Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Matacandil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matacandil
Clasificación científica
Reino:Fungi
División:Basidiomycota
Clase:Agaricomycetes
Orde:Agaricales
Familia:Agaricaceae
Xénero:Coprinus
Especie:C. comatus
Nome binomial
Coprinus comatus
(O.F.Müll.)Pers. (1797)
Sinonimia[1]
  • Agaricus cylindricusSchaeff. (1774)
  • Agaricus comatusO.F.Müll. (1780)
  • Agaricus vaillantiiJ.F.Gmel. (1792)

Omatacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido comobarbuda, é uncogomelo da orde dosAgaricales.

Descrición

[editar |editar a fonte]

O sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. Aslamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras.

O é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.

Asesporas son de cor verde.

Hábitat e época

[editar |editar a fonte]

Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono.

Comestibilidade

[editar |editar a fonte]

Considérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Matacandil

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Asociación Micológica Zamorana, 2005:Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.(encastelán)
  • Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004:Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega.ISBN 84-282-1089-6.(encastelán)

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
  1. "Coprinus comatus (O.F. Müll.) Pers. 1797".MycoBank. International Mycological Association. Consultado o2012-03-03. 
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Matacandil&oldid=4475820»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp