Melekeok é unha localidade e un dos dezaseis estados das illasPalau. Desde o7 de outubro de2006, a localidade de Melekeok converteuse na sede do goberno das Palau, substituíndo aKoror como capital da nación.
Melekeok está situada na costa oriental da maior das illas do arquipélago das Palau:Babeldaob. As súas coordenadas xeográficas son: 7º 30' N e 134º 37' L.
Segundo o censo de 2000, no estado de Melekeok viven 239 persoas, que se distribúen entre sete aldeas, entre as que está incluída Melekeok, a capital, e que son:
Melekeok
Ertong
Ngeburch
Ngeremecheluch
Ngermelech
Ngerubesang
Ngeruling
Melekeok ocupa unha área de 11 km², e está situada entreNgchesar ao sur rNgiwal ao norte.
Olago Ngardok de Melekeok é o maior depósito de auga de toda aMicronesia e esténdese por unha superficie de 4.93 km²; posúe unha pequena poboación de crocodilos de mar (Crocodylus porosus).