Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Materialismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Materialismo
 Instancia de
 Parte de
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/04xcxEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC144218379Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 150260
Wikidata C:Commons
En 1748, o doutor e filósofo francésLa Mettrie publicou a primeira definición de materialismo da alma humana enL'Homme Machine.

Omaterialismo[1] é unha doutrinametafísica consistente en afirmar que só existe amateria ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Pormateria enténdese calquerasubstancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia,[2] como poden ser asalmas,espíritos,deuses etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudesateas e antirrelixiosas.[2]

Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios dafilosofía occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculosXVIII, coempirismo inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, noséculo XIX en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e omaterialismo dialéctico (Friedrich Engels eKarl Marx). Noséculo XX o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominadaNeopositivismo.

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polasciencias da natureza durante o século XIX e sostén que os procesospsíquicos ementais, aparentemente denatureza incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira soamente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico óneuro-fisiolóxico.

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sencerebro, polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis dadialéctica.

Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significadomoral e designa unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.

Introdución

[editar |editar a fonte]

A oposición entre o enfoque materialista e oenfoque idealista é unha das polémicas filosóficas máis antigas e persistentes. Noséculo XVII o termo «materialismo» adoitaba usarse principalmente no senso de representacións físicas sobre amateria. Nese sentido asciencias naturais modernas teñen un enfoque completamente materialista.

Dende comezos doséculo XIX, por influencia domaterialismo histórico, o termo pasa a empregarse tamén en contexto dasciencias sociais. Nese sentido o materialismo refírese a varios marcos teóricos que buscan as causas dos procesos históricos e a mudanza cultural en causas materiais. Para este materialismo de tipo histórico as causas últimas dos fenómenos sociais están determinadas por factores materiais e rexeita explicitamente as explicacións nas que interveñen factores sobrenaturais, tomando como un feito a irrelevancia científica de Deus, de espíritos e dunha suposta intelixencia do mundo no devir histórico. De acordo co materialismo, as causas últimas deben buscarse en factores medibles ou aprehendibles empiricamente.[3]

Aínda que historicamente omaterialismo histórico popularizouse no seo domarxismo, onde segue sendo un tema principal, atópanse antecedentes anteriores a Marx. No presente forma parte daantropoloxía,teoría da historia ousocioloxía, facendo que o materialismo histórico acolla toda unha serie de elaboracións teóricas non necesariamente marxistas. Fóra do eido do marxismo, o materialismo de tipo histórico é a hipótese de que os trazos definitorios das sociedades humanas e a evolución histórica das mesmas estivo determinada por factores materiais (tecnoloxía dispoñible, sistema de produción, características xeográficas e climáticas). Por mor do intento de estabelecer as ideas do materialismo histórico de xeito independente á versión marxista do mesmo, acuñáronse termos novos como:materialismo cultural,funcionalismo ecolóxico,determinismo xeográfico,determinismo económico, e outros, que poden ser considerados como concepcións materiais dahistoria. Diversos autores académicos comoJared Diamond ouMarvin Harris trataron en detalle a evolución histórica de extensas áreas xeográficas, e tentando explicar trazos definitorios da sociedade a partir de factores materiais, sinalando que este tipo de factores son os preponderantes cando se tenta entender a evolución das sociedades e as civilizacións.

Historia

[editar |editar a fonte]

Doutrinas materialistas do Antigo Oriente

[editar |editar a fonte]

Os primeiros vestixios que se teñen da doutrina materialista remóntanse a fins do terceiro e principios do segundo milenio a.n.e. nas culturasexipcia ebabilónica, onde se formaron as primeiras concepcións materialistas espontáneas. Tamén se atopa, un pouco máis tarde pero con maior integridade, na filosofía daIndia e aChina Antiga.

En monumentos da cultura exipcia antiga menciónase por exemplo «a auga fría creadora de todos os seres e da que proceden todas as cousas, así como o aire que enche o espazo e áchase en todas partes», o cal mostra que xa nese entón expúñase en forma embrionaria a cuestión da orixe material dos fenómenos naturais. Ou poida que interpretasen estes elementos desde un punto de vista netamente simbólico.

Na cultura babilónica, por exemplo, atopámonos co astrónomoSeleuco (século II a.C.) quen xa nese entón formulou conxecturas acerca da estruturaheliocéntrica do mundo.

Na India Antiga aparece a mediados doI milenio a. C. na doutrinaLokaiata (ou escola dos chārvākas) que sostiñan que o mundo era material, composto de catro elementos primixenios: aterra, aauga, olume e oaire. Destes elementos formábanse tamén osseres vivos, incluído oser humano, os cales logo de morrer descompoñíanse novamente nestes elementos. Os chārvākas ademais, someteron a crítica as doutrinas relixiosas imperantes nesa época sobre a existencia de Deus, a alma e o mundo do máis aló, demostrando que ao morrer o corpo, desaparecía a conciencia, polo que consideraban absurda a doutrina datransmigración dasalmas.

O materialismo dos chárvakas achábase intimamente relacionado co seuateísmo. Posteriormente na correnteSāṃkhya (preto do ano600 a. C.) sostíñase que o carácter material do mundo desenvolvíase a partir dunha substancia primixenia(prakriti); pero o logro máis importante desta corrente foi o postulado de que omovemento, oespazo e otempo son propiedades inseparables damateria.

A medida que se desenvolvía afilosofía hindú antiga, a concepción da materia composta polos catro elementos (lume, aire, auga e terra) foi substituída por representacións máis desenvolvidas baseadas na estruturaatomista do mundo. Nas escolas filosóficasNyāxa eVaiśeṣika xorden as ideas de que o mundo se compón de pequenas partículas de diversa calidade que se achan noéter, no espazo e no tempo. Estas partículas serían eternas, increables e indestrutibles, á vez que os obxectos compostos delas serían mutables, inestables e transitorios. Estas ideas materialistas exerceron un forte influxo sobre escolas e doutrinas relixiosas da época, por exemplo na escola relixiosaMīmāṃsā, a cal recoñecía a realidade do mundo, cuxo ser non depende de ningún creador, existe eternamente e componse de partículas rexidas pola lei autónoma dokarma.

Na China Antiga atopamos a doutrina materialista na teoría do coñecemento deMozi (479-381 a. C.) en oposición aConfucio. Achegas importantes tamén as deu otaoísmo, cuxo creadorLao-Tsé (séculos VI a. C. a IV a. C.) sostiña que o mundo, que é eterno, áchase en movemento e mutación continuos. O movemento, segundo os taoístas, é rexido poloTao (lei natural), que aínda que é un concepto abstracto e metafísico, é ao mesmo tempo anti-espiritista xa que o Tao considera o inmaterial pero natural, e non de orixe divina ou sobrenatural, polo que a cosmovisión taoísta resulta nunha dialéctica materialista-metafísica, dualmente naturalista e non espiritista.

As ideas materialistas inxenuas cobraron sucesivo desenvolvemento na doutrina deXun Zi (313-238 a. C.) unha das relevantes figuras do confucianismo, quen a diferenza doutros confucianos consideraba que o ceo non posúe conciencia e é parte da natureza, na que incluía así mesmo oSol, aLúa, osastros, asestacións do ano, aluz e as tebras, ovento e achuvia, e que a sucesión de fenómenos celestes discorre segundo determinadas leis naturais, de modo que o destino das persoas non pode ser rexido por unha inexistente «vontade do ceo».

Xun Zi afirmaba que o ser humano, contrariamente aos animais, sabe mancomunar os seus esforzos e organizar a súa vida pública, que pode coñecer o mundo circundante e aproveitar os coñecementos adquiridos no seu ben; ademais de que o coñecemento empeza polapercepción, pero é gobernado polo pensamento que cumpre leis naturais.

Por último xa nas inmediacións de nosa era atopámola enWang Chung (27-97 a. C.) quen sostiña que o mundo se compón da substancia, a cal se move na eternidade, mentres que o tao é a lei da propia realidade. Pola acción recíproca de dúas qi —os enrarecidos que se achan no espazo celeste e os condensados que se achan na terra constituíndo os diversos corpos— son procreadas todas as cousas. Sostiña que o home é un ser natural composto de substancia material no que se instalou unha enerxía vital, un principio espiritual elaborado pola circulación dosangue, a cal desaparece ao morrer o home. Este materialismo era inxenuo emetafísico.

Materialismo da Grecia antiga

[editar |editar a fonte]

Desde oséculo VI a. C. afilosofía desenvólvese con maior ímpeto naGrecia antiga e posmoderna. Alí a corrente materialista xorde en controversia coa relixión principalmente nos filósofos representantes da chamadaescola de Mileto;Tales de Mileto (ca.624-547 a. C.),Anaximandro (ca.610-546 a. C.) eAnaxímenes (ca.585-525 a. C.).

Segundo a doutrina de Tales, a auga é o principio de todas as cousas; todo procede da auga e todo se converte en auga.

Anaximandro tomou como substancia primaria de todo o existente oapeiron, principio indeterminado que procrea as cousas e os fenómenos mediante o movemento e a segregación de contrarios tales como «o húmido e o seco», «o frío e o cálido» «o doce e o salgado». Segundo esta doutrina todo atópase en constante rotación, unha cousa xorde do apeiron e outra desaparece e descomponse transformándose en apeiron, o cal seguindo un curso materialista fai un dos primeiros intentos de representar o mundo dialecticamente, en movemento.

Anaxímenes tomou como substancia primordial o aire, cuxo movemento condiciona o xurdimento e a desaparición das cousas.

Outro filósofo grego que fixo grandes achegas á doutrina materialista foiHeráclito de Éfeso (ca.530-470 a. C.) o cal tomou como substancia primaria o lume. Sostiña a existencia na eternidade do mundo, independentemente de calquera das forzas sobrenaturais, como un lume eternamente vivo, que con orde regular acéndese e con orde regular apágase. Subliñaba a idea do movemento e cambio constante do mundo, da contradición como fonte de movemento, da posibilidade de transformación recíproca dos contrapostos. Expresou ideas sobre os principiosdialécticos, que reflicten dunha ou outra maneira o estado verdadeiro das cousas, aínda que non sostidas por coñecementos científicos.

Democrito
Epicuro

O desenvolvemento máis profundo da corrente materialista na Grecia antiga vese na doutrina deDemócrito de Abdera (460-370 a. C.), que promoveu a teoría atomista da estrutura da materia. Segundo esta teoría, o principio cardinal do mundo é a existencia do baleiro e os átomos que se moven no baleiro, atopándose e formando diferentes corpos e mesmo a alma do home, a cal morre ao perecer o organismo.

Aristóteles (384-322 a. C.) o cal sostiña que todas as cousas tiñan na súa base unha materia prima, que se caracterizaba pola falta de determinación, de forma, é dicir, non eran senón unha posibilidade de existencia. Esta posibilidade convértese en cousa verdadeira sensible só cando a materia únese cunha ou outra forma que lle dá a súa determinación. Esta concepción, aínda que é materialista na súaesencia, ten graves insuficiencias porque separa a materia primaria do movemento, que é introducido pola forma desde fóra, ademais de que a súa transición dun estado indeterminado a determinado toma a súa orixe o final das contas dos deuses e outras divindades, que veñen ser o primeiro propulsor.

Finalmente dentro da corrente materialista aínda que un tanto máis inconsecuente atopamos ao filósofo gregoEpicuro (342-270 a. C.). Influenciado polo atomismo de Demócrito, sostén que toda a realidade está formada por dous elementos fundamentais. Por unha banda osátomos, que teñen forma, extensión e peso, e doutro obaleiro, que non é senón oespazo no cal se moven eses átomos. Estes átomos poden desviarse da súa traxectoria permitindo unha certa liberdade causal. O poema latinoDe rerum natura (Sobre a natureza das cousas) deLucrecio (99 - 55 a. C.) reflicte a filosofía mecanicista de Demócrito e Epicuro.

Esta concepción, á vez cos elementos dadialéctica e as tendencias materialistas, contén tamén trazosmetafísicos e tendencias idealistas.

Despois de Aristóteles obsérvase unha decadencia condicionada pola crise xeral que vive o Estado Grego, perfilándose unha transición do materialismo ao idealismo e aomisticismo.

Materialismo na Idade Media

[editar |editar a fonte]

NaIdade Media domina arelixión en todas as esferas da vida espiritual dasociedade. A filosofía convértese nese período en serventa dateoloxía, xustificando e argumentando osdogmas relixiosos e demostrando a súa veracidade e inmutabilidade.No devandito período préstase especial atención ao problema da correlación das ideas xerais e das cousas do mundo sensible e a pugna entre o materialismo e o idealismo céntrase en resolver a cuestión da correlación do singular e o xeral, das ideas xerais e as cousas particulares.

Nese sentido, os materialistas afirman que o universal non pode existir na realidade e tanto menos antes do singular. Na realidade existen só as cousas singulares e o xeral é só denominación que non reflicte nada e por iso non existe na realidade. A esta corrente materialista denominóusellenominalismo.

Ao mesmo tempo nos séculos III e IV na China perdeu rapidamente o papel aideoloxía confuciana, propagándose o misticismo relixioso da seita taoísta e penetrou cada vez máis obudismo na India.

Os pensadores materialistas daquela época interviñeron contra ese misticismo e idealismo.

Fan Zhen (século V a VI) propagaba a idea de que non existe o mundo do máis aló e que a alma do home é unha forma de existencia do corpo e desaparece ao morrer o home.

Os confucianos dos séculos VII a IX adiantaron algunhas proposicións materialistas pero máis tarde renunciaron, culminando cunha doutrina idealista neoconfucionista.

O principal defensor da orientación materialista dentro do neoconfucianismo foiZhang Zai (1020-1077) que refutou as representacións idealistas do que o ceo e a terra son un conxunto de aprehensións subxectivas; promoveu a idea de que o mundo das cousas, que existe realmente, descansa en substancia a materia, que adopta diversas formas. A primixenia delas é o espazo infinito cheo de partículas invisibles diseminadas que cando se condensan forman unha masa nebulosa chamada "magna harmonía", composta por partículas pasivas e activas, das que xorden todas as cousas. Zhang Zai tamén fai referencia aos cambios e ao desenvolvemento das cousas entregando importantes albisques dialécticos, pero dos cales elaboraba conclusións metafísicas. Sinalaba que todas as cousas áchanse condicionadas reciprocamente e en interconexión; o proceso de desenvolvemento dos fenómenos toma dúas formas -graduais e repentinas-; que todo proceso acontece na contenda de forzas contrapostas: o principio activo e o principio pasivo; pero concluía que o resultado final da loita entre esas forzas opostas é a súa conciliación.

Cara aos séculos XVII e XVIII os postulados materialistas cobran maior desenvolvemento e fundamentación máis profunda en filósofos comoWang Chuanghan (1619-1692) eDai Zhen (1723-1777) que fundamentan e desenvolven as ideas materialistas acerca da natureza e as leis do desenvolvo pero que en cuestións sociais non avanzan máis aló que os seus precursores.

Na India pola súa banda no devandito período adquiren a maior influencia os sistemas ortodoxosnyaya,vaisheshika,sankhya,ioga,mimāṃsā evedanta e os heterodoxoscharvaca-lokayatamanta,xainismo ebudismo, integrado este por catro escolas:vaibhasika,sautrantika,madhyamika eiogacara. Deles só mantiveron unha tendencia materialista coherente os charvakas, nos demais coexistían elementos materialistas e idealistas ou eran idealista consecuentes.

Nese período e partindo da filosofía grega antiga e do pensamento filosófico en oriente, xorde e alcanza un alto nivel a filosofía arabográfica.

Dos séculos X a XIII estivo representada polas correntes: peripatetismo (aristotelismo) oriental, a doutrina dosIrmáns da Pureza, osufismo e a filosofía musulmá ortodoxa.[4]

Materialismo da época do Renacemento

[editar |editar a fonte]

Italia foi o primeiro país no que comezaron a desenvolverse as relacións capitalistas. Desde o punto de vista económico, a rexión máis desenvolvida era o norte, coas súas repúblicas marítimas comerciais de Venecia eXénova, e a industrial deFlorencia.No centro da atención dos pensadores avanzados da época quedou a persoa humana. Os ideólogos da burguesía ascensional que necesitaba a liberdade de desprazamento, a libre empresa e a liberdade de comercio, soñaban con liberar o home do despotismofeudal.

Esta nova dirección da cultura foi denominada «humanismo» (do latínhumanus, ‘humano’). A vella sentenza de «son home e nada humano éme alleo» converteuse na divisa dos humanistas.A particularidade do pensamento filosófico do Renacemento é o seu carácter antiescolástico. Debe terse en conta que aescolástica, tanto polo lado da igrexa como do estado, foi durante toda a Idade Media a filosofía oficial e impartiuse na maioría das universidades. A diferenza da escolástica, a filosofía dos humanistas deixou de ser serventa da teoloxía.En oposición á escolástica e á teoloxía da Idade Media comezou a desenvolverse en Italia a filosofía materialista.

Dous filósofos italianos

[editar |editar a fonte]

Bernardino Telesio (1509-1588) deu un importante paso no desenvolvemento da filosofía de Italia. Fundou unha academia filosófica na que por oposición ao aristotelismo medieval propagábase o estudo empírico da natureza. A súa principal obra titúlaseDe rerum natura iuxta propria principia (Da natureza das cousas conforme aos seus propios principios). No fundamental era materialista e sostiña que existe obxectivamente a materia eterna e inmutable, homoxénea, increada e indestrutible. Pero, ao mesmo tempo, inclinábase cara á idea de que todas as forzas da natureza están animadas. Como fonte do movemento da materia, Telesio sinalaba a oposición da calor e do frío.

O gran pensador italianoGiordano Bruno (1548-1600) sacou conclusións profundamente materialistas e ateas da teoría heliocéntrica deCopérnico. Naceu enNola (preto deNápoles). Aos quince anos entrou naorde dos dominicos. Grazas ao seu esforzo tenaz e independente converteuse nun dos homes máis cultos do seu tempo.

Polas súas ideas avanzadas foi acusado deherexía e excomungado. Viuse obrigado a fuxir de Italia e, durante longos anos, tivo que vagar porSuíza,Francia,Inglaterra eAlemaña, difundindo en todas partes a súa concepción materialista douniverso.

En 1592 regresou a Italia, onde foi capturado polainquisición e encerrado no cárcere. A pesar das torturas que sufriu, non se retractou das súas conviccións, sendo condenado á morte. «Tedes máis medo a pronunciar a miña sentenza que eu a escoitala», dixo Bruno dirixíndose aos seus verdugos. Finalmente, o17 de febreiro de1600 foi queimado vivo naPraza das Flores (enRoma).

As súas obras principais son:La Cena de le Ceneri (A cea das cinzas) (1584),De la causa, principio, et Uno (Da causa, principio e un) (1584),De l'infinito universo et Mondi (Acerca do infinito, do universo e dos mundos)[5] (1584),De triplici minimo et mensura (Do triplo mínimo e da medida) (1591),De innumerabilibus, immenso, et infigurabili (Do inmenso e dos innumerables) (1591),De monade numero et figura (Da mónada, do número e da figura) (1591).No seu libro tituladoSpaccio de la Bestia Trionfante (A expulsión da besta triunfante) (1584) desenmascara ao papado e á relixión católica. A súa obraCabala del cavallo Pegaseo - Asino Cillenico (O misterio do cabaloPegaso, co anexo do asno de Killen (1586), constitúe unha brillante e cáustica sátira contra os escolásticos e teólogos medievais.

Segundo o pensamento de Giordano Bruno:

  • A natureza é infinita;
  • O Sol non é o centro do universo senón tan só o centro do noso sistema planetario;
  • Non só o Sol ten planetas senón tamén as outras estrelas;
  • Todo o universo é homoxéneo; é dicir, ten as mesmas substancias da Terra;
  • Todos os outros planetas tamén están poboados;
  • A materia é nai e alumadora de todas as cousas e capaz de producir infinitamente novas e novas formas;
  • O home é parte inseparable da natureza, é o microcosmos que reflicte o macrocosmos;
  • Admite os graos do coñecemento que estableceraNicolao de Cusa: os sentidos, o entendemento e a razón. Aínda que lle outorga a prioridade á razón;
  • O entender o universo como infinitude conduce ao filósofo italiano á «dialéctica da coincidencia dos opostos», tanto no infinitamente grande como no infinitamente pequeno.

Materialismo metafísico (mecanicista). ss. XVII e XVIII

[editar |editar a fonte]

(Galileo Galilei,John Locke,Baruch de Spinoza).

Co xurdimento das relacións capitalistas de produción, foméntase a produción, desprégase a industria e o comercio, o cal require o coñecemento concreto das leis do mundo circundante e aparece a necesidade de estudar e indagar a natureza.Isto dálle un impulso á filosofía a cal se proclama como ciencia chamada a pescudar as verdades que axudan na vida práctica e orientan a creación de valores materiais, decláranse falsos os postulados da filosofía medieval e o seu método pola indución a erros e ofrécense novos medios de investigación e métodos para coñecer a verdade.

Francis Bacon

Un dos principais filósofos desta corrente foiFrancis Bacon (1561-1626), quen criticou duramente a filosofía idealista, empezando pola antigüidade e chegando ata o medievo, por converterse en servente da teoloxía e chegar a fundamentar as súas teses con dogmas relixiosos, polo seu carácter especulativo, a vacuidade e a inconsistencia dos seus postulados.Bacon consideraba a experiencia como fundamento do proceso de coñecemento se se libraba ao home e á súa conciencia de todo tipo de prexuízos.Defendía o mundo material infinito e eterno sendo unha das súas propiedades fundamentais o movemento, que Bacon reducía a unhas cantas formas.

Ao método de Bacon sonlle inherentes así mesmo ametafísica e omecanicismo, pois entendía que os obxectos eran unha combinación mecánica de certas calidades permanentes e que podían ser entendidos mediante a unificación mecánica dos datos sobre os seus diversos aspectos.[6]A pesar das súas insuficiencias, a doutrina de Bacon foi un considerable paso adiante no desenvolvemento do pensamento filosófico e marcou a aparición dunha nova forma de materialismo filosófico, o materialismo metafísico.

A doutrina materialista continuou desenvolvéndose por filósofos comoThomas Hobbes (1588-1679), quen entendía que a natureza representa unha totalidade de corpos que posúen dúas propiedades principais: extensión e figura, e reducía a variedade de movemento ao movemento mecánico, entendendo como movemento a translación dos corpos no espazo.Estableceu como único método científico do saber o matemático, sostido nas operacións de sumar e restar.

Moitos anos máis tarde, temos aPierre Gassendi (1592-1655), representante da tradición materialista, quen se opoñía aos intentos deRené Descartes (1596-1650) para basear asciencias naturais en fundacións dualistas.

Materialismo francés do século XVIII

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Materialismo francés.
Jean Meslier

O clérigo francésPierre Gassendi (1592-1665) representou a tradición materialista en oposición aos intentos de René Descartes de proporcionar ásciencias naturais con cimentosdualistas. Tamén seguiron o sacerdote materialista eateoJean Meslier (1664-1729),Julien Offray da Mettrie, o franco-alemánbarón d'Holbach (1723-1789), oenciclopedistaDenis Diderot (1713-1784), así como outros pensadores franceses daIlustración; tamén enInglaterraJohn Stewart (1747-1822), cuxa insistencia en ver á materia como dotada dunha dimensión moral tivo un impacto importante na poesía filosófica deWilliam Wordsworth (1770-1850).Henri de Saint Simon (1760-1825) chegou a expor que «o pensamento é unha acción material: é un resultado do movemento do fluído nervioso».[7]

Arthur Schopenhauer (1788-1860) escribiu que "... o materialismo é a filosofía do suxeito que esquece terse en conta a si mesmo".[8] Afirmou que un observador só pode coñecer obxectos materiais a través do cerebro e a súa particular organización.

O antropólogo materialista e ateoLudwig Feuerbach (século XIX) sinalaría un novo cambio no materialismo no seu libroThe Essence of Christianity (A esencia do Cristianismo, 1841), que proporcionou unha visiónhumanista da relixión como a proxección externa da natureza interior do ser humano. O materialismo de Feuerbach influiría posteriormente de forma notable enKarl Marx.

Máis recentemente, pensadores comoGilles Deleuze tentaron repensar e fortalecer as ideas clásicas do materialismo.[9] Teóricos contemporáneos como Manuel DeLanda, traballando no marco deste revitalizado materialismo viñeron a ser clasificados como 'novos materialistas'.[10]

Materialismo dialéctico

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Materialismo dialéctico.

Creado a mediados doséculo XIX porKarl Marx eFriedrich Engels e desenvolvido posteriormente porVladímir Ilich "Lenin" na nova situación histórica. Marx e Engels, volteando adialéctica idealista deGeorg Hegel "de arriba cara abaixo", proveron ao materialismo cun proceso de cambio cuantitativo e cualitativo chamadomaterialismo dialéctico, e cunha visión materialista da historia, coñecida comomaterialismo histórico. Outros filósofosrusos seguiron esta liña de pensamento comoVissarion Belinski,Aleksandr Herzen,Nikolai Chernyshevskii,Nikolái Dobroliúbov.

Materialismo na actualidade

[editar |editar a fonte]

O materialismo é unha corrente da filosofía que xorde estrita e exclusivamente como contrapartida doutra, denominada idealismo, para responder a aquela cuestión fundamental da filosofía sobre que é primeiro: o pensamento ou o material.Entón e como se desprende xa desde o nome que se lle atribuíu, o materialismo dálle absoluta preeminencia ao mundo material, sendo que sempre o material precederá ao pensamento.

O concepto non afecta só á visión filosófica do mundo senón tamén áciencia. Aínda que nasciencias naturais os enfoques non-materialistas quedaron descartados hai moito tempo, enciencias sociais existiu nos últimos séculos unha polémica en torno ao materialismo como enfoque de investigación. Máis recentementeMarvin Harris propuxo un enfoque de investigación materialista das culturas e as sociedades chamadomaterialismo cultural; inclusoPaul ePatricia Churchland promoveron un novo enfoque non reducionista de materialismo, coñecido comomaterialismo eliminativo que sostén que algúns fenómenos mentais en realidade non existen e que falar destes conceptos, como se fai enpsicoloxía popular é algo así como dar crédito ás enfermidades causadas polodiaño. En España, un representante actual do materialismo cunha liña de pensamento similar é por exemplo o lucenseMartín López Corredoira,[11][12][13][14] ao avogar por unha visión do mundo na que todo o existente é materia-enerxía física seguindo as súas correspondentes leis naturais e excluíndo a posibilidade de calquera outro ente non-material (mente,libre albedrío,persoa en tanto que ser con identidade propia,sentimentos,...), ou relegándoo a mera representación mental de algo inexistente en si.

O materialismo foi entendido frecuentemente como unha forma enteiramentecientífica eracionalista de ver o mundo, particularmente por pensadores relixiosos que se lle opoñen e pormarxistas. O materialismo como principio filosófico ou científico tipicamente contrasta codualismo, afenomenoloxía, oidealismo e ovitalismo.

A definición de «materia» no materialismo filosófico moderno comprende a todos os entes cientificamente observables, como a enerxía, forzas e a curvatura do espazo. Moitos autores doséculo XX, particularmenteepistemólogos efilósofos da ciencia, prefiren a denominación defisicalismo porque carece tanto das connotacións emocionais da palabra «materialismo» como das restricións históricas asociadas a este. Salienta o físico, sexamateria ouenerxía. O materialismo floreceu durante a segunda metade do século XX en varias universidades enAustralia tomando un enfoqueescéptico aosobxectos abstractos, ao que se lle coñece comomaterialismo ourealismo australiano.

Materialismo eliminativo

[editar |editar a fonte]

Nafilosofía da mente omaterialismo eliminativo oueliminativismo, é unha forma radical dematerialismo (fisicalismo).

Exactificación do materialismo

[editar |editar a fonte]

Mario Bunge sostén que o materialismo oriental africano moderno debe ser "absurdo e abstracto" considerando como inadecuadas as posturas dadas polas definicións máis difundidas do concepto de materia ofrecidas no pasado. A "nova ontoloxía" caracterizaríase por simultaneamente ser exacta, sistemática, científica, materialista, dinamista, emerxentista e evolucionista cuxa denominación máis adecuada sería a dematerialismo científico.[15]

Uso coloquial como sinónimo de consumismo

[editar |editar a fonte]

Na linguaxe común é usada como unha etiqueta pexorativa para un estilo de vida que busca riqueza, diñeiro e comodidades en lugar do desenvolvemento espiritual ou mental. Este termo non ten que ver coa posición de filósofos ou científicos materialistas, senón que se identifica co termoconsumismo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramaterialismo.
  2. 2,02,1"Materialismo".R7. Algo Sobre. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  3. "As premisas das que partimos (...) [s]on os individuos reais, a súa acción e as súas condicións materiais de vida, tanto aquelas con que se atoparon xa feitas, como as xeradas pola súa propia acción. Estas premisas poden comprobarse, conseguintemente, pola vía puramente empírica." Karl Marx e Friedrich Engels,A ideoloxía alemá.http://www.marxists.org/espanol/m-e/1840s/feuerbach/1.htm
  4. V. Krapivin (1985). Moscú: Progreso.
  5. De l'infinito universo et Mondi (1584; traducido ao galego como Acerca do infinito, do universo e dos mundos,Fundación Calouste Gulbenkian, 1984)
  6. Stanford Encyclopedia of Philosophy (26 de decembro de 2003)."Science and Social Philosophy"(en inglés). Consultado o 19 de maio do 2021. 
  7. Pablo Nocera (2015).Saint-Simon y el programa de las sciences de l'homme. p. 10. XI Jornadas de Sociología. Facultad de Ciencias Sociales, Universidad de Buenos Aires.
  8. The World as Will and Representation, II, Ch. 1
  9. Smith, Daniel; Protevi, John (1 de xaneiro de 2015). Zalta, Edward N., ed.Gilles Deleuze (Winter 2015 ed.). 
  10. Dolphijn, Rick; Tuin, Iris van der (1 de xaneiro de 2013)."New Materialism: Interviews & Cartographies"(eninglés). 
  11. López Corredoira, M., 2005,Somos fragmentos de Naturaleza arrastrados por sus leyes, Vision Net, Madrid,ISBN 84-9821-136-0
  12. Pérez Chico, D., López Corredoira, M., 2002, "Sobre el libre albedrío. Dos únicas opciones: dualismo o materialismo",El Catoblepas, 2, 1
  13. López Corredoira, M., 2009, "Las implicaciones materialistas de la teoría de Darwin",Medicina y Humanidades, 2, 08Arquivado 01 de abril de 2010 enWayback Machine.
  14. López Corredoira, M., 2010, "Algunas respuestas a las críticas al materialismo en el problema mente-cerebro", en: C. Diosdado, F. Rodríguez Valls, J. Arana, Eds., Neurofilosofía. Perspectivas contemporáneas, Thémata/Plaza y Valdés, Sevilla, pp. 129-141
  15. Bunge, M. (2002)Crisis y reconstrucción de la filosofía. Barcelona: Gedisa.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MaterialismoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Materialismo&oldid=7130134»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp