Mergus octosetaceus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho enMinas Gerais,Brasil | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Mergus octosetaceus Vieillot,1817 | |||||||||||||||||||
![]() |
Mergus octosetaceus é unhaespecie deave daorde dasanseriformes,familia dosanátidos esubfamilia dosmerxinos, unhas das catro incluídas noxéneroMergus.
A especie foi descrita en1817 poloornitólogofrancésLouis Jean Pierre Vieillot,[2][3] na páxina222 da súa obra:
Non ten sinónimos nin subespecies.[2][3]
Ten a cabeza e o fino pescozo anegrados, presentando un logo copete nucal, o dorso é de cor parda escura, cun amploespello alar branco, máis notábel en voo. O ventre é barreado de cor parda ocrácea. O pico é longo e fino, de cor negra. As patas son avernelladas.
O seuhábitat de cría son os ríos pouco profundos, rápidos e fluídos do sur e o centro doBrasil e o leste deParaguai. NaArxentina está presente naprovincia de Misiones soamente.
Aniñan nas cavidades dunha árbore e, posibelmente, nas cavidades de rochas. Comenpeixes, principalmenteanguías pequenas,larvas deinsectos ecaracois.
Mergus octosetaceus foi declarado monumento natural daprovincia de Misiones naArxentina pola ley nº 3320 sancionada o 22 de agosto de 1996.[4]
Esta especie está en perigo deextinción crítico. As poboaciónes reducíronse debido ácontaminación dos ríos, á destrución dosbosques e a extensión daagricultura. A poboación actual estímase en menos de 250 parellas.
Rexistros recentes no Brasil indican que o estado da especie pode ser lixeiramente mellor do que se pensaba. Porén, o resto da poboación coñecida aínda é extremadamente pequena e fragmentada, e é probáblel que a perturbación do hábitat, os encoros, e a contaminación dos ríos estean provocando un continuo descenso.[1]
Por estes motivos, aUnión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais catalogou o seu status comoCR (en perigo crítico de extinción). Pero máis informacións sobre o tamaño da poboación (en particular se supera os 250 individuos maduros) e sobre a estrutura da subpoboación pode provocar a súa inclusión no futuro na categoría "en perigo de extinción".[1]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mergus octosetaceus![]() |
![]() | Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mergus octosetaceus |