Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Megasoma elephas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megasoma elephas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Clase:Insecta
Orde:Coleoptera
Suborde:Polyphaga
Infraorde:Scarabaeiformia
Superfamilia:Scarabaeoidea
Familia:Scarabaeidae
Subfamilia:Dynastinae
Tribo:Dynastini
Xénero:Megasoma
Especie:Megasoma elephas
(Fabricius, 1775)
Subespecies

M. e. elephas
M. e. iijimai

Sinonimia
  • Scarabaeus elephas Fabricius, 1775
  • Megasoma mexicanum Fischer, 1968

Megasoma elephas, o escaravello elefante, é unha especie da familiaScarabaeidae e subfamiliaDynastinae. Ten unha distribuciónNeotropical.

Aspecto

[editar |editar a fonte]
Macho e femia deMegasoma elephas noInsectario de Montreal

Os escaravellos elefante son de cor negra e están cubertos de finos pelos (setas) microscópicos. Os pelos crecen especialmente espesos nosélitros e danlle ao corpo do animal unha cor amarelada. Os machos teñen dous cornos que se proxectan cara a adiante desde a cabeza e oprotórax. O corno da cabeza máis longo é o que lle dá a estes escaravellos o seu nome, xa que lembra os cabeiros dunelefante. As femias non teñen cornos. Usan os cornos para a defensa e a competición entre machos polo alimento e as femias.

Tamaño

[editar |editar a fonte]

En tamaño miden entre 7 e 12 cm de longo, e o exemplar macho máis grande que se mediu era de 13,7 cm, incluíndo o corno.[1]

Localización

[editar |editar a fonte]

Viven nas selvas do sur deMéxico,América Central eAmérica do Sur.[2]

Lista de subespecies

[editar |editar a fonte]
  • Megasoma elephas elephas (Fabricius, 1775)
  • Megasoma elephas iijimai Nagai, 2003

Reprodución

[editar |editar a fonte]
Femia deMegasoma elephas enCosta Rica

Aslarvas desenvólvense en grandes troncos en descomposición e tardan tres anos en desenvolverse en adultos, dependendo da subespecie. A femia pon ovos dento dos troncos podres ou no chan. Algunhas semanas despois (normalmente tres) os ovos fan eclosión orixinando larvas con forma de C, brancas con cabeza marrón e seis patas. O estadio larvario dura arredor de 29 meses, durante ese tempo a larva aliméntase. O terceiro e últimoestadio, opupal, dura arredor de cinco semanas a unha temperatura de 26 graosCelsius. A vida dun adulto dura uns tres meses.

Alimentación

[editar |editar a fonte]

Aliméntanse do zume interno de certas árbores e de froitos maduros caídos. En catividade tamén comen froitas exóticas, comoananás,longáns,lichis e a codia de certas árbores comoDelonix regia.

Comportamento e hábitat

[editar |editar a fonte]

Viven en selvas e son activos principalmente durante a noite. Poden manter unha alta calor corporal interna cando buscan comida malia a baixa temperatura ambiental.[3]

A poboación de escaravellos elefante diminuíu bastante pola destrución das selvas, o cal reduciu o seu territorio para vivir e reproducirse. Nalgúns países como Costa Rica, Nicaragua e outros en América Central a cabeza do macho utilízase como colgante ou colar, decorada con ouro. Isto afectou á poboación gravemente.

Posible uso militar

[editar |editar a fonte]

Como parte dun proxecto patrocinado polo Pentágono norteamericano, investigadores daUniversidade de California, Berkeley implantaroneléctrodos en pupas de escaravello elefante. Isto permite exercer certo control remoto do comportamento voador dos adultos.[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Insect Book of World Records
  2. "Map of Megasoma elephas". Discover Life. Consultado o2022-08-25. 
  3. Temperature Regulation, Energy Metabolism and Mate-Searching in Rain Beetles
  4. "Remote controlled bugs buzz off".BBC News. 2009-10-13. Consultado o2009-10-14. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Elephant beetle
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Elephant beetle
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Megasoma_elephas&oldid=6538639»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp