Amaxia (dogrego μαγεία) é o conxunto deartes, coñecementos e prácticas coas que se pretende producir resultados contrarios ásleis naturais coñecidas, valéndose de certos actos oupalabras, ou ben coa intervención de seres fantásticos. Estespoderes especiais adoitan ser atribuídos amagos,meigas ebruxas. Pode ser usada para facer oben ou omal.
A maxia e un fenómeno que existiu primitivamente en todas as culturas. Polo tanto é un concepto elaborado en variasteorías intelectuais. Disciplinas como aantropoloxía, afilosofía e asocioloxía vano utilizar sen darlle sempre a mesma función na evolución do pensamento humano e na relación que ten coarelixión e ocoñecemento.
Os magos recoñecen asan Xoán Bosco como o seu santo patrón, pois di a tradición que fixo de ilusionista e malabarista para divertir e educar ós mozos. Como morreu un31 de xaneiro (de 1888), celebran este día como oDía Internacional do Mago.[1]