Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Megalópteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Megaloptera»)
Non confundir conMegaloptera (lepidópteros).
Megalópteros
Rango fósil: Permiano-Holoceno

Exemplar do xéneroSialis
Clasificación científica
Reino:Animalia
(sen clasif.)Euarthropoda (clado)
Clase:Insecta
(sen clasif.):Endopterygota (clado)
Orde:Megaloptera
Familias

Corydalidae
Sialidae
e ver texto

Corydalus cornutus -MHNT

A dosmegalópteros (Megaloptera) é unhaorde deinsectos da que se coñecen unhas 300 especies.

O nome procede do grego μέγα-, mega, 'grande' e πτέρυξ, pterix, 'á', en referencia ás súas ás grandes e burdas. Os megalópteros son insectos relativaemnte descoñecidos en gran parte da súa área de distribución, debido á curta vida dos adultos, a frecuentemente alta tolerancia das larvas acuáticas ápolución (polo que son difíciles de atopar por bañistas), e os seus hábitos xeralmente crepusculares ou nocturnos. Porén, enAmérica os da subfamiliaCorydalinae son ben coñecidos polas mandíbulas parecidas a defensas de elefante dos machos. Estas teñen unha aparencia formidable, pero son relativamente inofensivas para os humanos e outros animais; a súa función é impresionar as femias e suxeitalas durante o apareamento, e algúns machos pelexan entre eles en exhibicións de cortexo. As larvas destas especies adoitan usarse como isco para a pesca con anzó en Norteamérica.

Anteriormete os Megaloptera eran considerados parte dun grupo denominadoNeuroptera, no que se incluían outros grupos, que son agora considerados xeralmente ordes separadas, e os Neuroptera comprenden agora só eses outros grupos (que antes se chamaban Planipennia). Todos os anteriores Neuroptera están, non obstante, moi estreitamente relacionados entre si e o novo nome para este grupo conxunto que inclúe a todos eles éNeuropterida.[1] Este é situado ou ben como un superorde, cosEndopterygota (dos cales forman parte) constituíndo unclado sen categoría taxonómica sobre el, ou ben os Endopterygota son mantidos como superorde, e os Neuropterida, sen categoría, formarían parte deles. Dentro dos endopterigotos, os parentes vivos máis próximos do clado dos neuroptéridos son osescaravellos.

O Corydalinae asiáticoAcanthacorydalis fruhstorferi pode ter unha envergadura alar de ata 21,6 cm, o que o fai o insecto acuático de maior envergadura alar do mundo.[2][3]

Anatomía e ciclo vital

[editar |editar a fonte]

Os megalópteros adultos lembran moito aneurópteros, excepto pola presenza dunha rexión prateada nas ás traseiras, que lle axuda a dobralas sobre o abdome. Teñen fortes mandíbulas e pezas bucais aparentemente adaptadas para mastigar, aínda que moitas especies non comen cando son adultos. Teñen grandesollos compostos, e nalgunhas especies taménocelos. As ás son grandes e subiguais.[4]

As femias poñen ata 3 000 ovos nunha masa conxunta, que depositan sobre vexetación que colga sobre a superficie da auga. Sofren a forma máis rudimentaria demetamorfose completa entre os insectos. Presentan menos diferenzas entre as formas larvarias e as adultas que calquera outra orde de insectosholometábolos, e as súas larvas acuáticas viven en auga doce, arredor da cal viven tamén os adultos. As larvas son carnívoras, e comen pequenos invertebrados, comocrustáceos,ameixas,vermes e outros insectos. Posúen fortes mandíbulas que usan para capturar as súas presas. Teñen grandes cabezas e corpos alongados. O abdome leva varios filamentos táctiles finos, que nalgunhas especies poden incluírbranquias. O segmento final do abdome leva un par depropatas, ou un só apéndice parecido a unha cola.[4]

As larvas crecen lentamente e tardan de 1 a 5 anos en chegar ao último estado larvario. Cando chegan á madurez, as larvas arrástranse desde a auga a terra epupan no solo húmido ou baixo troncos. Algo pouco común é que a pupa é completamente móbil e ten grandes mandíbulas que usa para defenderse dos seus predadores. Os adultos de vida curta emerxen da pupa para aparearse, e moitas especies nunca se alimentan como adultos e viven só unhas poucas horas ou días.[4]

Evolución

[editar |editar a fonte]

Ademais das dúasfamilias vivas, hai algúnstaxons prehistóricos de Megaloptera, coñecidos polos seusfósiles. Algúns destes ocupan unha posición máisbasal:[5]

Os Megaloptera sonmonofiléticos e unclado irmán deNeuroptera.[8] Dentro de Megaloptera, Corydalinae eChauliodinae son clados irmáns. A estimación do tempo de diverxencia suxire que a liñaxe troncal de Neuropterida eColeoptera separouse noPermiano temperán.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Tamén chamados "Neuropteroidea", aínda que a terminación "-oidea" é a que normalmente se usa para as superfamilias. Ver referencias en Haaramo (2008).
  2. "Largest aquatic insect (by wingspan)".Guinness World Records. Consultado o4 April 2018. 
  3. Jonathan O'Callaghan (24 July 2014)."The stuff of nightmares! New species of insect discovered in China - and it has a wingspan of more than EIGHT INCHES".Daily Mail. Consultado o26 July 2014. 
  4. 4,04,14,2Hoell, H.V., Doyen, J.T. & Purcell, A.H. (1998).Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. Oxford University Press. pp. 441–443.ISBN 0-19-510033-6. 
  5. Ver referencias en Haaramo (2008)
  6. Engel & Grimaldi (2007)
  7. Shcherbakov DE (2013) Permian ancestors of Hymenoptera and Raphidioptera. ZooKeys 358: 45–67. doi: 10.3897/zookeys.358.6289
  8. Wang Y, Liu X, Winterton SL, Yang D (2012) The first mitochondrial genome for the fishfly subfamily Chauliodinae and implications for the higher phylogeny of Megaloptera. PLoS One 7(10):e47302. doi: 10.1371/journal.pone.0047302

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Existentes
Monocondylia
D
i
c
o
n
d
y
l
i
a
Apterygota *
P
t
e
r
y
g
o
t
a
Palaeoptera
Ephemeropteroidea
Odonatoptera
N
e
o
p
t
e
r
a
Polyneoptera
Dictyoptera
E
u
m
e
t
a
b
o
l
a
Paraneoptera *
E
n
d
o
p
t
e
r
y
g
o
t
a
basal
Neuropteroidea
Coleopterida
Neuropterida
Panorpida
(Mecopterida)
Antliophora
Amphiesmenoptera
  • As catro ordes con máis especies están marcadas en letragrosa
  • Os grupos parafiléticos encursiva
  • Baseado enSasakiet al. (2013)
Extintas
  • As familias e xéneros extintosincertae sedis están marcados encursiva
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Megalópteros&oldid=6733279»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp