Canguro vermello (Macropus rufus).Formigueiro marsupial ou numbat (Myrmecobius fasciatus).Rata canguro de fociño longo (Potorous tridactylus).Acróbata pigmeo (Acrobates pygmaeus).
Osmarsupiais[1] (Marsupialia) oumetaterios (Metatheria) son unhainfraclase demamíferosterios caracterizados polo curto desenvolvemento doútero materno e completaren gran parte do desenvolvemento agarrados ásglándulas mamarias do interior dabolsa marsupial oumarsupio. Nalgunhas especies o marsupio é moi pequeno como para levar a todas as crías.[2]
Os marsupiais representan hoxe un pequeno grupo de mamíferos, unhas 270especies actuais, das que unhas 70 viven enAmérica e aproximadamente 200 enAustralasia, onde constitúen a parte preponderante dafauna nativa de vertebrados terrestres.
Os marsupiais desenvolvéronse durante ocretáceo, a partir dospantoterios, case contemporaneamente aosplacentarios, pero nunha ramafilética diverxente. Porén, antes da expansión dos placentarios, os marsupiais xa se estenderan por boa parte da superficie continental.
Para comprender a distribución actual dos marsupiais cómpre botar unha ollada ás vicisitudes que sufriron as masas continentais naqueles afastados períodos xeolóxicos. É preciso recordar, de acordo coas numerosas mostrasfósiles que posuímos, que a finais do períodocretáceo os marsupiais tiñan unha distribución xeral sobre as terras emerxidas, onde convivían, con relativa tranquilidade, cos placentarios primitivos. Encontrábanse, por exemplo, enÁfrica,Europa e Norteamérica, de onde se extinguiron, aínda que tras oGrande intercambio americano algúns marsupiais recolonizaron este subcontinente.
Os marsupiais máis antigos coñecidos proceden daChina, onde tamén se acharon os placentarios máis antigos. Naquela época, as masas continentais non iniciaran aínda o proceso de fragmentación e deriva revelado pola teoría deAlfred Wegener, proceso que comezou ao final daera mesozoica. Co principio daera terciaria ocorreu o desenvolvemento explosivo dos placentarios, que sen se especializar ao principio, diversificáronse con rapidez ante a indefensión dos competidores nos novos nichos ecolóxicos que foron ocupando.
O grupo placentario tivo como competidores ou depredadores mamíferos aos marsupiais e aosmonotremas; estes últimos xa se especializaran en varios nichos. E, fóra dos mamíferos, ás grandes aves terrestres. A independencia e o grao de desenvolvemento máis completo co que nacía a proxenie destes primeiroseuterios superou aos outros gruposde sangue quente na taxa de supervivencia dos neonatos, facilitando así a súa expansión demográfica.
A principios dopaleoceno, hai uns 65 millóns de anos, non había mamíferos carnívoros euterios; o nicho ecolóxico dos predadores estaba ocupado por grupos animais aparecidos antes: grandesaves depredadoras non voadoras, osréptiles modernos e os marsupiais.
A desintegración dePanxea que comezou ao inicio docretáceo, hai 150-140 millóns de anos, dá as claves da dispersión dos grupos animais, cando o supercontinenteGondwana comezou a fragmentarse.
En Panxea creouse unha fendsa que abarcaba desde oocéano Tetis, ao leste, até oPacífico ao oeste. A greta separouLaurasia e, con ela, aNorteamérica, deGondwana, e produciu o nacemento dun futuro novo océano, oAtlántico. Este océano non se abriu uniformemente, se non que comezou no Atlántico norte-central; o Atlántico sur non se abriría até o cretáceo.
Nun gran número de clasificacións dos animais actuais, marsupiais emetaterios son sinónimos. Pero a posición dotaxon é variábel segundo os autores. Por exemploMarsupialia é unhacohorte, unhaorde ou outro taxon.[3]
Porén, os marsupiais son xeralente repartidos en días superordes, con 7 ordes viventes e 2 extintas:
Flannery, Tim (2008):Chasing kangaroos: a continent, a scientist, and a search for the world's most extraordinary creature. Nova York: Grove.ISBN 978-0-8021-4371-6.
Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988):Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, EUA: Academic Press.ISBN 978-0-1229-3670-1.
Kemp, T. S. (2005):The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press.ISBN 978-0-19-850761-5.
Kowalski, Kazimierz (1981):Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones.ISBN 84-7214-229-9.
zalay, F. S. (1982): "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621–640, en M. Archer, ed.Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales.ISBN 978-0-9599951-3-8.