Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosaletras tifinagh. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Marrocos[1] (enárabe:المغرب;Al-Magrib, enbérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ;lmeɣrib), oficialmenteReino de Marrocos (enárabe:المملكة المغربية;Al-mamlaka al-maḡribiyya, enamazigh:ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ;Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste deÁfrica. A súa longa costaatlántica chega desde oSáhara Occidental ata oestreito de Xibraltar para dar aomar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar aAlxeria, coa que limita ao leste e sueste.
1894 : Morte deMulai-al-Hasan. Proclamación do novosultán, o novoMulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábaoBa Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca deParís e dosPaíses Baixos.
1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultánMulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en1912 o tratado de protectorado naconvención de Fez.
1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
1907-1910:Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneralDrude, que sucede o xeneralAmade, debe pacificar Marrocos occidental.
1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos.Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.
1915: Hubert Lyautey recibe a orde deParís de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.
Marrocos anexionouse de feito parte doSáhara Occidental en1976, tras acordarEspaña a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado polaONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado polaONU.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea:Ceuta eMelilla no mesmo continente ePeñón de Vélez de la Gomera ePeñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotesPerexil eChafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
O idioma oficial de Marrocos é oárabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen aofrancés e ás veces aoespañol.
A lingua maioritaria falada pola poboación é oárabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unhadiglosia e, incluso unhatriglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.