O mbira consiste en láminas de metal montadas sobre un gwariva (caixa de resonancia), demadeira de mubvamaropa (Pterocarpus angolensis).
Polo xeral engádese unha caixa de resonancia cunha cabaza para conseguir a amplificación. As follas demetal pódense realizar con diferentes materiais deAceiro novos ou reciclados, aínda que é corrente utilizarmangos de culler de diferentes lonxitudes para obter asnotas. Acciónanse cos dedos polgares ou coa combinación dos polgares con outros dedos e en total hai entre 6 e 33 láminas. As lingüetas prémense e sóltanse cos polgares e outros dedos para producir melodías e acompañamentos. O instrumento úsase para acompañar a cantantes ebailaríns.