Memorias dunha gueixa (eninglés:Memoirs of a Geisha) é un filme dirixido porRob Marshall que se estreou no2005. Producido polas produtoras deSteven Spielberg Amblin Entertainment e Spyglass Entertainment, e por Red Wagon Productions deDouglas Wick, está baseada na novela homónima deArthur Golden.
Estreouse en galego naTVG o12 de marzo de2009.[2]
OXapón,1929. Chiyo, unha nena de nove anos, é vendida polos seus pais para traballar na casa degueixas de Nitta Okiya. A súa irmá máis vella Satsu non é aceptada e é enviada a unprostíbulo. Na casa Chiyo coñece a Cabaza, outra nena que vai ser instruída para ser gueixa, así como ás famosas gueixas Hatsumomo (Gong Li) e a súa rival Mameha (Michelle Yeoh). Os comezos de Chiyo (Zhang Ziyi) son duros, pero un encontro co que será o amor da súa vida, o Presidente (Ken Watanabe), fará que dende ese momento só desexe converterse nunha famosa gueixa para estar máis preto del.
- 2005: 3Oscars: Mellor fotografía, vestiario, dirección artística. 6 nomeamentos.
- 2005:Globos de Ouro: Mellor banda sonora orixinal. 2 nomeamentos.
- 2005:BAFTA: Música, fotografía, vestiario. 6 nomeamentos.
- 2005: National Board of Review: Mellor actriz secundaria (Gong Li)
|
---|
Filmes dirixidos | |
---|
Filmes escritos | |
---|
Filmes producidos | |
---|
Televisión | |
---|
Véxase tamén | |
---|