Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Menecmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMenecmo
Biografía
Nacemento(grc)ΜέναιχμοςEditar o valor en Wikidata
c. 380 a. C.Editar o valor en Wikidata
Alokopennesos, Grecia Antiga(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Mortec. 320 a. C.Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Cízico, Turquía(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometríaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, astrónomoEditar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásicaEditar o valor en Wikidata
ProfesoresEudoxo de CnidoEditar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsDeinostratosEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po LjubkeruEditar o valor en Wikidata

Menecmo (Μέναιχμος), nado c.-380 e finado c.-320, foi un filósofo e matemático grego. Nado enAlopeconeso (actualpenínsula de Gallipoli,Turquía) e coñecido pola súa amizade co gran filósofoPlatón.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Aínda que se sabe que foi o descubridor das secciónscónicas na procura dunha solución para aduplicación do cubo, o certo é que non se dispón del máis que referencias doutros autores moi posteriores.

CítaoProclo (século V) quen nos di que foi discípulo deEudoxo de Cnido. Tamén se menciona enSuídas (século X) que lle atribúen obras de filosofía e tres libros sobre aRepública dePlatón. Por unha anécdota narrada porEstobeo (século V) suxírese que puido ser titorde Alexandre Magno. Segundo Estobeo, cando Alexandre lle preguntou unha forma rápida de aprenderxeometría, Menecmo respondeu:

Oh Rei!Hai estradas reais e camiños populares para percorrer o país, pero só hai unha vía de aprender xeometría.

Parece que foi o primeiro en demostrar[1] que aelipse, aparábola e aHipérbole se obteñen cortando uncono cunplano non paralelo á base.Eutocio, no seu libroSobre a esfera e o cilindro describe o método empregado por Menecmo que se basea no cálculo de dúas medias proporcionais entre dúas rectas (a{\displaystyle a} e2a{\displaystyle 2a} ) de tal xeito quea:x=x:y=y:2a{\displaystyle a:x=x:y=y:2a}. En termos modernos, é o mesmo que resolver simultaneamente calquera par das seguintes tres ecuacións:

x2=ay, y2=2ax, xy=2a2{\displaystyle x^{2}=ay,\ y^{2}=2ax,\ xy=2a^{2}}

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Katz, Victor.A History of Mathematics. Harper Collins. New York, 1993. pp. 108-109.ISBN0-673-38039-4
Matemáticos da Grecia antiga
Matemáticos
Tratados
Problemas
Centros
Influencias de...
Influencias a...
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Menecmo&oldid=6055114»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp