![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1921![]() Montreal, Canadá ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de maio de 2000![]() Montreal, Canadá ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | doenza cardiovascular![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Notre Dame des Neiges Cemetery(en)![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo, adestrador de hóckey sobre xeo![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Hockey League![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Winger(en)![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Man para tirar | tirador manicho![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Henri Richard![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Joseph Henri Maurice "Rocket"RichardPCCCOQ, nado o4 de agosto de1921 enMontreal (Quebec,Canadá) e finado na mesma cidade o27 de maio de2000 foi un xogador profesional dehóckey sobre xeo que xogou durante 18 tempadas naNational Hockey League (NHL), desenvolvendo toda a súa carreira nosMontreal Canadiens. Foi o primeiro xogador na historia da NHL en anotar 50 goles nunha tempada, conseguindo a marca natempada 1944-45 na que só se disputaron 50 partidos, e foi tamén o primeiro xogador en conseguir 500 goles na súa carreira. Richard retirouse en 1960 sendo o líder de todos os tempos en goles con 544. Gañou oHart Trophy como xogador máis valioso da NHL en 1947, xogou 13All-Star Games e foi nomeado 14 veces noNHL All-Star Team dosplay-offs.
Richard,Elmer Lach eToe Blake formaron a chamada "Punch line", unha liña de dianteiros altamente anotadora da década de 1940. Richard foi membro de oito equipos campións daStanley Cup, incluído o que gañou o título cinco tempadas consecutivas entre 1955 e 1960; foi o capitán do equipo durante os seus últimos catro anos de carreira profesional. OHockey Hall of Fame non aplicou o período de elixibilidade de cinco anos e introduciu a Richard no "salón da fama" en 1961. En 1975 foi introducido noCanada's Sports Hall of Fame. OS Canadiens retiraron o seu número, o 9, en 1960, e en 1999 doaron oMaurice "Rocket" Richard Trophy á NHL, que é entregado cada ano ao máximo goleador da liga regular.
O maior de oito iráns, Richard naceu nunha familia pobre durante aGran Depresión. Inicialmente foi visto como un xogador fráxil. Unha serie de lesións impedíronlle unirse ao exército canadense durante asegunda guerra mundial. Franco e intenso, era coñecido polo seu estilo de xogo físico e ocasionalmente violento. Richard estivo involucrado nun incidenteviolento a finais datempada 1954-55 durante o cal golpeou a unxuíz de liña. O presidente da NHLClarence Campbell suspendeuno durante o que restaba de tempada, así como dosplay-offs, o que precipitou o coñecido comoAffaire Richard en Montreal. Os disturbios adquiriron un carácter mítico nas décadas posteriores, e frecuentemente son vistos como precursores da chamadaRevolución Tranquila do Quebec. Richard foi unha icona cultural entre a poboación francófona do Quebec; a súa lenda é un motivo principal da historia curta deRoch CarrierLe chandail de hockey, unha obra emblemátiica da cultura canadense. Richard morreu no ano 2000 e converteuse no primeiro non-político en ser honrado pola provincia do Quebec cun funeral de estado.
Liga regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PX | G | A | Pts | PIM | PX | G | A | Pts | PIM | ||
1937-1938 | St-Francois-de-Laval | High-QC | ||||||||||||
1938-1939 | Montréal Paquette Midgets | QAHA | 46 | 133 | 7 | 140 | ||||||||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | LHJQ | 10 | 4 | 1 | 5 | 2 | 4 | 6 | 3 | 9 | 2 | ||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | LHSQ | 1 | 0 | 1 | 1 | 0 | — | — | — | — | — | ||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | Mem. Cup | — | — | — | — | — | 7 | 7 | 9 | 16 | 16 | ||
1940–41 | Montreal Canadiens (Sr.) | LHSQ | 1 | 0 | 1 | 1 | 0 | — | — | — | — | — | ||
1941–42 | Montreal Canadiens (Sr.) | LHSQ | 31 | 8 | 9 | 17 | 27 | 6 | 2 | 1 | 3 | 6 | ||
1942–43 | Montreal Canadiens | NHL | 16 | 5 | 6 | 11 | 4 | — | — | — | — | — | ||
1943–44 | Montreal Canadiens | NHL | 46 | 32 | 22 | 54 | 45 | 9 | 12 | 5 | 17 | 10 | ||
1944–45 | Montreal Canadiens | NHL | 50 | 50 | 23 | 73 | 46 | 6 | 6 | 2 | 8 | 10 | ||
1945–46 | Montreal Canadiens | NHL | 50 | 27 | 21 | 48 | 50 | 9 | 7 | 4 | 11 | 15 | ||
1946–47 | Montreal Canadiens | NHL | 60 | 45 | 26 | 71 | 69 | 10 | 6 | 5 | 11 | 44 | ||
1947–48 | Montreal Canadiens | NHL | 53 | 28 | 25 | 53 | 89 | — | — | — | — | — | ||
1948–49 | Montreal Canadiens | NHL | 59 | 20 | 18 | 38 | 110 | 7 | 2 | 1 | 3 | 14 | ||
1949–50 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 43 | 22 | 65 | 114 | 5 | 1 | 1 | 2 | 6 | ||
1950–51 | Montreal Canadiens | NHL | 65 | 42 | 24 | 66 | 97 | 11 | 9 | 4 | 13 | 13 | ||
1951–52 | Montreal Canadiens | NHL | 48 | 27 | 17 | 44 | 44 | 11 | 4 | 2 | 6 | 6 | ||
1952–53 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 28 | 33 | 61 | 112 | 12 | 7 | 1 | 8 | 2 | ||
1953–54 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 37 | 30 | 67 | 112 | 11 | 3 | 0 | 3 | 22 | ||
1954–55 | Montreal Canadiens | NHL | 67 | 38 | 36 | 74 | 125 | — | — | — | — | — | ||
1955–56 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 38 | 33 | 71 | 89 | 10 | 5 | 9 | 14 | 24 | ||
1956–57 | Montreal Canadiens | NHL | 63 | 33 | 29 | 62 | 27 | 10 | 8 | 3 | 11 | 8 | ||
1957–58 | Montreal Canadiens | NHL | 28 | 15 | 19 | 34 | 28 | 10 | 11 | 4 | 15 | 10 | ||
1958–59 | Montreal Canadiens | NHL | 42 | 17 | 21 | 38 | 27 | 4 | 0 | 0 | 0 | 2 | ||
1959–60 | Montreal Canadiens | NHL | 51 | 19 | 16 | 35 | 50 | 8 | 1 | 3 | 4 | 2 | ||
Totais na NHL | 978 | 544 | 421 | 965 | 1285 | 133 | 82 | 44 | 126 | 188 |
Liga regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PA | G | E | P | %V | Resultado | ||||||
1972-1973 | Quebec Nordiques | WHA | 2 | 1 | 0 | 1 | 50 % | - |
Premio | Ano | Nota |
---|---|---|
Primeiro equipo All-Star | 1944–45,1945–46, 1946–47,1947–48, 1948–49,1949–50, 1954–55,1955–56 | [1] |
Segundo equipo All-Star | 1943–44,1950–51 1951–52,1952–53 1953–54,1956–57 | [1] |
Hart Trophy Xogador máis valioso | 1946–47 | [2] |
Premio | Ano | Nota |
---|---|---|
Lionel Conacher Award Atleta masculino do ano segundoCanadian Press | 1952, 1957 1958 | [3] |
Lou Marsh Trophy Atleta canadense do ano | 1957 | [4] |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maurice Richard |