Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Meristema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2016.)
Corte dun meristema apical de raíz de cebola, conmitoses presentes.

Enhistoloxía vexetal chámasellesmeristemas[1] ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados porcélulas totipotentes das que por multiplicación ediferenciación se forman o resto dos tecidos.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Osmeristemas están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas as direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenvolta (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas, forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse omeristema. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo ou periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como asfollas e as pezasflorais.

Tipos

[editar |editar a fonte]

Distínguese entremeristemas primarios, dos que depende o crecemento enlonxitude emeristemas secundarios, que producen o engrosamento dostalos e asraíces.

Meristemas primarios

[editar |editar a fonte]

Os meristemas primarios sonmeristemas apicais, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que osmeristemas remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares e corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar, ademais, a un engrosamento dos eixes.

Meristemas secundarios

[editar |editar a fonte]

Osmeristemas secundarios producen o engrosamento dos talos e as raíces.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parameristema.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Meristema&oldid=4081918»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp