Omasacre de Sabra e Shatila tivo lugar entre o16 e o17 de setembro de1982, cando miliciasfalanxistas libanesas (cristiás) atacaron estes douscampos de refuxiados, matando entre 460 (estimación policía libanesa) e 800 (estimación doMossad) civís palestinos e libaneses.
Israel, sabendo que ata 200 milicianos armados de grupos próximos áOLP agocháranse nos campos, deixou entrar ás milicias libanesas para os eliminar e finalmente cometeron o masacre. Os crimes foron cometidos en resposta ó atentado que acabara coa vida do presidente libanésBashir Gemayel e 25 dos seus seguidores cristiáns.
AComisión Kahan de Investigacións (israelí), atopou ó estado de Israel culpable indirecto polos masacres. Tralas deliberacións, o xefe do exército Raful Eitan foi inhabilitado e o ministro de defensa,Ariel Sharon, dimitiu.
En Israel, múltiples manifestacións pedían un endurecemento da sentenza e máis responsables, ata 300.000 chegaron a manifestarse en todo o país. Nos países árabes non houbo manifestacións. No resto do mundo, as manifestacións contra Israel multiplicáronse. Ese mesmo ano acabaría aguerra civil libanesa coa ocupación do sur do país por Israel. A ocupación remataría no2000.