Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Reino de Mercia

Coord.:52°36′N1°36′O / 52.6,-1.6
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mercia»)
Modelo:Xeografía políticaReino de Mercia
Miercna Rīce (ang)Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 52°36′N1°36′O / 52.6,-1.6
CapitalTamworth(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialinglés antigo
lingua latinaEditar o valor en Wikidata
Relixiónpaganismo ecristianismoEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación527Editar o valor en Wikidata
Disolución918(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
Sucedido porWessexEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
monarquíaEditar o valor en Wikidata
MoedaAnglo-Saxon pound(en)TraducirEditar o valor en Wikidata

Pobos británicos contra comezos do século VII
Mapa que amosa a expansión do reino de Mercia.

Mercia foi un dos reinos daheptarquía anglosaxoa, o nome é unha latinización doInglés antigoMierce ouMyrce, que significa "xente da fronteira" (verMarca). O reino céntrase no val dorío Trent e os seus afluentes, na rexión agora coñecida como aMidlands inglesas.[1] A capital do reino era a cidade deTamworth, que foi a sede dos reis de Mercia de polo menos ao redor do ano 584, cando orei Creoda construíu unha fortaleza na cidade. Os veciños de Mercia eranNorthumbria,Powys, os reinos deGales do Sur,Wessex,Sussex,Essex eAnglia Oriental.

Durante 300 anos (entre o 600 e o 900), logo de anexar ou adquirir a submisión de cinco dos seis reinos da heptarquía (East Anglia, Essex, Kent, Sussex e Wessex), Mercia dominaba Inglaterra ao sur dorío Humber, este período coñécese como asupremacía merciana. O reinado dorei Offa, que é o máis recordado polasúa muralla, que marcaba o límite entre Mercia e os reinos de Gales, coñécese ás veces como a "idade de ouro de Mercia".Nicholas Brooks observou que "os merciáns destacan de lonxe como o máis exitoso dos diversos primeiros pobos anglosaxóns ata finais do século noveno",[2] e algúns historiadores, comoSir Frank Stenton, cren que a unificación deInglaterra ao sur do estuario doHumber logrouse durante o reinado de Offa.[3]

Mercia foi orixinalmente un reino pagán, pero oRei Penda converteuse ao cristianismo en torno ao656, o cristianismo quedou establecido firmemente no reino a finais do século VII. ADiocese de Mercia foi fundada en 656, co primeiro bispo,Diuma, con sé enRepton. Logo de só 13 anos en Repton, no 669 o quinto bispo,San Chad, trasladou o obispado aLichfield, no que ten a sé desde entón. No 691 a Diocese de Mercia converteuse naDiocese de Lichfield. Durante un breve período do 787 ao 799 a diocese foi unarcebispado, aínda que se disolveu oficialmente en 803. O actual bispo,Jonathan Gledhill, é o 98 desde a creación da diocese.A finais do século noveno, logo das invasións dosviquingos e o seugrande exército pagán, a maior parte do antigo territorio de Mercia foi absorbido porDanelaw. No seu apoxeo Danelaw incluíuLondres, toda East Anglia e a maior parte do norte de Inglaterra.

O último rei de Mercia,Ceolwulf II, morreu no ano 879, con iso o reino parece perder a súa independencia política. Inicialmente foi gobernada por un señor ouealdorman baixo o señorío deAlfredo o Grande, que se facía chamar "rei dos anglosaxóns". O reino tivo un breve período de independencia na metade do século X, e de novo moi brevemente en 1016, con todo esta vez foi visto como unha provincia dentro do Reino de Inglaterra, non como un reino independente.Mercia aínda se utiliza como unha designación xeográfica, e o nome é utilizado por gran variedade de organizacións, incluíndo unidades militares, entidades públicas, comerciais e benéficas.

Dinastías

[editar |editar a fonte]

O primeiro rei coñecido de Mercia foi chamadoCreoda, quen dicía ser o bisneto deIcel. Subiu ao poder aproximadamente no ano585 e foi sucedido polo seu filloPybba en593.Cearl, un parente de Creoda, seguiu a Pybba en606. En615, Cearl deu á súa fillaCwenburg en matrimonio aEdwin, rei deDeira que el protexera mentres era un príncipe desterrado. O seguinte rei merciano foiPenda, quen gobernou dende aproximadamente do 626 ou 633 até655.

Reis dos mercios

[editar |editar a fonte]

Os gobernantes tradicionais de Mercia eran coñecidos como os Iclingas, descendentes dos reis dosanglos. Cando a liña masculina dos Iclingas se extinguiu, unha serie de familias, etiquetadas como B, C e W polos historiadores, competiron polo trono.[4].

      Iclingas (Icel e os seus descendentes en liña masculina)
      Dinastía B (agrupación deducida de conxecturas baseada só nos nomes)
      Dinastía C (aparentemente descenden dunha irmá de Penda)
      Dinastía W (Wiglaf e os seus descendentes, máis tarde casaron con C)
      Afiliación dinástica descoñecida
      Mercia baixo ocupación externa
      Aethelred II e a súa familia (recoñecendo o señorío doReino de Wessex)

GobernanteReinadoNotas biográficasMorte
Icelc.527 (oc.515)–?Fillo deEomer, último rei dosanglos enAnglia. Guiou ao seu pobo a través doMar do Norte cara aBritania.?
Cnebba?Fillo de Icel.?
Cynewald?Fillo de Cnebba.?
Creodac.584c.593Fillo de Cynewald. Probábel fundador da fortaleza real mercia enTamworth.c.593
Pybbac.593–c.606Fillo de Creoda. Estendeu o control de Mercia ao oeste cara aosMidlands ingleses.c.606
Cearlc.606–c.626Non se coñece a relación cos seus predecesores. Posibelmente un usurpador ou un familiar distante.c.626
Pendac.626–655Fillo de Pybba. Elevou a Mercia a un estado dominante entre os reinos anglosaxóns. Último gobernantepagán de Mercia. Morto en batalla porOswiu de Northumbria.15/11/655
Eowac.635–642Fillo de Pybba. Cogobernante. Morto en batalla.5/08/642
Peadac.653–656Fillo de Penda. Cogobernante nos Midlands do sueste. Asasinado.17/04/656
Oswiu de Northumbria655–658Por pouco tempo tomou o control directo de Mercia despois da morte de Penda. Taménrei de Northumbria (655–670).15/02/670
Wulfhere658–675Fillo de Penda. Restaurou o dominio dos mercios en Inglaterra. Primeiro rei cristián de Mercia.675
Aethelred I675–704Fillo de Penda. Abdicou e retirouse a un mosteiro enBardney.716
Coenred704–709Fillo de Wulfhere. Abdicou e retirouse aRoma.?
Ceolred709–716Fillo de Aethelred I. Probabelmente envelenado.716
Ceolwald716Presúmese que foi fillo de Aethelred I (se cadra nin existiu).716
Aethelbald716–757Neto de Eowa. AutoproclamouseRei de Britania en736. Asasinado polos seus gardas.757
Beornred757Non se coñece relación cos seus predecesores. Deposto por Offa. Posibelmente queimado ata morrer en 769 en Northumbria.769
Offa757–796Tataraneto de Eowa. O meirande e poderoso de todos os reis de Mercia, autoproclamouseRei dos ingleses en774, construíu aMuralla de Offa, e introduciu openique de prata.26 o 29/07/796
Ecgfrith787–796Fillo de Offa. Cogobernante, morreu de súpeto poucos meses despois do seu pai.14 o 17/12/796
Coenwulf796–821Sétima xeración de descendentes de Pybba, probabelmente a través dunha irmá de Penda. Asumiu o título de «emperador».821
Cynehelmc.798–812Fillo de Coenwulf. Sendo apenas un neno, reinou durante un breve período tras a morte de seu pai. Presuntamente foi asasinado e máis tarde canonizado (San Kenelm).[5]812
Ceolwulf I821–823Irmán de Coenwulf. Deposto por Beornwulf.?
Beornwulf823–826Suponse parente de Beornred. Morto en batalla contra os anglos do Leste.826
Ludeca826–827Non se coñece a relación cos seus predecesores. Morto nunha batalla contra osanglos orientais.827
Wiglaf(primeiro reinado)827–829Non se coñece a relación cos seus predecesores. Deposto porEcgberht de Wessex.829
Ecgberht de Wessex829830Durante un tempo tomou o control directo de Mercia despois da deposición de Wiglaf. Tamén foi rei de Wessex (802–839).4 Feb829
Wiglaf(segundo reinado)830–839Restaurado. Malia Mercia recuperar a súa independencia, o seu dominio en Inglaterra perdeuse.839
Wigmundc.839–c.840Fillo de Wiglaf e xenro de Ceolwulf I. Probabelmente cogobernante.c.840
Wigstan840Fillo de Wigmund. Rexeitou a monarquía e foi asasinado máis tarde por Beorhtwulf. Canonizado (San Wystan).849
Aelflaed(Raíña)840Filla de Ceolwulf I, esposa de Wigmund e nai de Wigstan. Nomeada rexente por Wigstan.?
Beorhtwulf840–852Afirmou ser curmán de Wigstan. Usurpou o trono e obrigou a Aelflaed a casar co seu fillo, Beorhtfrith.852
Burgred852–874Suponse parente de Beorhtwulf. Fuxiu a Roma cando a invasión dosdaneses.?
Ceolwulf II874–c.883Posibelmente fillo ou neto de Wigmund e Elffled. Creado polos daneses como gobernante monicreque no oeste de Mercia.c.883
Aethelred IIc.883–911Recoñeceu aAlfredo de Wessex como seu señor. Ás veces aparece como «Ealdorman» en lugar de «rei».911
Aethelflaed(Dama)911–918Esposa de Aethelred II, filla de Alfredo de Wessex e sobriña de Burgred. Reconquistou o leste de Mercia.12 de xuño 918
Aelfwynn(Dama)918Filla de Aethelred II e Aethelfleda. Deposta polo seu tío,Eduardo o Vello (4 de decembro de 918), quen anexou Mercia a Wessex, creando oReino de Inglaterra.?

Reis titulares despois da anexión de Mercia

[editar |editar a fonte]
GobernanteReinadoNotas biográficasMorte
Ethelstan de Inglaterra924Fillo de Eduardo o Vello e o sobriño de Ethelfleda. Converteuse en rei de Mercia despois da morte de Eduardo (xullo de 924), e en rei de Wessex sobre 16 días despois.27/10/939
Edgar o Pacífico957959Sobriño de Ethelstan. Tomou o control de Mercia e Northumbria en maio de 957, antes de acceder ao trono inglés unificado en outubro de959.8/07/975

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Roach & Hartman, eds. (1997)English Pronouncing Dictionary, 15th edition. (Cambridge University Press). p. 316; see also J.C. Wells,Longman Pronunciation Dictionary and Upton et al.,Oxford Dictionary of Pronunciation for Current English.
  2. *Brooks, N. (1989). "The formation of the Mercian kingdom". En Steven Bassett.The Origins of Anglo-Saxon Kingdoms. Leicester.  p.159
  3. Stenton, F. M. (1970). "The Supremacy of the Mercian kings". En D. M. Stenton.Preparatory to Anglo-Saxon England. Oxford. pp. 48–66. 
  4. Zaluckyj, Sarah & Feryok, Marge.Mercia: The Anglo-Saxon Kingdom of Central England (2001)ISBN 1-873827-62-8
  5. Chaney, William A. (1970).The Cult of Kingship in Anglo-Saxon England: The Transition from Paganism to Christianity(en inglés). Manchester University Press.ISBN 9780719003721. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Reis deMercia
Orixes
século VII
século VIII
século IX
En cursiva os « señores de Mercia » que recoñecen a soberanía de Wessex.
Reinos e dubdivisións da Inglaterra anglosaxoa
Reinos
Reinos menores
Tribos e feudos
anglosaxóns menores
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Reino_de_Mercia&oldid=6626138»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp