Marmitako | |
Omarmitako oumarmitaco (noPaís Vasco) esorropotún,marmita oumarmite (enCantabria) é un prato baseado noatún ou nobonito do norte, cuxa orixe parece estar nosarrantzales (pescadores) vascos e cántabros. Trátase dun guiso de atún conpatacas,cebola,pemento etomate. Sérvese quente nunhacazola de barro.
Marmitako en vasco literalmente quere dicir "da marmita" (amarmita é unha pota de metal con tapa) e débese a que antigamente era un dos poucos aveños de cociña que levaban a bordo. O seu nome castelán (marmita) ou francés (marmite) dan nome ao prato no oriente de Cantabria, coñecéndose comosorropotún no occidente.
Na actualidade é un prato moi apreciado, en parte pola difusión que ten a cociña vasca en xeral, en parte porque é unha das formas máis coñecida de preparar oatún, que ao serpeixe azul, valórase moito nas recentes tendencias nutricionais. É un dos pratos estrela dos concursos gastronómicos de calquera festa vasca e cántabra, en especial das localidades costeiras. Como con outros pratos típicos, cada localidade, ata cada cociñeiro, reclama para si aauténtica receita do guiso aínda que admite multitude de variantes pero mantendo sempre os ingredientes principais.