Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Martin Scorsese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Scorsese
Biografía
Nacemento(en)Martin Charles ScorseseEditar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1942Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Queens (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Isabelle AdjaniDavid Cronenberg →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoÍtalo-americanos(pt)Traducir eSicilian Americans(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo
EducaciónEscola de Artes Tisch da Universidade de Nova York
Cardinal Hayes High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura160 cmEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor, realizador, escritor, historiador do cinema, produtor de televisión, director de televisión, montador, actor de cinema, actor de dobraxe, produtor de cinema, guionista, produtorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1962Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Nova YorkEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCinema dramático,filme sobre crime,filme de suspense,filme de acción,gangster film(en)Traducir,cinema de suspense psicolóxico,Neo-noir,filme de fantasía,filme épico(pt)Traducir,filme biográfico,Western,filme de misterio,documental,filme de deportes,cinema de aventuras,cinema de comedia,filme histórico,cinema de drama histórico,cinema bélico,Cinema negro,comedy horror film(en)Traducir,cinema de terror psicolóxico,cinema de terror,crime drama film(en)Traducir,crime thriller film(en)Traducir,cinema de asaltos ecomedia dramáticaEditar o valor en Wikidata
MovementoNovo HollywoodEditar o valor en Wikidata
ProfesoresHaig P. Manoogian(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Compañeiro profesionalRobert De Niro:Martin Scorsese and Robert De Niro(en)Traducir
Leonardo DiCaprio:Martin Scorsese and Leonardo DiCaprio(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHelen Schermerhorn Morris(1999–)
Barbara De Fina(1985–1991)
Isabella Rossellini(1979–1982)
Julia Cameron(1976–1977)
Laraine Marie Brennan(1965–1971)Editar o valor en Wikidata
FillosCathy Scorsese
 ()Laraine Marie Brennan
Domenica Cameron-Scorsese
 ()Julia Cameron
Francesca Scorsese
 ()Helen Schermerhorn MorrisEditar o valor en Wikidata
PaisCharles ScorseseEditar o valor en Wikidata  e Catherine ScorseseEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
NFF ArchiefEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000217Allocine: 852Rottentomatoes: celebrity/martin_scorseseAllmovie: p110533108079TV.com: people/martin-scorseseIBDB: 16103
Facebook: scorseseInstagram: martinscorsese_BNE: XX965910Musicbrainz: 7962d3cd-83e7-46ea-8352-531a65cf2d29Discogs: 429640Allmusic: mn0000337680WikiTree: Scorsese-1Find a Grave: 8013Editar o valor en Wikidata


Martin Marcantonio Luciano Scorsese, nado enNova York o17 de novembro de1942, é undirector,guionista eprodutor de cineestadounidense, gañador dunPremio da Academia, tresGlobos de Ouro, dousBAFTA, e doDirectors Guild of America, ademais de ser un dos fundadores deWorld Cinema Foundation.

As obras de Scorsese abordan principalmente os temas da vidaítalo-estadounidense, e os conceptos de culpa e redencióncatólicos romanos,[1] omachismo, e a violencia da sociedade estadounidense. Scorsese é amplamente considerado como un dos directores máis influentes da súa xeración.[2] Gañou un MFA pola súa obra como director de cine outorgado pola prestixiosa Escola de Cine de NYU, así coma o Premio da Academia comomellor director pola súa películaInfiltrados, a cal tamén gañou o demellor película na edición79ª edición dos Premios da Academia celebrados en2007.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Orixinalmente, Scorsese planeaba ordenarse como sacerdote, o que se nota en moitas das súas películas que reflicten unha crianza católica. Foi atraído cara ó cine a idade temperá, e admite estar "obsesionado" coas películas; obsesión que se aprecia no documental de1995A Personal Journey with Martin Scorsese Through American Movies (Unha viaxe persoal con Martin Scorsese a través das películas de Estados Unidos). Sendo un neno enfermizo, pasaba moito tempo en recuperación na casa, observando o que ocorría na rúa, desde a súa fiestra. Gran parte da súa infancia pasouna nos cines, o cal contribuíu á súa determinación en ser cineasta.

Carreira

[editar |editar a fonte]

Décadas de 1960 e 1970

[editar |editar a fonte]

Martin Scorsese pertencía a unha familia da clase traballadora; o seu pai era pasador de pantalóns. Os seus pais foron o tema do seu documentalItalianamerican, e tiveron numerosas aparicións nas películas do seu fillo como actores secundarios.

Durante varios anos, a súa nai traballou como a provedora oficial de comida en todas as producións de Scorsese, mentres o seu pai traballaba no departamento de vestiario. Na películaUn dos nosos (Goodfellas), Scorsese dixo que ninguén pasaba o ferro como o seu pai.

Scorsese asistiu áUniversidade de Nova York, obtendo unha licenciatura na escola de cine en1964, e unha mestría na mesma disciplina en1966. Realizou a súa primeira longametraxe (Who´s knocking at my door?,1969) co seu compañeiro de estudosHarvey Keitel, e a partir de entón formou parte da "banda" de cineastas dadécada de 1970:Francis Ford Coppola,Brian De Palma,George Lucas eSteven Spielberg. De Palma foi quen lle presentou aRobert De Niro, o cal resultou nunha próxima amizade que os levou a compartir moitos proxectos. Neste período Scorsese tamén traballou como editor da películaWoodstock.

En1972, Scorsese dirixiuBoxcar Bertha por encargo do produtor de películas de serie BRoger Corman, quen axudara a moitos directores a comezar as súas carreiras, entre outrosFrancis Ford Coppola,James Cameron eJohn Sayles. ConBertha, Scorsese aprendeu a facer filmes rapidamente e de forma económica, o cal o preparou para a súa primeira película con De Niro,Quérote, Nova Iorque. A película resultou un éxito que lanzou a Scorsese e De Niro á fama. Entón, a actrizEllen Burstyn escolleu a Scorsese para dirixila na películaAlicia xa non vive aquí, de1974. Burstyn gañou oÓscar á mellor actriz por esta película. A continuación, Scorsese exploraría as súas raíces étnicas no documentalItalianamerican, sobre os seus pais Charles e Catherine Scorsese.

Dous anos despois, Scorsese asombrou o mundo conTaxi Driver. A película tiña interpretacións brillantes de De Niro eJodie Foster, nun dos máis violentos e sombríos retratos da vida neoiorquina plasmado en cine.Taxi Driver gañou aPalma de Ouro noFestival de Cannes, e recibiu catro candidaturas ó Óscar, incluíndo a correspondente a mellor película. Algo que facía única á película, era o uso de tomas "punto de vista", que se converteron nunha constante nas películas de Scorsese.

O éxito deTaxi Driver, animou a Scorsese a proseguir coa súa primeira película de alto orzamento:Nova York, Nova York. Este tributo musical á cidade natal de Scorsese, foi un rotundo fracaso de público. Para entón, Scorsese xa desenvolvera unha grave adicción á cocaína. Entre a súa adicción e a depresión provocada polo último filme, Scorsese aínda atopou a creatividade suficiente para facerThe Last Waltz (1978), un documental belamente fotografado sobre un concerto deThe Band. Ese mesmo ano, apareceu outro documental dirixido por Scorsese, tituladoAmerican Boy.

Década de 1980

[editar |editar a fonte]

Convencido de que estaba facendo a súa última película, Scorsese investiu todas as súas enerxías enTouro salvaxe. A película estreouse en1980 e é considerada como unha obra mestra, ademais de ser votada a mellor película da década de1980, pola revista británicaSight and Sound. Como era de esperar, a película recibiu varias candidaturas ó premio Óscar, incluíndo a de mellor actor (Robert de Niro), e a primeira candidatura para Scorsese como mellor director. De Niro gañou a súafigura, peroRobert Redford levou ese ano oÓscar ó mellor director.

The Last Temptation of Christ (1988) está baseada no libro deNikos Kazantzakis "O Teleftéos Pirasmós" (1951). Orixinalmente, a película ía ser producida baixo o selo Paramount Studios en1983 conAidan Quinn no papel deXesús eSting no dePoncio Pilatos. Con todo, Paramount retirouse días antes de comezar a filmación, argumentando presións de grupos relixiosos, polo que o proxecto tivo que esperar case cinco anos.

Unha vez pasado o colapso do proxecto, Scorsese notou que o mundo doHollywood da década de1980 estaba sendo cada vez máis comercial, e os filmes persoais e altamente estilizados que el e os seus colegas produciron unha década antes, non gozarían do mesmo recibimento. Así, Scorsese decidiu emprender un novo camiño coa súa carreira. ConAfter Hours (1985) Scorsese efectuou un cambio estético encamiñándose cara a un estilo practicamente "underground". A película foi feita cun orzamento extremadamente austero, de noite e en localizacións do barrio do SoHo en Manhattan.

Despois, Scorsese dirixiu o vídeoclip "Bad" (1987) paraMichael Jackson. En1986, dirixiuThe Color of Money, protagonizada porPaul Newman,Tom Cruise eMary Elizabeth Mastrantonio. O filme é unha secuela deO buscavidas, de Robert Rossen, tamén protagonizado por Newman. Este último gañou oÓscar ó mellor actor de1986.

Co diñeiro obtido porThe Color of Money, Scorsese puido filmarThe Last Temptation of Christ en1987, cun orzamento modesto, pois Scorsese sabía que o filme non ía arrasar comercialmente. Con todo, Scorsese non anticipou o furor e a controversia que ían desatarse cando o filme foi estreado ó ano seguinte. As protestas en todo o mundo chegaron á queima de varias salas e á súa prohibición durante máis de quince anos nalgúns países. Por este filme, Scorsese recibiu a súa seguinte candidatura ó Óscar ó mellor director; candidatura que tampouco gañou. Con todo, o apoio que varias figuras do mundo político lle brindaron a esta película deulle a Scorsese o ímpeto para o seu seguinte traballo:Un dos nosos (1990).

1990 á data

[editar |editar a fonte]

ConUn dos nosos Scorsese volveu á súa nativaNova York e reencontrouse conRobert De Niro eJoe Pesci. Esta película sobre a vida dun gángster foi chamada a mellor película de mafiosos desdeO Padriño, e deulle a Scorsese a terceira candidatura ó Óscar como mellor director, galardón que non conseguiu, esta vez fronte ó daquela novatoKevin Costner porDances with Wolves.

Scorsese proseguiu facendo unremake da película de1962Cape Fear, o cal probou que Scorsese podía ser un éxito comercial enHollywood. Os seguintes anos pasounos facendo películas de baixo éxito pero aclamadas pola crítica (A idade da inocencia,Kundun), e involucrándose en apoiar os proxectos doutros cineastas, comoQuiz Show,Search and Destroy,Mad Dog and Glory eClockers. Scorsese dirixiu nese período a películaCasino, e volveu ó mundo deTaxi Driver en1999, dirixindoBringing Out The Dead.

En1990, Martin Scorsese actuou no papel deVincent van Gogh no filmeYume (Dreams) deAkira Kurosawa. En1999, traballou nun documental chamadoIl Mio Viaggio in Italia.

Scorsese xunto aLeonardo DiCaprio eCameron Diaz.

En2002, Scorsese dirixiuGangs of New York, a que ata ese momento fora a súa empresa máis arriscada, con orzamento superior ós cen millóns de dólares, o máis alto na carreira de Scorsese. A reacción da crítica cara á película foi moderadamente positiva e, aínda que non foi un grande éxito de recadación, tampouco supuxo un fracaso. Ademais, recibiu dez candidaturas ó Óscar, incluíndo Mellor Película, Mellor Director, e Mellor Actor (paraDaniel Day-Lewis). Scorsese perdeu novamente, esta vez fronte aRoman Polanski.

O seguinte filme de Scorsese foiThe Aviator, película biográfica sobre o excéntrico multimillonario e pioneiro da aviaciónHoward Hughes. O filme foi lanzado a finais de2004, con aclamación da crítica. Gañou tresGlobos de Ouro, incluíndo Mellor Película Dramática. Na entrega dos premios Óscar,The Aviator foi a película con máis candidaturas (once, incluíndo Mellor Película, Mellor Director e Mellor Actor paraLeonardo DiCaprio). Esta vez, Scorsese tamén saíu coas mans baleiras ó ver aClint Eastwood levar o Óscar ó Mellor Director e á Mellor Película.

Scorsese é Presidente deFilme Foundation, unha fundación sen fins de lucro dedicada á preservación do material fílmico en deterioración.

O5 de xaneiro de2005, Scorsese recibiu o recoñecementoLégion d'honneur de parte do goberno deFrancia, polas súas contribucións ó cine.

Logo de presentar o seu documental sobreBob Dylan en2005, sorprendeu a todos en2006 coa súa galardoada películaInfiltrados, coa cal cultivou numerosos eloxios. Nesta cinta policial reuniuse novamente conLeonardo DiCaprio e, por primeira vez, conJack Nicholson. O25 de febreiro de2007, a Academia das Artes deHollywood entregoulle o Óscar ó mellor director (e outros tres Óscars para esta película) co que se facía xustiza cun dos máis grandes directores dos Estados Unidos, que fora proposto oito veces e nunca gañara, nin como director nin como guionista.

En2007 estreou un documental acerca dosRolling Stones.

Vida privada

[editar |editar a fonte]

Scorsese está casado con Helen Morris desde1999; ela é a súa quinta esposa. Teñen unha filla, Francesca, quen aparece enInfiltrados e enThe Aviator.

Ten unha filla, Catherine, do seu primeiro matrimonio con Laraine Brennan, outra filla, Domenica Cameron-Scorsese, que é actriz, do seu segundo matrimonio, conJulia Cameron. Scorsese tamén estivo casado conIsabella Rossellini desde1979 ata1982. Tamén contraeu matrimonio conBarbara De Fina en1985, unión que terminou en divorcio.

Usualmente reside na cidade deNova York.

Filmografía selecta

[editar |editar a fonte]

Director

[editar |editar a fonte]

Actor

[editar |editar a fonte]

Premios

[editar |editar a fonte]

Óscars

[editar |editar a fonte]
AnoCategoríaPelículaResultado
2013Mellor DirectorThe Wolf of Wall StreetCandidato
2011Mellor DirectorHugoCandidato
2007Mellor DirectorInfiltradosGañador
2004Mellor DirectorThe AviatorCandidato
2002Mellor DirectorGangs of New YorkCandidato
1993Mellor guión adaptadoA idade da inocenciaCandidato
1990Mellor DirectorUn dos nososCandidato
1990Mellor guión adaptadoUn dos nososCandidato
1988Mellor DirectorA última tentación de CristoCandidato
1980Mellor DirectorTouro salvaxeCandidato

Globos de Ouro

[editar |editar a fonte]
AnoCategoríaPelículaResultado
2011Mellor DirectorHugoGañador
2007Mellor DirectorInfiltradosGañador
2004Mellor DirectorThe AviatorCandidato
2002Mellor DirectorGangs of New YorkGañador
1995Mellor DirectorCasinoCandidato
1993Mellor DirectorA idade da inocenciaCandidato
1990Mellor DirectorUn dos nososCandidato
1980Mellor DirectorTouro salvaxeCandidato

Outras distincións

[editar |editar a fonte]

É doutorhonoris causa polaUniversidade Yale.[Cómpre referencia]

En 2018, recibiu oPremio Princesa de Asturias das Artes.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A afiliación relixiosa do Director Martin ScorseseArquivado 03 de marzo de 2016 enWayback Machine. Páxina web creada o27 de maio,2005. Modificada por última vez o5 de setembro,2005.
  2. Yahoo! Movies

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Martin ScorseseModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Martin_Scorsese&oldid=6667472»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp