Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Melodía

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Figura 1. Uncompás daFuga N.º 17 en La bemol, BWV 862 deO clavecín ben temperado deBach,Johann Sebastian Bach - The Well-tempered Clavier - Book 1 - 11Efuge Bbmaj.oggReproducir (axuda · info)
É un exemplo decontrapunto con 4 voces. As dúas voces (melodías) que hai en cadapentagrama poden distinguirse grazas á dirección dasplicas das figuras.
BachFugueBar1.midReproducir 1ª voz (axuda · info),
BachFugueBar2.midReproducir 2ª voz (axuda · info),
BachFugueBar3.midReproducir 3ª voz (axuda · info),
BachFugueBar4.midReproducir 4ª voz (axuda · info), por separado.

Unhamelodía é unha sucesión de sons que é percibida como unha entidade única. Desenvólvese nunhasecuencia lineal, é dicir ao longo do tempo, e ten unha identidade e significado propio dentro dun contorno sonoro particular.

En sentido estrito unha melodía é unha combinación dealturas eritmo, mentres que nun sentido máis figurado o termo en ocasións ampliouse para incluír as secuencias doutros elementos musicais como otimbre. Pódese considerar que a melodía é o primeiro plano respecto doacompañamento de fondo. Pero unha liña melódica ou unhavoz non ten necesariamente que ser unha melodía en primeiro plano.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Ovocábulo provén dobaixo latín «melodia». Este termo latino, á súa vez, proviña dogrego μελῳδία [melōidía] que significaba "cantocoral" e era unha palabra composta de μέλος [melos] que significa "canción,música que acompaña a unha canción" e ἀοιδή [aoidḗ] que á súa vez quere dicir "canto, canción".

Descrición

[editar |editar a fonte]

A miúdo as melodías consisten nunha ou máis frases oumotivos musicais, e xeralmente repítense ao longo dunhacanción oupeza musical en diversas formas. As melodías tamén poden ser descritas polo seu movemento melódico ou polas alturas ouintervalos entre alturas (predominantemente conxuntos, ou disxuntos ou con outras restricións), a gama tonal, a tensión e a relaxación, a continuidade e a coherencia, a cadencia, e a forma.

A melodía parte dunha base conceptualhorizontal, con eventos sucesivos notempo, e nonvertical como sería nunacorde onde os sons son simultáneos. Con todo, esta sucesión pode conter certos cambios de alturas e duracións, e aínda ser percibida como unha soa entidade. A melodía é unha sucesión de sons que normalmente segue un esquema harmónico.

Elementos

[editar |editar a fonte]

Dada a cantidade e variedade de elementos e estilos de melodía «moitas das explicacións [de melodía] existentes limítannos a un modelo de estilo específico, sendo por tanto descricións demasiado excluíntes».[1]Paul Narveson afirmou en 1984 que máis de tres cuartas partes das cuestións teóricas acerca da melodía non foron completamente exploradas.[2]

As melodías existentes na meirande parte da música europea escrita antes doséculo XX, e namúsica popular do século XX, caracterízanse por «patróns de frecuencia fixos e facilmente discernibles», repetición de «eventos a miúdo periodicamente, en todos os niveis estruturais» e «patróns de repetición de duracións».[3]

Figura 2.Melodía medievalinglesaPop Goes the Weasel.[1]Pop Goes the Weasel.oggReproducir (axuda · info)

Nas melodías damúsica clásica do século XX «empregouse unha maior variedade de recursos do acostumado en calquera outro período histórico damúsicaoccidental» no tocante ásalturas. Aescala cromática pasou a ser «amplamente empregada», mentres seguía a ser empregada aescala diatónica.[1]Ademais os compositores asignaron un rol estrutural ás «dimensións cualitativas» que en tempos anteriores «reserváranse case exclusivamente para alturas e ritmo». En palabras de Kliewer «os elementos esenciais de calquera melodía son aduración, a altura, otimbre, atextura e aintensidade».[1] Aínda que na práctica a mesma melodía pode ser recoñecible incluso cando é interpretada cunha gran variedade de timbres e dinámicas diferentes.[1]

Exemplos

[editar |editar a fonte]

Os diferentesestilos musicais empregan a melodía de xeitos moi diversos. Por exemplo:

Voz ou parte

[editar |editar a fonte]

O concepto de melodía con frecuencia se relaciona con termos como voz ou parte. Unha voz (ou parte) é amúsica ou melodía interpretada por un sóinstrumento ouvoz (ou grupo de instrumentos ou voces idénticas) dentro dunha obra maior. Unhaparticella denota a copia impresa da voz ou parte de cada instrumento, a diferenza dapartitura, que contén a música que han de interpretar todos e cada un dos instrumentos dunhaagrupación musical.

A escritura de partes é a composición das voces tendo en conta aharmonía e ocontrapunto. As partes poden ser "partes externas", cando se trata das voces situadas na parte superior e na inferior; ou ben "partes internas" cando se atopan na franxa media.

Nuncontexto polifónico o termovoz emprégase para designar unha soa liña melódica ou capatextural (ver Figura 1). O termo é xenérico e non pretende dar a entender que a liña debe ser necesariamente de caráctervocal, senón que fai alusión áinstrumentación ou simplemente aorexistro.

Por outra banda, unhaparte na música degaitas das Highlands é unhasentence. Polo xeral, cada unha desaspartes consta de catro frases musicais que duran un ou douscompases. Varias frases combínanse para producir tanto un parágrafo así como unha obra ou melodía completa.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,4Kliewer, Vernon: «Melody: Linear Aspects of Twentieth-Century Music» enAspects of Twentieth-Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 270-301.(eninglés)
  2. Narveson, Paul:Theory of Melody. University Press of America, 1984.(eninglés)
  3. DeLone, Richard: «Timbre and Texture in Twentieth-Century Music» enAspects of Twentieth-Century Century Music. Prentice Hall, 1975, cap. 4, pp. 111-113.(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Melodía

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Apel, Willi.Harvard Dictionary of Music, 2ª ed., p. 517–19.
  • Edwards, Arthur C.The Art of Melody, p. xix–xxx.
  • Holst, Imogen (1962/2008).Tune, Faber and Faber, Londres.ISBN 0-571-24198-0.
  • Smits van Waesberghe, Joseph (1955).A Textbook of Melody: A course in functional melodic analysis, American Institute of Musicology.
  • Szabolcsi, Bence (1965).A History Of Melody, Barrie and Rockliff, Londres.
  • Toch, Ernst (1931).La melodía, Labor, Barcelona.
  • Trippett, David (2013).Wagner's Melodies. Cambridge University Press.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobremúsica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Melodía&oldid=6574658»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp