Mayagüez é a oitava cidade máis grande dePorto Rico.[1] Foi fundada orixinalmente como "Nuestra Señora de la Candelaria" e é tamén coñecida como"La Sultana del Oeste" (A Sultana do Oeste),"Ciudad de las Aguas Puras" (Cidade das Augas Puras), ou"Ciudad del Mangó" (Cidade do Mangó). O6 de abril de1894, a coroa española deulle o título de"Excelente ciudad de Mayagüez" (Excelente Cidade de Mayagüez).[2][3] Mayagüez está situada no centro da costa oeste da illa de Porto Rico. É a principal cidade daArea Metropolitana Estatística de Mayagüez e da Área Estatística Combinada Mayagüez-San Germán-Cabo Rojo.
Mayagüez foi fundada en1760 por Faustino Martínez de Matos, Juan de Silva e Juan de Aponte nun outeiro localizado a arredor dun quilómetro da baía de Mayagüez e a desembocadura dorío Yaguez.
No1763España concedeulle aos fundadores o dereito de goberno autónomo, oficialmente separando a vila de Mayagüez do Partido de San Germán. Orixinalmente o puebo de Mayagüez tiña como nome "Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagúez". Este nome xorde debido a que a meirande parte dos poboadores, incluíndo os fundadores, proviñan dasIllas Canarias onde teñen como santa patroa áVirxe da Candelaria.
No1836 o pobo foi elevado ao status devilla. Nese momento a agricultura era a principal actividade económical Tres anos despois, en1839Eugenio María de Hostos, importante educador, sociólogo, filósofo e escritor, naceu en Mayagüez.
En1841 un lume destruíu parcialmente a vila, que foi reconstruída con algunhas das súas estradas principais agrandadas para previr a dispersión de lumes futuros. O gobernador militar de Porto Rico da época, o xeneral Santiago de Méndez Vigo, recadou fondos para reconstruír a cidade. Na actualidade unha das avenidas principais de Mayagüez leva o seu apelido.
En1911 fundouse o Colexio de Agricultura, que un ano despois pasou a ser o Colexio de Agricultura e Artes Mecánicas (CAAM). Conservou este nome durante 50 anos. Actualmente é coñecido como o Recinto Universitario de Mayagüez (RUM) daUniversidade de Porto Rico.
Segundo o censo de2009 levado a cabo pola Oficina do Censo dos Estados Unidos, en Mayagüez residían 92.156 persoas (fronte aos 98.434 do ano2000). A densidade de poboación era de 458 hab/km².[5][6] A cidade posúe unha importante "poboación universitaria", aumentando nunhas 10.000 persoas a súa poboación. O 98,9% da poboación é de orixe hispana ou latino (que poden ser de calquera raza).
Das 31.877 fogares de2007 en Mayagüez, o 38.6% eran parellas casadas, o 22.3% tiñan unha cabeza de familia feminina sen presenza do marido, e o 33.7% non eran familiares. O 33.3% tiñan fillos por debaixo dos 18 anos vivindo cos pais. De tódolos fogares o 27.8% estaban formados por un individuo e no 9.8% vivía unha persoa de 65 anos ou máis vivindo soa. A media de persoas por casa é de 2,75 habitantes e a familia media de 3,41 membros.
En Mayagüez, o 26,9% da poboación estaba por debaixo dos 18 anos, o 10,3% entre os 18 e os 24, o 30,8% entre os 25 e os 44, o 20,6% entre os 45 e os 64, e o 11,5% tiña 65 anos ou máis. A media de idade era de 33 anos. En Mayagüez residen máis mulleres que homes, con 88,4 homes por cada 100 mulleres.
Mayagüez está localizada na parte central da costa oeste de Porto Rico. A súa extensión é de 201.06 km² e a súa xeografía está composta por un extenso val aluvial na costa da baía de Mayagüez ao oeste do municipio, chairas costeiras emangleiros nas fronteiras do norte e sur; e montañas no centro, nordeste e sueste do concello.
Mayagüez posúe unclima tropical monzónico (Clasificación climática de KöppenAm). A cidade posúe o clima máis extremo da illa. A elevada frecuencia de treboadas severas no verán pode producir fortes ventos, inundacións, e mesmo saraiba e tornados. A temperatura media anual é de 24 °C. O inverno adoita ser seco e fresco, con temperaturas entre os 28 °C e os 13 °C. O verán adoita ser moi cálido e húmido, con temperaturas que chegan a acadar os 35 °C. De maio a outubro, é frecuente que se produzan fortes treboadas pola tarde debido á calor, a humidade e á topografía da área.
Rexistros de Mayagüez (1971-2000, récords dende 1775)