuraba nun selo de Naqada dentro dunserekh, que era o xeito en que se escribían os nomes dos faraóns. Isto significaría que Merneith podería ser a segunda muller da primeira dinastía de Exipto en gobernar como faraoa.

A proba máis forte de que Merneith foi gobernante de Exipto é a súa tumba. Situada enAbidos (Tumba Y), é única entre as tumbas exclusivamente masculinas. Merneith foi enterrada preto de Djet e Den. A súa tumba ten a mesma escala que as dos faraóns daquel período. Preto dela descubríronse dúas estelas sepulcrales que levaban o seu nome. O nome de Merneith non está incluído nas listas de faraóns doImperio Novo de Exipto. Un selo que contiña unha lista de faraóns da primeira dinastía atopouse na tumba deQaa, o terceiro faraón coñecido logo deDen, o seu fillo. Porén, esta lista non menciona o reinado de Merneith.[4]

Existen algunhas outras probas sobre Merneith noutros lugares:

  • O nome de Merneith aparece nun selo que se atopa na tumba do seu fillo, Den. O selo inclúea nunha lista dos primeiros faraóns da dinastía. O de Merneith era o único nome dunha muller incluída na lista. Todos os nomes da lista son osnome Horus dos faraóns. Con todo, o nome de Merneith vai acompañado do título "Nai do Faraón".
  • O nome de Merneith pode estar incluído naPedra de Palermo.[4]
  • En elementos da granmastaba (nº 3503, 16 x 42 m) enSaqqara, atopouse o seu nome nas inscricións en vasos de pedra, tarros, así como nas impresións de selos. En concreto, hai un selo deSaqqara que mostra o nome de Merneith nunserekh.[4]
  • O chamado Recinto Merneith é un grupo de tumbas do cemiterio de Shunet el-Zebib. Estas datan da época de Merneith.[5]
  • O nome de Merneith atopouse en obxectos da tumba do faraónDjer en Umm el-Qa'ab.

Tumbas en Abidos e Saqqara

[editar |editar a fonte]
Cemiterio B,Umm el-Qa'ab. Tumbas dos faraóns da I e II dinastías de Exipto
Plano da cámara principal da tumba de Merneith

EnAbidos, a tumba pertencente a Merneith atopouse nunha zona asociada a outros faraóns da I dinastía,Umm el-Qa'ab. No lugar atopáronse dúasestelas de pedra que identifican a tumba.

En 1900Flinders Petrie descubriu a tumba de Merneith e, pola súa natureza, creu que pertencía a un faraón antes descoñecido. A tumba foi escavada e mostrou unha gran cámara subterránea forrada de ladrillos de barro. Estaba rodeada por filas de pequenos enterramentos satélites, con polo menos 40 tumbas subsidiarias para os servos.[4][6]

Pensábase que os servos axudaban ao gobernante na outra vida. O enterro de servos cun gobernante era unha práctica constante nas tumbas dos faraóns da I dinastía. Tamén se enterraron no complexo sepulcral unha gran cantidade de bens sacrificiais (outro honor concedido aos faraóns), que proporcionaban ao gobernante animais poderosos para a vida eterna. Este complexo de enterramentos da I dinastía foi moi importante na tradición relixiosa exipcia e a súa importancia creceu a medida que durou a cultura.

Os arqueólogos descubriron no interior da súa tumba unhabarca solar[7] que lle permitiría viaxar coadivindade do sol noalén.

Abidos foi o sitio de moitos templos antigos, incluída Umm el-Qa'ab, a necrópole real, onde se enterraron os primeiros faraóns.[8] Estas tumbas comezaron a verse como enterramentos extremadamente significativos e en épocas posteriores fíxose desexable ser enterrado na zona. Ese feito levou ao crecemento da importancia da cidade como lugar de culto.

EnSaqqara a tumba de Merneith presenta características que posiblemente mostran os construtores da III Dinastía. Oculto dentro da fachada rectangular normal do palaciomastaba da tumba de Merneith en Saqqara está a base dunha estrutura escalonada, unha xustaposición de dous métodos de construción diferentes. Quizais é indicativo da fusión de estilos do norte e do sur que foi o que levou, en definitiva, áPirámide escalonada de Djoser, ou influíu no deseño da estrutura da III Dinastía.[9]

Notas

[editar |editar a fonte]
Referencias
  1. Teeter, Emily (ed.).Before the Pyramids, The Origins of Egyptian Civilization. The Oriental Institute of the University of Chicago, 2011, p. 207
  2. 2,02,1Wilkinson, Toby A.H.Early dynastic Egypt Routledge; 1 edition (14 Jun 2001)ISBN978-0-415-26011-4 p.74[1]
  3. Aidan Dodson & Dyan Hilton:The Complete Royal Families of Ancient Egypt. Thames & Hudson, 2004,ISBN0-500-05128-3, p.140
  4. 4,04,14,24,34,4J. Tyldesley, Chronicle of the Queens of Egypt, 2006, Thames & Hudson
  5. Porter and MossTopographical Bibliography; Volume V Upper Egypt Griffith Institute. p.55
  6. [2] Tomb of Merneith at Abydos
  7. Egypt solar boats
  8. "Tombs of kings of the First and Second Dynasty".Digital Egypt. UCL. Consultado o2008-01-15. 
  9. A., Clayton, Peter.Chronicle of the Pharaohs:the reign-by-reign record of the rulers and dynasties of ancient Egypt. New York, N.Y. pp. 24-25.ISBN 0500050740.OCLC 31639364. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MerytneitModificar a ligazón no Wikidata
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Merytneit&oldid=6863995»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp