Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mercedes-Benz na Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suxeriuse que"Mercedes GP" sexafusionado con este artigo ou apartado (conversa).
Para realizar a fusión dos artigos sigueestes pasos.
Alemaña Mercedes
Nome completoMercedes-AMG Petronas F1 Team(2020–)
Mercedes-AMG Petronas Motorsport(2017–2019)
Mercedes AMG Petronas Formula One Team(2012–2016)
Mercedes GP Petronas Formula One Team(2010–2011)
Daimler-Benz AG(1954–1955)
Bandeira coa que compiteAlemañaAlemaña
Base enStuttgart,Baden-Württemberg,Alemaña (1954-55)
Brackley (chasis) eBrixworth (unidade de potencia), Inglaterra, Reino Unido (2010-presente)[1]
Xefe de EquipoToto Wolff
(Xefe de Mercedes-Benz Motorsport & CEO)
Hywel Thomas
(MD,Powertrains)
Director TécnicoJames Allison
Pilotos12.ItaliaAndrea Kimi Antonelli
63.George Russell
Pilotos de probas77.FinlandiaValtteri Bottas
DinamarcaFrederik Vesti
ChasisF1 W16[2]
MotorMercedes
PneumáticosPirelli
DebutGran Premio de Francia de 1954
Carreiras330
Campionatos de Construtores8 (2014,2015,2016,2017,2018,2019,2020,2021)
Campionatos de Pilotos9 (1954,1955,2014,2015,2016,2017,2018,2019,2020)
Vitorias130
Pole positions142
Voltas Rápidas112
Puntos totais-
Posición nocampionato3º (220 ptos.)

Mercedes-Benz, unha marca doGrupo Mercedes-Benz, leva implicada naFórmula 1 como propietario do equipo e fabricante de motores durante varios períodos desde 1954. O equio Mercedes-AMG Petronas F1 Team ten a súa sede enBrackley, Inglaterra,[3] e posúe unha licenza alemá,[4] En 2022 a propiedade maioritaria era do Grupo Mercedes-Benz conToto Wolff que ten unha participación significativa. Os equipos da marca Mercedes adoitan chamarse co alcume "Frechas de prata". En decembro de 2020 fíxose un anuncio[5] no queIneos planeaba tomar un terzo da participación igualitaria xunto co Grupo Mercedes-Benz e Wolff, isto entrou en vigor o 25 de xaneiro de 2022.[6]

Antes dasegunda guerra mundial, Mercedes-Benz competiu noCampionato europeo, gañando tres títulos. A marca debutou na Fórmula Un en1954. Logo de gañar a súa primeira carreira noGran Premio de Francia de 1954, o pilotoJuan Manuel Fangio gañou outro tres grandes premios para gañar o campionato de1954 de pilotos, e repetiu este éxito en 1955 logrando o segundo título conquistado por Mercedes. Malia gañar dous campionatos, Mercedes-Benz retirouse das carreiras de coches como unha resposta áTraxedia de Le Mans de 1955, e non regresou ata reincorporarse como fornecedor de motores en asociación conIlmor.

Mercedes volveu á Fórmula Un en1994 como fabricante de motores en asociación conIlmor, unha empresa británica independente de enxeñería automovilística de alto rendemento, que desenvolveu os seus motores. A compañía gañou un título de construtor e tres títulos de pilotos nunha asociación oficial conMcLaren que durou ata 2009. En 2005, Ilmor rebautizouse comoMercedes AMG High Performance Powertrains. En2010, a compañía comprou o equipoBrawn GP, renomeándoo como Mercedes. Desde unha gran modificación das normas en 2014, que requiriu o uso deturbocompresors emotores eléctricos híbridos, Mercedes converteuse nun dos equipos máis exitosos da historia da Fórmula Un, gañando sete. títulos consecutivos de Pilotos de2014 a2020 e oito títulos de Construtores consecutivos de2014 a2021. Estableceu récords de máis vitorias nunha tempada (19 en2016) e de máis títulos de construtores consecutivos. O fabricante tamén logrou máis de 200 vitorias como fornecedor de motores e ocupa o segundo lugar na historia da Fórmula Un. Os motores Mercedes-Benz gañaron dez Campionatos de Construtores e trece de Pilotos.

Historia

[editar |editar a fonte]

Frechas de prata (1930)

[editar |editar a fonte]

Mercedes-Benz competiu nascompeticións automobilísticas na década de 1930, cando asFrechas de prata dominaban xunto aos seus rivais deAuto Union. Ambos equipos estaban fortemente financiados poloréxime nazi, gañando todos osCampionatos Europeos entre 1935 e 1938, dos calesRudolf Caracciola gañou tres para Mercedes-Benz.[7]

Juan Manuel Fangio ao volante doW196 enNürburgring noGran Premio de Alemaña de 1954

Daimler-Benz AG (1954-1955)

[editar |editar a fonte]

En 1954, Mercedes-Benz volveu ao que agora coñécese comoFórmula 1 (un campionato do mundo fundado en 1950), usando a tecnoloxía avanzada doMercedes-Benz W196.[8] O coche construíuse tanto na configuración de rodas aberta convencional como na forma aerodinámica con rodas cubertas e carrozaría máis ampla.Juan Manuel Fangio, o campión de1951, transferido a metade de tempada desdeMaserati a Mercedes-Benz para a súa debut noGran Premio de Francia o 4 de xullo de 1954. O equipo tivo un éxito inmediato e logrou un dobrete con Fangio eKarl Kling, así como a volta rápida (Hans Herrmann). Fangio gañou tres carreiras máis en 1954, gañando o campionato.

O éxito continuou na tempada1955 de Fórmula 1, co desenvolvemento do Mercedes W196 durante todo o ano. Mercedes volveu dominar a tempada, con Fangio gañando catro carreiras, e o seu novo compañeiro de equipoStirling Moss gañando oGran Premio de Gran Bretaña. Fangio e Moss terminaron primeiro e segundo no campionato dese ano. Odesastre nas24 Horas de Le Mans o 11 de xuño que causou a morte do piloto de MercedesPierre Levegh e a de máis de 80 espectadores provocou a cancelación dos Grandes Premios francés, alemán, español e suízo.[9] O equipo retirouse do deporte do motor, incluíndo a Fórmula Un, ao final da tempada.

Mercedes GP e Mercedes AMG Petronas F1 Team (2010-presente)

[editar |editar a fonte]

Mercedes regresou á Fórmula Un na tempada 2010 logo de comprar unha participación minoritaria (45,1%) no equipoBrawn GP xunto conAabar Investments que comprara o 30% o 16 de novembro de 2009,[10][11]Ross Brawn continuou nas súas funcións como director do equipo e o equipo mantivo a súa base e forza de traballo enBrackley, preto daplanta de motores de Mercedes de Fórmula Un.[11] Trala compra do equipo, así como un acordo de patrocinio conPetronas,[12] o equipo foi rebautizado como equipoMercedes GP Petronas de Fórmula Un[13] O equipo ten unha historia complexa; que se remonta aTyrrell Racing, que competiu como construtor desde1970 ata1998, ata que foi comprado por British American Tobacco para converterse enBritish American Racing en1999. BAR, que formara unha sociedade conHonda, co tempo converteuse enHonda Racing F1 Team en2006, cando BAT retirouse do deporte. De novo cambiou de mans en2008, cando Honda retirouse, e foi comprado pola dirección do equipo, dándolle o nome de Brawn GP, o do director do equipo Ross Brawn.[14] Brawn utilizou motores deMercedes-Benz HighPerformanceEngines, e malia correr cun baixo orzamento,Jenson Button gañou seis das sete primeiras carreiras, e finalmente, o Campionato do Mundo de pilotos de2009, Brawn GP tamén gañou o título de construtores. Foi a primeira vez en sesenta anos de historia deste deporte que un equipo gañou os dous títulos na súa primeira tempada.

Nico Rosberg marcou o primeiro podio de Mercedes como equipo desde 1955 noGran Premio de Malaisia de 2010.

Mercedes contratou aos pilotos alemánsNico Rosberg, ao sete veces campión do mundoMichael Schumacher,[15] que regresou á Fórmula Un logo dunha ausencia de tres anos, e aNick Heidfeld como piloto de probas e reserva. Dos pilotos de Brawn 2009,Jenson Button asinou porMcLaren, mentres queRubens Barrichello ocupou o asento de Rosberg no equipoWilliams para o 2010. Coa adquisición de Brawn, Mercedes puxo fin á súa participación enMcLaren, a empresa matrizDaimler AG vendeu de novo a súa participación do 40% enMcLaren Group, sen deixar de fornecer motores ao equipo.[16]

O rendemento do equipo durante o ano2010 non foi tan competitivo como cando era Brawn, con Mercedes detrás dos tres equipos principaisFerrari,McLaren eRed Bull. Os seus mellores resultados fíxoos Rosberg acabando no podio en tres ocasións, anotando terceiros lugares enSepang,Shanghai eSilverstone. Rosberg finalmente terminou no sétimo lugar, pero Schumacher tivo un rendemento decepcionante, batido polo seu compañeiro de equipo e terminando a tempada sen unha soa vitoria nin podio, pole ou volta rápida por primeira vez desde a tempada de1991. Tamén estivo involucrado nunha polémica enHungría logo de acurralar ao seu ex compañeiro de equipo en FerrariRubens Barrichello contra o muro a 290 km/h. Finalmente, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores, con 214 puntos.

Michael Schumacher noGran Premio de Malaisia de 2011

Antes da tempada2011, Daimler e Aabar compraron a participación restante do 24´9% da propiedade ao director do equipo en febreiro de 2011.[17] Co novo MGP W02, oGran Premio de Australia de 2011 terminou cando ambos Schumacher e Rosberg se retiraron debido aos danos por accidente nas voltas 19 e 22, respectivamente. EnMalaisia, Rosberg clasificouse noveno e Schumacher volveu fallar na Q3, cualificando undécimo. Schumacher anotou os primeiros puntos da tempada de Mercedes cun noveno posto, mentres que Rosberg tivo unha carreira tranquila e terminou duodécimo. EnChina, Rosberg e Schumacher mostraron unha boa forma, Rosberg finalizou quinto, e foi líder durante catorce voltas da carreira, mentres que Schumacher terminou a carreira en oitava posición. Rosberg engadiu outro quinto lugar enTurquía, mentres que enEspaña, Schumacher terminou sexto, por diante de Rosberg.

Logo dun insubstancialGran Premio de Mónaco de 2011, Schumacher igualou o seu mellor resultado en Mercedes enCanadá, terminando cuarto logo de chegar a estar segundo. EnValencia, Rosberg terminou sétimo, e Schumacher 17º, despois de bater conVitaly Petrov. Rosberg e Schumacher terminaron nos puntos nas dúas carreiras seguintes enGran Bretaña eAlemaña. Problemas na caixa de cambios deixaron a Schumacher sen puntuar enHungría, pero Rosberg logrou terminar no noveno lugar. NoGran Premio de Bélxica de 2011, Schumacher subiu desde o fondo da grella, logo de perder unha roda na cualificación, para terminar quinto, mentres que Rosberg terminou en sexto lugar, logo de liderar a carreira nas súas primeiras etapas. Unha vez máis, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores do mesmo xeito que en2010, con 165 puntos sen vitorias, podios ou poles.

Michael Schumacher noGran Premio de Mónaco de 2012

Para o2012, o equipo retirou oGP do seu nome e engadiu as siglasAMG, a división de alto rendemento de Mercedes, ao seu nome. O equipo coñecerase comoMercedes AMG Petronas F1 Team. Ao comezo da tempada o equipo foi obxecto de protesta polo uso dun concepto "radical" do alerón traseiro noMercedes F1 W03,[18] que non se resolveu ata a terceira carreira na China, cando os comisarios rexeitaron unanimemente a protesta.[19]

Na terceira carreira da tempada enChina, Rosberg logrou primeirapole position do equipo como equipo oficial desde Fangio en1955; Schumacher terminou a sesión en terceiro lugar, pero avanzou ata o segundo logo dunha penalización na grella paraLewis Hamilton. O equipo conseguiu a súa primeira vitoria en 57 anos, cando Nico Rosberg terminou primeiro noGran Premio da China de 2012. Ademais diso, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán en gañar unGran Premio pilotando un coche alemán desde a vitoria deHermann Lang noGran Premio de Suíza de 1939.

O 28 de setembro de 2012, anunciouse que o piloto deMcLarenLewis Hamilton uniríase ao equipo desde a tempada 2013 en diante, logo de asinar un contrato de tres anos para correr como compañeiro de Nico Rosberg.[20] O 26 de maio de 2013Nico Rosberg aproveitou a pole para conseguir para Mercedes a súa primeira vitoria de 2013 noGran Premio de Mónaco. A continuación Mercedes ocupou o terceiro lugar noGran Premio do Canadá cortesía de Hamilton, seguido doutra vitoria para Rosberg noGran Premio de Gran Bretaña despois de que Mercedes lograra un 1-2 na cualificación. Posteriormente, o equipo celebrou a súa terceira vitoria da tempada despois de que Hamilton lograra a súa primeira vitoria no equipo noGran Premio de Hungría, o que resultou un segundo lugar por diante deFerrari no campionato de construtores.

Oito títulos de construtores consecutivos (2014-2021)

[editar |editar a fonte]
Mecánicos traballando noMercedes F1 W05 Hybrid deNico Rosberg noGran Premio de Australia de 2014.

Ambos pilotos continuaron en2014 Rosberg gañou a primeira carreira da tempada enAustralia, logo enMalaisia, Hamilton logrou unha gran Chelem, líder en todas as voltas desde a pole position, e a volta rápida en carreira, mentres que Rosberg completou o 1-2 para o equipo; terminou 9 carreiras consecutivas de Hamilton sen subir ao podio, e foi o primeiro dobrete de Mercedes-Benz como equipo desde oGran Premio de Italia de 1955 Mercedes repetiu o resultado noGP de Bahrain, oGP da China e oGP de España, mentres que Rosberg e Hamilton terminaron 1-2, respectivamente, noGP de Mónaco eGran Premio de Austria. NoGran Premio de Alemaña de 2014, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán que pilotando un vehículo alemán gañou oGran Premio de Alemaña, desde que o logrouRudolf Caracciola e Mercedes-Benz noGran Premio de Alemaña de 1939. NoGran Premio de Rusia o equipo gañou o seu primeiro Campionato de Construtores como equipo. Hamilton gañou a última carreira da tempada, celebrada enAbu Zabi. Terminou a tempada2014 67 puntos por diante de Rosberg, alzándose co Campionato de Mundo de Pilotos.[21] O equipo terminou a tempada 2014 con 296 puntos de ventaxe sobre o seu rival máis próximoRed Bull Racing na clasificación do Campionato do Mundo de Construtores.

Para a tempada 2015, o equipo conservou tanto a Hamilton como a Rosberg.[22] NoGran Premio de Rusia de 2015 o equipo gañou o seu segundo campionato de construtores como equipo de fábrica, gañou 16 das 19 carreiras do campionato.[23] Lewis Hamilton, tamén renovou o seu título mundial de pilotos noGran Premio dos Estados Unidos de 2015, rematando 59 puntos por diante de Rosberg. Mercedes continuou o seu dominio neste segundo ano da era V6 turbo, mellorando as súas impresionantes cifras desde 2014 con 18 poles, 16 vitorias e 12 dobretes sobre 19 carreiras.

Na tempada 2016, Mercedes gañou o Campionato de Construtores por terceira tempada consecutiva, gañando 19 das 21 carreiras celebradas,[24] ao tempo que conseguiu 20 poles (a porcentaxe máis alta nunha única tempada de F1 o 95,2%) e 8 dobretes. Rosberg gañou o seu único Campionato de pilotos, terminando 5 puntos por diante de Hamilton, antes de anunciar a súa retirada pouco despois de gañar o título.[25]

O 10 de xaneiro de 2017, Mercedes anunciou que o director executivo Paddy Lowe deixara o equipo e o 16 de xaneiro de 2017, anunciosue queValtteri Bottas sería o substituto de Rosberg para a tempada2017 e o piloto británico deGP3George Russell incorporouse ao equipo júnior.[26]

O 22 de outubro de 2017, Mercedes gañou o Campionato de Construtores por cuarta vez consecutiva.[27] Unha semana despois,Lewis Hamilton converteuse no primeiro piloto británico en gañar catro campionatos mundiais.[28] Mercedes finalizou a tempada 2017 con 12 vitorias de 20 carreiras, 15 poles e 4 dobretes.

Valtteri Bottas durante a proba de pretempada 2018 en Barcelona

Na tempada2018 o equipo conservou tanto a Hamilton como a Bottas. O equipo acadou o seu quinto título de construtores consecutivo na penúltima carreira da tempada no Brasil tras unha vitoria para Hamilton. Na tempada 2018, Mercedes gañou 11 carreiras (todas para Hamilton) de 21 carreiras, deu 10 voltas rápidas (tres para Hamilton e sete para Bottas), 13 poles (once para Hamilton e dúas para Bottas) e catro dobretes. Isto converteu a Mercedes só no segundo equipo da historia na F1 en lograr a fazaña de gañar 5 títulos de pilotos e construtores seguidos, despois de que Ferrari o fixese entre 2000 e 2004.

Para a tempada2019, o equipo mantivo de novo tanto a Hamilton como a Bottas. Na carreira de apertura doGran Premio de Australia de 2019, ambos pilotos toparon a primeira fila con Hamilton logrando a pole position. Bottas superou a Hamilton na saída e logrou a súa primeira vitoria desde oGran Premio de Abu Zabi de 2017, con Hamilton logrando darlle ao equipo un dobrete despois de defenderse doRed Bull deMax Verstappen. O equipo mantivo un bo rendemento durante a primeira metade da tempada. No parón de verán, Mercedes gañara 10 de 12 carreiras, Hamilton levaba 8 vitorias fronte ás 2 de Bottas, logrando un resultado de dobrete nas 5 primeiras carreiras da tempada.[29][30] O equipo seguiría para conseguir os títulos de pilotos e construtores por sexto ano consecutivo.[31]

O equipo estreou o seu sistema de "Dual-Axis-Steering" durante as probas de pretemporada para a tempada2020. Isto permítelle ao piloto cambiar atoe das rodas dianteiras empurrando ou tirando do volante. Isto permítelle ao piloto optimizar o coche para un mellor quentamento dos pneumáticos nas rectas con converxencia cero ou un mellor agarre mecánico nas curvas con converxencia positiva. O sistema permitiuse para a tempada de 2020, pero ilegalizouse para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 de2021.[32] O equipo gañou tanto ocampionato de pilotos como o de construtores.[33] Antes da penúltima proba da tempada, oGran Premio de Sakhir de 2020, Hamilton viuse obrigado a quedarse fóra da carreira tras unha proba decoronavirus positiva, co piloto de Williams e o júnior de MercedesGeorge Russell substituíno.

Lewis Hamilton tras unha polémica vitoria noGran Premio do Reino Unido de 2021

Para o campionato de2021, o equipo mantivo a mesma formación de pilotos por quinta tempada consecutiva. O equipo non logrou gañar o campionato de pilotos por primeira vez na era do turbo-híbrido V6, e Hamilton foi superado polo rival do títuloMax Verstappen na última volta doGran Premio de Abu Zabi que remataba a tempada, tras un polémico reinicio do coche de seguridade. Hamilton liderara comodamente a carreira e encamiñábase cara ao seu oitavo título antes dun coche de seguridade tardío. As accións do director de carreira daFIAMichael Masi en torno aos controvertidos procedementos empregados durante o tardío coche de seguridade fixeron que Mercedes presentase a intención de apelar os resultados desa carreira, aínda que isto rtirouse máis tarde.[34] Hamilton terminou segundo no campionato, a oito puntos do campión Verstappen, con Bottas terceiro no campionato na súa última tempada co equipo.[35] O equipo fíxose co título de construtores por oitava tempada consecutiva o que engrandeceu o récord.[36]

TempadaChasisCarreirasVitoriasPole positions1–2 finaisPodiosVoltas rápidasMarxe de vitorias mediaPuntosPorcentaxe de puntos dispoñiblesWDCWCC
2014Mercedes F1 W05 Hybrid19161811311223.2 segundos70182%1º, 2º
2015Mercedes F1 W06 Hybrid19161812321319.7 segundos70386%1º, 2º
2016Mercedes F1 W07 Hybrid211920833914.6 segundos76585%1º, 2º
2017Mercedes AMG F1 W08 EQ Power+201215426913.1 segundos66878%1º, 3º
2018Mercedes AMG F1 W09 EQ Power+211113425106.8 segundos65573%1º, 5º
2019Mercedes AMG F1 W10 EQ Power+211510932911.8 segundos73980%1º, 2º
2020Mercedes-AMG F1 W11 EQ Performance171315525915.6 segundos57377%1º, 2º
2021Mercedes-AMG F1 W12 E Performance22990281019.5 segundos613.564%2º, 3º

Loita co efecto chan (2022-2023)

[editar |editar a fonte]
George Russell pilotando oMercedes W13 noGran Premio da Emilia-Romaña de 2022

O piloto júnior de Mercedes,George Russell substituíu a Bottas para acompañar a Hamilton no campionato mundial de2022.[37] En 2022 houbo cambios importantes nas regras, que reintroduceron oefecto chan.[38] Mercedes revelou un deseño radical co que se denominaba 'zero-pods'.[39] O deseño radical non deu dividendos e o equipo loitou por comprender e desbloquear todo o potencial.[40] Ademais, o coche sufriu fortes cabeceos,[41] o cabeceo reduciuse significativamente e "resolveuse" antes do Gran Premio do Canadá.[42] A pesar dos seus problemas de rendemento, a fiabilidade de Mercedes foi "incrible",[43] é dicir, as súas únicas tres retiradas da tempada ocorreron noGran Premio do Reino Unido, onde Russell estivo involucrado nun accidente conGuanyu Zhou ePierre Gasly, oGran Premio de Bélxica, onde Hamilton estivo implicado nun accidente conFernando Alonso, e oGran Premio de Abu Dhabi, onde Hamilton sufriu un fallo mecánico, pero quedou clasificado 18º.[44] O equipo apareceu regularmente no podio. NoGran Premio de Francia, Hamilton terminou segundo mentres Russell terminou terceiro,[45] marcando o primeiro dobre podio do equipo da tempada.[46] Russell logrou a súa primeirapole position, e a primeira de Mercedes na tempada, noGran Premio de Hungría.[47][48] Russell logrou a súa primeira vitoria na Fórmula Un, e a de Mercedes a tempada, xunto con Hamilton que quedou segundo, noGran Premio de São Paulo.[49]

Despois de seguir loitando co seu deseño radical "cero-pods" na tempada 2023, Mercedes optou por substituír o director técnicoMike Elliott porJames Allison, con Elliott converténdose en director técnico. Este cambio produciuse o 21 de abril de 2023.

Mercedes terminou en 2023 segundo no Campionato de Construtores, 3 puntos por diante de Ferrari. Non obstante, a tempada aínda foi decepcionante xa que o equipo non conseguiu ningunha vitoria por primeira vez desde o11. O máis preto que o equipo estivo de gañar foi noGran Premio dos Estados Unidos onde Hamilton terminou 0,3 segundos por detrás do campión do mundoMax Verstappen antes de ser descualificado polo uso dos seus bloques de deslizamento traseiros por debaixo do límite. Hamilton acabou en 2023 terceiro no Campionato de Pilotos con 6 podios, sendo o máis destacado da súa tempada bater o récord de máis pole positions nun só circuíto despois de conseguir a súa novena pole noHungaroring durante oGran Premio de Hungría. Russell tivo unha tempada miserable terminando oitavo no Campionato de Pilotos con 2 podios.

O equipo admitiu que o W15 terá un concepto completamente diferente para a tempada2024 coa intención de tentar poñerse ao día dosRed Bull pola súa esperanza. de acadar o campionato ou loitar polas vitorias.

Preparándose para unha era posterior a Lewis Hamilton (2025–)

[editar |editar a fonte]

O 1 de febreiro de 2024, Mercedes confirmou que Hamilton abandonaría o equipo despois de 12 anos, o sete veces campión asinou un contrato de varios anos para pilotar paraFerrari desde o2025 en diante, despois de que activase unha cláusula de saída no seu contrato.[50] O piloto júnior de MercedesAndrea Kimi Antonelli anunciouse como o seu substituto o 31 de agosto de 2024.[51] O 19 de decembro de 2024, Bottas anunciouse que se reincorporará ao equipo como piloto reserva.[52]

Provedor de motores

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Ilmor e Mercedes AMG High Performance Powertrains.
O motor Mercedes-Benz FO110J V10 construído enBrixworth.

Mercedes-Benz volveu á Fórmula 1 como provedor de motores en1994 en colaboración conIlmor, unha empresa británica independente de enxeñería automovilística de alto rendemento co seu centro de fabricación con sede en Brixworth, Northamptonshire. Despois da adquisición por Mercedes, a compañía chámase agoraMercedes AMG High Performance Powertrains. Forneceu aSauber durante unha tempada, despois cambiou aMcLaren en1995 para unha asociación de 20 anos de grande éxito.[53] En2009, Mercedes tamén se converteu en provedor deBrawn GP (máis tarde adquirido para converterse no equipo da fábrica de Mercedes-Benz) eForce India, máis tarde coñecido comoRacing Point e, finalmente,Aston Martin. En2014 engadiuse un cuarto equipo ao programa de subministración,Williams. A asociación de 20 anos con McLaren rematou antes da tempada2015, antes de retomarse en 2021.[53] Mercedes proporcionou motores aoLotus F1 Team durante unha tempada en2015 eManor durante unha tempada en2016.

Para a tempada2023, Mercedes proporcionou motores aAston Martin,McLaren eWilliams, ademais do seu propio equipo.

Patrocinio

[editar |editar a fonte]

En decembro de 2009, o equipo sufriu un revés temperán, cando se descubriu que un acordo de patrocinio previsto de 80 millóns de libras que fora asinado porBrawn conHenkel en xullo era nulo.[54] Henkel asegura que non tiña coñecemento da oferta e non ten interese na Fórmula Un, o trato fíxose presuntamente por un ex empregado de Henkel con papelería da empresa roubada aos fins de defraudar á compañía. O 22 de decembro, Henkel anunciou que a disputa co equipo fora resolta cun acordo mutuo e que a acción legal non levaríase a cabo, aínda que o equipo traballará co Ministerio alemán para aclarar o asunto.[55]

O 21 de decembro, o equipo confirmou que a petroleira de MalaisiaPetronas unirase ao equipo como patrocinador principal.[56] Desde2010, o equipo compite baixo o título completo de Mercedes GP Petronas Formula One Team.[57] Segundo algúns informes,[58] o acordo está valorado en 30 millóns de euros cada ano. Combinado cos 50 millóns de euros recibidos polo equipo por gañar o campionato de2009 como Brawn GP, e os ingresos de televisión, Mercedes ten un orzamento de máis de 80 millóns de euros sen ter que dedicar nada dos orzamentos propios.

O 25 de xaneiro de 2010, déronse a coñecer publicamente as cores do equipo no museo de Mercedes en Stuttgart,[59] Coa presenza de Schumacher e Rosberg.[60] Os coches de carreiras conservan as cores tradicionais en prata de Mercedes e conservan o patrocinador de Brawn GP MIGfx. En2013, o equipo asinou un contrato de varios anos coa compañía de móbilesBlackBerry que terminou logo da tempada2015. O equipo tamén tivo outros socios importantes tales comoUBS,Puma,Swissquote (ata2014),Epson &Hugo Boss desde2015, e Wihuri que se uniu a Mercedes xunto con Bottas en2017. Antes doGran Premio de Bahrain de 2017, Mercedes engadiu a empresa de softwareTibco como un dos seus socios. En 2018,Tommy Hilfiger substituíu aHugo Boss como provedor de roupa do equipo e Hamilton converteuse nun embaixador da marca da compañía e participando na promoción #WhatsYourDrive.Para 2019, o equipo firmou un acordo global conCrowdStrike eMarriott Bonvoy.[61] Para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 de2020, o equipo deu a benvida a dous novos patrocinadoresIneos eAMD.[62][63] En 2021, o equipo asinou un acordo de patrocinio conTeamViewer, unha empresa de tecnoloxía alemá, que se converteu no primeiro socio dos equipos Mercedes F1 e FE. O equipo Mercedes F1 tamén se asociou anteriormente conFTX, unha empresa de intercambio de criptomonedas con sede en Bahamas.[64] Mercedes suspendeu o seu acordo de patrocinio con FTX e eliminou os logotipos de FTX dos seus coches antes doGran Premio de São Paulo de 2022 debido ás dificultades financeiras de FTX, a firma de criptomonedas solicito a bancarrota pouco despois, polo que finalizou formalmente o acordo de patrocinio.[65]

Resultados nas carreiras

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Resultados de Mercedes-Benz.
  • Porcentaxe de vitorias no Campionato de Construtores: 53´3% 8/15 (2010–2024)
  • Porcentaxe de vitorias no campionato de pilotos: 52´90% 9/17 (1954–2024)
  • Porcentaxe de vitorias: 40´7%

(Negra indican campionatos gañados.)

AnoNomeCocheMotorPneu.PilotoPuntosPos.
1954Alemaña Daimler-Benz AGW196M196 2.5L8CNon[66]Juan Manuel Fangio
República Federal AlemáHans Herrmann
República Federal AlemáKarl Kling
República Federal AlemáHermann Lang
Non[67]
1955Alemaña Daimler-Benz AGW196M196 2.5L8CNon[66]Juan Manuel Fangio
República Federal AlemáHans Herrmann
República Federal AlemáKarl Kling
Stirling Moss
FranciaAndré Simon
ItaliaPiero Taruffi
Non[67]
1956 –2009:Mercedes-Benz non competiu.
2010Alemaña Mercedes GP Petronas F1 TeamMGP W01FO 108X 2.4V8B3.
4.
AlemañaMichael Schumacher
AlemañaNico Rosberg
214
2011Alemaña Mercedes GP Petronas F1 TeamMGP W02FO 108Y 2.4V8P7.
8.
AlemañaMichael Schumacher
AlemañaNico Rosberg
165
2012Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W03FO 108Z 2.4V8P7.
8.
AlemañaMichael Schumacher
AlemañaNico Rosberg
142
2013Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W04FO 108F 2.4V8P9.
10.
AlemañaNico Rosberg
Lewis Hamilton
360
2014Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W05 HybridPU106A Hybrid 1.6V6tP6.
44.
AlemañaNico Rosberg
Lewis Hamilton
701
2015Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W06 HybridPU106B Hybrid 1.6V6tP6.
44.
AlemañaNico Rosberg
Lewis Hamilton
703
2016Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W07 HybridPU106C Hybrid 1.6V6tP6.
44.
AlemañaNico Rosberg
Lewis Hamilton
735
2017Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W08 EQ Power+M08 EQ Power+ 1.6V6tP44.
77.
Lewis Hamilton
FinlandiaValtteri Bottas
668
2018Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W09 EQ Power+M09 EQ Power+ 1.6V6tP44.
77.
Lewis Hamilton
FinlandiaValtteri Bottas
655
2019Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W10 EQ Power+M10 EQ Power+ 1.6V6tP44.
77.
Lewis Hamilton
FinlandiaValtteri Bottas
739
2020Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W11 EQ PerformanceM11 EQ Performance 1.6V6tP44.
77.
Lewis Hamilton
FinlandiaValtteri Bottas
571
2021Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W12 E PerformanceM12 E Performance 1.6V6tP44.
77.
Lewis Hamilton
FinlandiaValtteri Bottas
613´5
2022Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W13 E PerformanceM13 E Performance 1.6V6tP44.
63.
Lewis Hamilton
George Russell
515*
2023Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W14 E PerformanceM14 E Performance 1.6V6tP44.
63.
Lewis Hamilton
George Russell
409
2024Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W15 E PerformanceM15 E Performance 1.6V6tP44.
63.
Lewis Hamilton
George Russell
468
2025Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 TeamF1 W16 E PerformanceM16 E Performance 1.6V6tP12.
63.
ItaliaAndrea Kimi Antonelli
George Russell
220 * *
Fonte:[68]

* — Tempada en progreso.

Monoprazas

[editar |editar a fonte]

A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Mercedes na Fórmula 1.

  • 2010-2014
  • 2015-2019
  • 2020 - 2022
  • 2023 -2025

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Brackley". Mercedes-AMG Petronas Motorsport. Arquivado dendeo orixinal o 7 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. "W16 Launch Date Confirmed".Mercedes-AMG Petronas F1 Team. 27 de xaneiro de 2025. Consultado o 27 de xaneiro de 2025. 
  3. "INEOS becomes equal Mercedes owner, Wolff signs new deal".The Race(eninglés). 18 de decembro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  4. "2010 Formula One World Championship Entry list".fia.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de marzo de 2010. Arquivado dendeo orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  5. "The Team Welcomes INEOS as a One Third Equal Shareholder Alongside Daimler and Toto Wolff".Mercedes-AMG Petronas Formula One Team. 18 de decembro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  6. "Mercedes-Benz Grand Prix LTD".Companies House. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  7. "De geschiedenis van Mercedes-Benz in de Grand Prix-racerij".MotorRacingBlog.nl. 2009-11-20. Consultado o2009-11-30. 
  8. "Mercedes-Benz profile".Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 20 de febreiro de 2012. 
  9. Lang, Mike (1981).Grand Prix! Vol 1. Haynes Publishing Group. p. 82.ISBN 0-85429-276-4. 
  10. Straw, Edd (2009-11-16)."Mercedes takes over Brawn".Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o2009-11-16. 
  11. 11,011,1"Mercedes-Benz to take over Brawn GP".The Guardian. Guardian News and Media. 16 November 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2012. 
  12. "February debut, Petronas backing for Mercedes".Formula1.com (Formula One Administration). 21 de decembro de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2012. 
  13. "Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. 16 de novembro de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009. 
  14. "F1 Teams: Brawn GP".F1 Fanatic.co.uk. Consultado o 20 de febreiro de 2012. 
  15. "Michael Schumacher signs up for F1 return with Mercedes".BBC Sport (BBC). 23 de decembro de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2010. 
  16. Benson, Andrew (16 de novembro de 2009)."Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  17. Noble, Jonathan (28 de febreiro de 2011)."Daimler completes team takeover".Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  18. Noble, Jonathan (15 de marzo de 2012)."Mercedes F1 team's rear wing concept deemed legal by FIA".Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  19. Elizalde, Pablo (12 de abril de 2012)."Lotus protest against Mercedes wing rejected by FIA".Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 12 de abril de 2012. 
  20. Benson, Andrew (28 de setembro de 2012)."Lewis Hamilton to leave McLaren after signing Mercedes contract".BBC Sport (BBC). Consultado o 28 de setembro de 2012. 
  21. "Formula 1 2014 Results".BBC Sport (BBC). 23 de novembro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 15 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  22. "How the 2015 grid is shaping up".ESPN (ESPN). 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  23. "2015 Constructor Standings".Formula 1® - The Official F1® Website. Consultado o2015-10-11. 
  24. "2016 Constructors Standings".Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  25. Benson, Andrew (2 de dedecmbro de 2016). BBC Sport, ed."Nico Rosberg retires: World champion quits Formula 1 five days after title win". Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  26. "George Russell: World champions Mercedes sign teenager from King's Lynn".BBC Sport. 19 January 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  27. "Mercedes celebrates fourth consecutive constructors title".F1i.com(eninglés). 2017-10-22. Arquivado dendeo orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o2017-10-24. 
  28. "Hamilton champion, Verstappen wins race".GPUpdate.net(eninglés). Consultado o2017-10-30. 
  29. "2019 Race Results".Formula 1. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  30. "2019 Formula 1 Results".BBC Sport. BBC. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  31. "Mercedes".www.statsf1.com. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  32. "Mercedes steering remains banned for 2021".BBC Sport(eninglés). Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  33. "Facts & Stats: Hamilton ties another Schumacher record while Mercedes re-write record books once more".www.formula1.com(eninglés). Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  34. Benson, Andrew (12 de decembro de 2021)."Max Verstappen wins title after last-lap overtake of Lewis Hamilton, Mercedes protests rejected".BBC Sport. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  35. "2021 Driver Standings". Formula 1. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  36. "Mercedes-AMG Petronas F1 Team capture record-extending eighth straight Constructors' title".Axalta Racing(eninglés). 12 de decembro de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  37. Benson, Andrew (7 de setembro de 2021)."George Russell: Mercedes sign British F1 driver to partner Lewis Hamilton from 2022".BBC Sport. Arquivado dendeo orixinal o 20 de novembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  38. Kapoor, Rahul (16 de xullo de 2021)."Next-Gen Formula 1 2022 car officially revealed: New Ground Effect era begins".Financial Express(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  39. Foster, Michelle (17 de marzo de 2022)."Damon Hill: Mercedes' zero-pods could be behind their floor 'trouble'".PlanetF1(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  40. "Mercedes must unleash full potential of their 'excellent' car".BOL News(eninglés). 15 de xuño de 2022. Arquivado dendeo orixinal o 29 de novembro de 2022. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  41. Slater, Luke (26 de abril de 2022)."Mercedes' 'unsustainable' and 'extreme' porpoising is no longer just a performance issue".The Telegraph(eninglés).ISSN 0307-1235. Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2022. Consultado o 27 de abril de 2022.(require subscrición (?)). 
  42. Noble, Jonathon (20 de xuño de 2022)."Mercedes claims its F1 car porpoising issue is now "solved"".Autosport(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  43. Gretton, Matt (24 de xullo de 2022)."Hamilton: "Reliability is one thing my team have been amazing at"".GP Blog(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  44. Smith, John (3 de xullo de 2022)."Guanyu Zhou and George Russell involved in huge crash at British GP".Total Motorsport(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  45. Bradley, Charles (24 de xullo de 2022)."F1 Grand Prix race results: Verstappen wins French GP".Motorsport(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  46. Cooper, Sam (24 de xullo de 2022)."Toto Wolff's gloomy outlook despite Mercedes double podium".PlanetF1(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  47. Larkham, Lewis (30 de xullo de 2022)."Russell claims first F1 pole in Hungary, Verstappen only 10th".Crash(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  48. "Formula 1 Aramco Magyar Nagydíj 2022 - Qualifying".Formula 1(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  49. "2022 Sao Paulo Grand Prix: Russell crosses the line to seal maiden F1 win – and Mercedes' first victory of the year".formula1.com. 13 de novembro de 2022. Arquivado dendeo orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  50. "Ferrari confirm Lewis Hamilton as driver for 2025 F1 season".ESPN. 1 de febreiro de 2024. 
  51. "Antonelli confirmed as Hamilton's replacement with Mercedes looking ahead to 'next chapter'".Formula 1(eninglés). 31 de agosto de 2024. Consultado o2024-08-31. 
  52. "Bottas to re-join Mercedes as reserve driver in 2025".Formula 1. 19 de decembro de 2024. 
  53. 53,053,1"The best engine partnerships in F1 history". Formula1.com. 25 de xaneiro de 2019. Arquivado dendeo orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019. 
  54. "Henkel says Mercedes deal is invalid". Autosport.com. 2009-12-14. Consultado o2009-12-15. 
  55. Elizalde, Pablo (2009-12-22)."Henkel settles dispute with Brawn GP". Autosport.com. Consultado o2009-12-22. 
  56. "Mercedes GP signs long-term agreement with PETRONAS". Brawn GP. 2009-12-21. Arquivado dendeo orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2014. 
  57. "Mercedes GP picks up Petronas". AUSmotive.com. 2009-12-21. 
  58. Allen, James (2009-12-21)."Mercedes lands €30 million Petronas sponsorship". Arquivado dendeo orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o2009-12-22. 
  59. "Mercedes GP launches new era for Silver Arrows". AUSmotive.com. 2010-01-25. 
  60. Elizalde, Pablo (2010-01-25)."Mercedes GP unveils car colours".autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o2010-01-25. 
  61. "Mercedes announces global partnership with Crowdstrike". Arquivado dendeo orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 
  62. Haupt, Andreas (18 de decembro de 2020)."Ineos steigt bei Mercedes ein. Daimler vergoldet Teil seiner F1-Anteile.".Auto, Motor und Sport(enalemán). Arquivado dendeo orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  63. Rißka, Volker (2 de febreiro de 2020)."Sponsoring: AMD setzt zukünftig auf Mercedes in der Formel 1".ComputerBase(enalemán). Arquivado dendeo orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  64. "TeamViewer in Five-Year Sponsorship Deal With Mercedes F1 and FE Teams". Reuters. 30 de marzo de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2022. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  65. "Mercedes suspends partnership with FTX".ESPN.com(eninglés). 11 de novembro de 2022. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  66. 66,066,1O número de dos pilotos non eran asignados para toda a tempada, o número variaba en cada carreira
  67. 67,067,1O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de1950 a1957
  68. "Mercedes-AMG Petronas Esports Team archive". Mercedes-AMG F1. Consultado o 1 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mercedes-Benz na Fórmula 1
A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1


Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mercedes-Benz_na_Fórmula_1&oldid=7140345»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp