Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Masturbación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amasturbación[1] é a estimulación dosórganos xenitais e daszonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, oorgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de naturezaerótica[2]. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre namasturbación mutua. A masturbación adoita realizarse coas mans, ou mediante o frotamento contra algún obxecto. Tamén é común o uso dexoguetes sexuais para obter este tipo deexcitación.

Orixe do termo

[editar |editar a fonte]

A masturbación recibe tamén outros nomes:onanismo, autoerotismo, ipsación,... que son usados popularmente en maior e menor medida. A palabra masturbación era utilizada xa porMarcial, un poeta satírico hispano-romano doséculo I da era cristiá. É unha palabra composta que provén daslatinasmanu (man) estupro (ensuciar)[3].

Historia

[editar |editar a fonte]
Egon Schiele,Selbstbefriedigung (1911).
Corsé contra o onanismo (c. 1815).

Os antigosexipcios crían que o deusRa creou a primeira parella, Shu e Tefnut, masturbándose. Os autoresxudeus consideraban que a masturbación era un delito que debía ser castigado coapena capital. No libro do Pentateuco fálase deOnán, segundo fillo deXudá. Tras a morte do seu irmán máis vello,Er, viuse na obrigación de darlle descendencia na súa viúva,Tamar, para que esta non quedase desamparada. En aplicación da lei dolevirato, as viúvas sen fillos devolvíanse á súa familia, polo que Onán preferiu non dar descendencia ó seu irmán para quedar con toda a herdanza do pai. A historia do castigo divino a Onán foi empregada posteriormente pola Igrexa Católica para xustificar a condena moral da masturbación como acto ofensivo a Deus. Os pais da igrexa vían na masturbación trazos diabólicos[3].

NoNovo TestamentoXesús Cristo non fixo ningunha referencia á masturbación. TampoucoPaulo de Tarso, a pesar de que aimpureza da que fala nas epístolas ósGálatas, ósCorintios e ósEfesios foi interpretada en séculos posteriores como unha referencia á masturbación.Cirilo de Alexandría tratou a masturbación como cuestión moral. Máis adianteTomé de Aquino, na súaSuma Teolóxica, valorou a masturbación como un pecadocontra natura, máis grave que oadulterio ou aviolación[4][5].

A partir de comezos doséculo XVIII comezou a publicarse unha longa serie delibros que describían os perniciosos efectos que supostamente exercía a masturbación sobre a saúde física e mental do que a practicaba.Onania, or the heinous sin of self-pollution and all its frightful consequences in bothe sexes ("A onanía, ou o pecado nefando da masturbación e todas as súas aterradoras consecuencias en ambos sexos") foi o primeiro destes tratados. SeguiulleL'onanisme, de Tissot (1760), na que defendía que a masturbación provoca alteracións na coloración da pel, desecamento, enfraquecemento, histeria, mareos, cobiza, desfiguración do rostro, esgotamento, dores e morte. Autores posteriores atribúenlle á masturbación frixidez, impotencia, doenzas mentais e epilepsia[3].

Xa no século XIX, en1835 o libroThe student's manual ("O manual do estudante"), do reverendoJohn Todd, ministro congregacional enMassachusetts, que recomendaba a lectura, o exercicio e as duchas frías para evitar caer no pecado. Segundo Todd, a masturbación debilitaba amemoria, extenuaba amente e arruinaba aalma. Chegaron a publicarse 24 edicións do libro e a venderse 100.000 exemplares enEuropa.

No mesmoséculo XIX os especialistas ennutrición idearon dietas específicas para combater a masturbación.Sylvester Graham defendía que unha dieta con moitafibra axudaba a combater ovicio e a este fin creou asGraham Crakers, que aínda hoxe son populares nosEstados Unidos. Co mesmo obxectivoJohn Harvey Kellog perfeccionou o cerealGranola, fundando oimperio Kellog. No seu libroThe home book of the modern medicine: a family guide to health and disease ("O libro do fogar da medicina moderna: guía familiar para a saúde e a enfermidade") recomendaba practicar acircuncisión na infancia como remedio para a masturbación, a poder ser senanestesia, para que o cativo conservase a lembranza dador sufrida, interpretándoa comocastigo[4]. Na mesma época, e no eido da medicina, recomendábase ás mulleres evitar bañarse para non correren o risco demasturbación accidental. Igualmente recomendábase ós pais que atasen ós seus fillos adolescentes á cama ou empregasen algún tipo de trebello que lles impedise masturbarse posto que, segundo dicían, a masturbación provocaba gran número de males, dende a debilidade física ata o retardo mental[6].

Na mesma época comezan a aparecer autores illados que consideran que, posto que a masturbación é unha práctica moi frecuente, non é posible pensar que é daniña. Ó comezo algúns falan do menoscabo producido pola masturbaciónexcesiva, e ata o propioSigmund Freud, nos seus primeiros traballos, opina que asneuroses non nacen de feridas psíquicas na infancia, senón de prácticas sexuais insás, como a masturbación ou ocoitus interruptus[4].

A mediados doséculo XX o doutorAlfred Charles Kinsey publicou o coñecido comoInforme Kinsey. Neste informe expoñía a súa estimación de que polo menos un 92% dos homes e un 58% das mulleres se masturbaran ata chegar ó orgasmo nalgún momento da súa vida. Hoxe sábese que enGran Bretaña a masturbación mutua é a forma de relación sexual máis frecuentemente practicada despois docoito vaxinalheterosexual[4].

Perspectiva científica

[editar |editar a fonte]
Édouard-Henri Avril, gravado deDe Figuris Veneris.
Masturbación masculina.

Punto de vista psicolóxico

[editar |editar a fonte]

Dende un punto de vista psicolóxico distínguense varios tipos de masturbación[2]:

  • Masturbaciónpsíquica: aquela na que é suficiente a fantasía, sen necesidade de estimulación dos xenitais.
  • Masturbaciónsimbólica: aquela na que se verifica un desprazamento cara a obxectos substitutivos, como retorcerse oscabelos, tirar dos lóbulos dasorellas ou outros semellantes.
  • Masturbaciónobrigada: aquela que se repite de forma obsesiva, sen fantasías eróticas e mesmo sen obtención de pracer.
  • Masturbacióninfantil: aquela que constitúe unha simple vía de desafogo da tensión instintiva.
  • Masturbaciónadolescente: aquela que se practica con ocasión da maduración definitiva dos órganos xenitais.

Existe unha relación directa entre as disfuncións sexuais na idade adulta e o crecemento nun medio sociofamiliar que reprime e culpabiliza a masturbación. Ó ser este o primeiro modo de coñecemento da sexualidade do individuo, a represión e a culpabilización crean unha asociación condicionada entre a sexualidade e a ansiedade e o sufrimento[7].

A masturbación é empregada dentro de terapias psicolóxicas para combater aexaculación precoz nos homes e aanorgasmia nas mulleres, entre outras patoloxías. Neste contexto, a masturbación é un vehículo que permite o autocoñecemento da propia sexualidade e a liberación de tabús creados por unha contorna represiva. Dentro destas terapias explóranse as cognicións negativas e préstase atención á optimización da experiencia sexual positiva[8].

É significativa a elevada porcentaxe de persoas que perciben a masturbación como algo moralmente negativo entre a poboación adolescente. Hernández Martínez atopa que un 51% dos rapaces e un 34% das rapazas se senten satisfeitos despois de masturbarse, pero o 17 e 13% respectivamente séntense descontentos e o 13 e 21% séntense culpables. O preguntarlles ós entrevistados se cren que a masturbación afecta á súa saúde, o 17% dos rapaces e o 5% das rapazas responderon que provoca doenzas somáticas e o 12 e 11% respectivamente que provoca doenzas psíquicas[9].

Punto de vista somático

[editar |editar a fonte]

O 16 de xullo de 2003 un equipo de investigaciónaustraliano, dirixido porGraham Giles deThe Cancer Council, publicou un estudo médico e concluíu que a masturbación frecuente nos homes pode axudar a previr o desenvolvemento docancro de próstata, e que pode ser máis efectivo que a exaculación mediante ocoito, porque non hai risco de contraer enfermidades de transmisión sexual, que incrementarían o risco de cancro. O informe, publicado pola revista "New Scientist", asegura que os homes que exaculan máis de cinco veces á semana entre os 20 e 30 anos son un 30% menos propensos a desenvolver un cancro de próstata.

Incidencia

[editar |editar a fonte]
Michel Fingesten, 1923: Variacións sobre o tema do amor (masturbación feminina)
Gustav Klimt,Muller sentada de coxas abertas (1913).
Olería grega,Século VI a.C..

Practicamente toda a poboación sa se masturba desde idades temperás ata o final da súa vida. A masturbación é a primeira e máis natural forma de obter pracer sexual, a práctica máis continua e común a todas as culturas, ó longo de toda a historia da humanidade, en todas as idades e en ambos sexos[7]. Viuse con ecografías a fetos de ambos os sexos masturbándose no útero materno[10].

Por xénero

[editar |editar a fonte]

Está moi estendida a idea de que os homes se masturban con maior frecuencia que as mulleres. Porén, o certo é que asenquisas sobre prácticas sexuais adoitan sufrir desviacións nas respostas, por motivos de corrección social[1].

Ademais do antedito Alfred Kinsey, outros autores analizaron as porcentaxes de poboación que practican habitualmente a masturbación. Así, Hass dá unhas cifras algo máis equilibradas que as de Kinsey: o 75% dos rapaces e 52 % das rapazas entre 15 e 16 anos mastúrbanse, e o 80% dos rapaces e o 59% das rapazas entre 17 e 18 anos. EnEspaña García proporciona outras cifras: o 94% dos homes e 50% das mulleres de todas as idades. Gutiérrez Calvo, no seu estudo entre a poboaciónuniversitaria, sinala que o 13,,6% das mulleres comezan a masturbarse antes dapuberdade, e o 45% naadolescencia. Hernández Martínez, no seu estudo sobre os adolescentes darexión de Murcia, refire que o 95% dos rapaces e o 49% das rapazas se masturbou algunha vez. De entre aqueles que practican a masturbación, o 22% dos rapaces e o 32% das rapazas comezou a facelo antes dos 10 anos de idade, sendo a idade máis frecuente entre os 13 e os 14 anos para ambos sexos[9].

No relativo á frecuencia coa que se practica a masturbación, Kinsey daba a cifra de 2,4 veces por semana para os homes. Gutiérrez Calvo atopa que un 85% das rapazas se masturba esporadicamente, mentres que o 21% dos rapaces se masturba frecuentemente e o 8% habitualmente. Hass dá unhas cifras similares ás de Hernández Martínez, isto é, o 26% dos rapaces mastúrbanse dúas ou tres veces porsemana, cifras que chegan a un 50% dos rapaces e un 82% das rapazas para unha masturbación esporádica[9].

Por situación sexoafectiva

[editar |editar a fonte]

Tanto homes como mulleres continúan masturbándose despois de establecer relacións de parella. Incluso aínda que tales relacións sexan satisfactorias, o 75% dos homes e o 75%-91% das mulleres emparelladas continúan facéndoo. mentres a frecuencia coa que os homes emparellados acoden á masturbación diminúe desde o momento en que comezan a ter relacións sexuais e segue descendendo co paso do tempo, nas mulleres a frecuencia mantense igual ou aumenta na maioría dos casos, sobre todo entre as que son máis novas.[1].

Por idade

[editar |editar a fonte]

Está moi estendida a idea de que a masturbación é unha práctica propia da adolescencia. Trátase dunha idea equivocada. Corby e Solnick (1980) comunican os datos dun estudo danés que revelaba que a masturbación era practicada por un 43% entre os 70 e os 75 anos de idade, e por un 21% entre os 90 e os 95. Weizman e Hart (1987) falan dun 41% entre os 60 e os 71 anos. Christenson e Gagnon (1965), por último, sitúan a incidencia nun 25% entre as mulleres casadas de 65 anos e nun 0% entre as de 70 anos, e no 33% das mulleres de 65 anos e o 25% das de 70 casadas con anterioridade. Hai que salientar que se observou que as persoas maiores son máis reticentes que as máis novas a falar das súas prácticas sexuais, en especial sobre a masturbación, debido ás fortes connotacións negativas que esta práctica tivo na súa educación. Observáronse tamén notables diferenzas entre os resultados das enquisas realizadas a persoas maiores que residen nas súas casas e as que residen en institucións xeriátricas[11].

Implicacións éticas

[editar |editar a fonte]
Onanista (1830).
Acuarela erótica (1840).

Perspectiva relixiosa

[editar |editar a fonte]

A Igrexa Católica condena a práctica da masturbación por consideralo un acto intrinsecamente desordenado. Toda práctica sexual que non teña como finalidade a procreación é pecaminosa, na visión católica. Concretamente, entre os pecados gravemente contrarios á castidade cóntanse a masturbación, a fornicación, a pornografía, a prostitución, o estupro e as prácticas homosexuais, pois son expresión do vicio da luxuria. O catecismo católico é claro nesta condena:

Por masturbación ha de entenderse a excitación voluntaria dos órganos xenitais a fin de obter un pracer venéreo. Tanto o Maxisterio da Igrexa, de acordo cunha tradición constante, como o sentido moral dos fieis, afirmaron sen ningunha dúbida que a masturbación é un acto intrínseca e gravemente desordenado. O uso deliberado da facultade sexual fóra das relacións conxugais normais contradí a súa finalidade, sexa cal for o motivo que o determine. Así, o goce sexual é buscado aquí á marxe da relación sexual requirida pola orde moral; aquela relación que realiza o sentido íntegro da mutua entrega e da procreación humana no contexto dun amor verdadeiro.
Igrexa Católica, Catecismo.[12]

Esta doutrina queda de manifesto nos datos que ofrece Hernández Martínez para a poboación adolescente murciana. De entre os escolares que se declaran indiferentes ante a relixión, un 74% mastúrbanse e un 24% non. Pero de entre os que se declaran católicos non practicantes esas cifran cambian a uns respectivos 60 e 36%, que ascenden a 33 e 65% entre os católicos practicantes, practicamente as mesmas que para os que se consideran moi bos católicos (33 e 67%). Os crentes noutras relixións non responderon á enquisa[9].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Ramos, Jesús (2002),Un encuentro con el Placer. La Masturbación Femenina, Madrid: Espasa-Calpe.ISBN 84-670-0279-4
  2. 2,02,1GALLIMBERTI, U.Diccionario de psicología.Siglo XXI.ISBN 968-23-2618-4. (encastelán)
  3. 3,03,13,2RATTNER, J. (2002).Psicología y Psicopatología de la vida amorosa: Una introducción a la psicología profunda de la sexualidad y el amor en sus manifestaciones sanas y enfermas.Siglo XXI.ISBN 968-23-1689-8. (encastelán)
  4. 4,04,14,24,3POTTS, M.; SHORT, R. (2002).Historia de la sexualidad: Desde Adán y Eva.Ediciones AKAL.ISBN 84-8323-205-7. (encastelán)
  5. ANTEQUERA, L. (2007).El cristianismo desvelado: respuestas a las 103 preguntas más frecuentes sobre el cristianismo.EDAF.ISBN 84-414-1938-8. (encastelán)
  6. MARGULIS, L.; SAGAN, D. (1992).Danza misteriosa.Editorial Kairós.ISBN 84-7245-254-9. (encastelán)
  7. 7,07,1CALVO ARTÉS, M. (1987).Trampas y claves sexuales.Icaria Editorial.ISBN 84-7426-132-5. (encastelán)
  8. CABALLO, V.E. (2002).Manual para el tratamiento cognitivo-conductual de los trastornos psicológicos: Trastornos por ansiedad, sexuales, afectivos y psicóticos.Siglo XXI de España Editores.ISBN 84-323-0943-5. (encastelán)
  9. 9,09,19,29,3HERNÁNDEZ MARTÍNEZ, J. (1985).Conducta sexual del adolescente murciano.Editora Regional de Murcia.ISBN 84-7564-017-6. (encastelán)
  10. Meizner I., Sonographic observation of in utero fetal "masturbation", Journal of Ultrasound in Medicine, 1987
  11. JACOBY, R.; OPPENHEIMER, C. (2005).Psiquiatría en el anciano.Elsevier España.ISBN 84-458-1273-4. (encastelán)
  12. www.vatican.va (ed.)."Catecismo de la Iglesia Católica". Consultado o 13/02/2011. (encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Masturbación

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Orientación e identidade
Prácticas sexuais
Aspectos fisiolóxicos
Relacións e sociedade
Industria do sexo
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Masturbación&oldid=6722037»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp