Mark Hamill (2024) |
Biografía |
---|
Nacemento | (en)Mark Richard Hamill 25 de setembro de 1951 (73 anos) Oakland, Estados Unidos de América |
---|
Educación | Los Angeles City College(en) Annandale High School(en) James Madison High School(en)  |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | actor de dobraxe, escritor, produtor de cinema, actor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, director de cinema |
---|
Período de actividade | 1970 - |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Pseudónimo literario | William M. Patrick Patrick Williams |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Fillos | Nathan Hamill, Griffin Hamill, Chelsea Hamill |
---|
Pais | William Hamill e Virginia Hamill |
---|
Premios |
---|
|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
       
          |
Mark Richard Hamill, nado enOakland,California o25 de setembro de1951, máis coñecido comoMark Hamill, é un actor de cine, teatro e televisión, actor de voz, director e escritorestadounidense, principalmente recoñecido por interpretar aLuke Skywalker na serie de películas deA guerra das galaxias.
Mark Hamill naceu en Aukland, California, fillo de Virginia Suzanne (Johnson de solteira) e do capitán daArmada dos Estados Unidos William Thomas Hamill.[1] El é un dos sete fillos da parella; ten dous irmáns, Will e Patrick e catro irmás Terry, Jan, Jeanie e Kim.[2] Seu pai ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e galesa; súa nai ten ascendencia inglesa e sueca.[3][4] Hamill describiu a seu pai como fervorosocatólico erepublicano partidario deNixon.[5] Dende a nenez, debido á carreira militar de seu pai, a familia mudou continuamente de residencia, acudindo a diferentes escolas durante a súa etapa de formación. Durante os anos de primaria asistiu á Walsingham Academy e a Poe Middle School.[6] Con 11 mudouse aSan Diego, residindo no bloque 5900 de Castleton Drive, acudiu ó Hale Junior High School.[7] Durante o seu primeiro ano na James Madison High School trasladouse coa súa familia aVirxinia e Hamill estudou no Annandale High School.[8] Decontado seu pai foi destinado óXapón, Hamill incorporouse ó Nile C. Kinnick High School e formou parte do club dramático, graduouse en 1969.[Cómpre referencia] Posteriormente matriculouse en Los Angeles City College especializándose en drama.[8]
Nos inicios da súa carreira como actor Hamill participou nasoap-operaGeneral Hospital, tendo un papel recorrente;[9] nacomediaThe Texas Wheelers tivo un papel protagonista.[2] Interpretou noepisodio piloto deEight Is Enough (1977) a David, o fillo máis vello, non obstante foiGrant Goodeve quen interpretou o papel na serie.[10] Tamén apareceu como artista invitado enThe Bill Cosby Show,[2]The Partridge Family,[Cómpre referencia]Room 222 eOne Day at a Time.[1] Participou en diversostelefilmes comoThe City (1977),[1] eSarah T. - Portrait of a Teenage Alcoholic (1975).[1] Como actor de voz Hamill interpretou o personaxe de Corey Anders na serie de debuxos animadosJeannie (1973) deHanna-Barbera e o personaxe de Sean na películaWizards (1977) do directorRalph Bakshi.[2]
Robert Englund, amigo de Hamill, estaba facendo unha audición para un papel enApocalypse Now cando pasou polo corredor onde se facían as audicións paraA guerra das galaxias deGeorge Lucas. Tras permanecer un anaco observando as audicións decatouse de que Hamill sería perfecto para o papel de Luke Skywalker,[2] suxeriulle a Hamill que se presentara ás audicións e Hamill conseguiu o papel.[11]
A guerra das galaxias estreouse en maio de 1977 e tivo un enorme e inesperado éxito que causou repercusión na industria cinematográfica. Hamill tamén apareceu enStar Wars Holiday Special en 1978[12] e protagonizou assecuelas deA guerra das galaxiasO imperio contraataca (1980) eO retorno do Jedi (1983). Mark Hamill sufriu un grave accidente automobilístico no período comprendido entre as dúas primeira películas, fracturando o nariz e o pómulo esquerdo.[2] Difundironse rumores falsos de que necesitaba cirurxía plástica no rostro.[13] Tralo accidente Hamill foi candidato, xunto a Harrison Ford, óPremio Saturn ó mellor actor outorgado pola Academy of Science Fiction, Fantasy and Horror Films.
Mantivo unha relación coa súa compañeira de elenco enGeneral Hospital Anne Wyndham.[8][14][15] Casou con Marilou York, unha hixienista dental, o 17 de decembro de 1978 nunha cerimonia civil.[16] Froito desta unión Mark e Marilou teñen tres fillos; Nathan, Griffin e Chelsea Elizabeth.[17]
Tralo éxito deA guerra das galaxias, Hamill decatouse de que o público o identificaba moito con Luke Skywalker, convertérase nun ídolo adolescente.[18] Participou tamén noutras películas comoCorvette Summer (1978) e enThe Big Red One (1980), filme baseado nasegunda guerra mundial.[9] Fixo unha aparición especial enThe Muppet Show como el mesmo e como Luke Skywalker que xunto aC-3PO eR2-D2 andaban na procura deChewbacca.[19] Outras aparicións en películas inclúenThe Night the Lights Went Out in Georgia (1981)[20] eBritannia Hospital (1982).[21]
Mark Hamill repetiu o papel de Luke Skywalker nas dramatizacións de radio deA guerra das galaxias (1981) eO imperio contraataca (1983). Para o drama radiofónicoO Retorno do Jedi (1996) o papel interpretouno outro actor.
Actuou enBroadway onde protagonizouThe Elephant Man en 1979,[22]Amadeus en 1983,[23]Harrigan 'N Hart en 1985, pola que foi nomeado para o Drama Desk Award,[24]Room Service en 1986[25] eThe Nerd en 1987-88.[26] CandoAmadeus foi adaptada ó cine en 1984 presentouse as audicións para interpretar aMozart peroTom Hulce obtivo o papel.[2][9][27] Fixo algunhas aparicións en televisión como nun episodio deAmazing Stories en 1986 e enThe New Alfred Hitchcock Presents en 1987.
Regresou ó cine tras seis anos coa película de ciencia ficciónSlipstream (1989).[28] Continuou protagonizando algunhas películas durante a década de 1990 como osuspenseMidnight Ride (1990),[29][30]The Guyver (1991),[31] a nova versión deVillage of the Damned (1995),[32] e na película de acción suecaHamilton (1998).[33] Hamill participou na películaJay and Silent Bob Strike Back (2001) como o supervilán Cocknocker, nun papel onde se parodia a si mesmo.[34]
Hamill deulle voz óJoker na serieBatman: The Animated Series que comezou a emitirse en 1992[9] e continuou interpretando o personaxe en moitas series derivadas, videoxogos e películas, recibiu o eloxio da crítica pola súa actuación e partir de entón tivo a oportunidade de interpretar como actor de voz outros superviláns noutras series de debuxos animados.[35] Interpretou tamén o Hobgoblin na serie de animaciónSpider-Man que comezou a emitirse en 1994 e outros papeis en series desuperheroes daMarvel como Gargoyle enThe Incredible Hulk (1996), Maximus enFantastic Four (1994), posteriormente a Klaw enThe Avengers: Earth's Mightiest Heroes (2010), varios personaxes enUltimate Spider-Man (2012). Hamill deulle voz a Solomon Grundy e Trickster nas series do universo animado deDCJustice League (2001-2004) eJustice League Unlimited (2007-2010), o gángster asasino Tony Zucco enThe Batman e Specter nun episodio deBatman: The Brave and the Bold (2008-2011). Interpretou moitos outros personaxes noutras series de animación.[Cómpre referencia]
Aparece como actor invitado en dous episodios da serie de televisiónThe Flash en 1990 como Trickster,[2] apareceu noutras series de televisión durante este período como enMADtv,[Cómpre referencia] enSaturday Night Live,[36]3rd Rock from the Sun en 1997,[37]Just Shoot Me! en 1998[38] e en dous episodios deseaQuest DSV en 1995 como Tobias LeConte,[18] tamén apareceu no episodio "Mind over Matter" da serie de televisiónThe Outer Limits en 1995.
Hamill escribiu xunto con Eric JohnsonThe Black Pearl (1995), ilustrada por H. M. Baker, unha miniserie de cómics publicada por Dark Horse Comics.[39] Escribiu unha introdución paraTrade Paperback Batman: Riddler Two-Face onde se reeditan varias historias de Two-Face e Riddler relacionadas conBatman Forever. Tamén fixo varias historias paraThe Simpsons comics incluíndo "Catastrophe in Substitute Springfields!", que parodiaCrisis on Infinite Earths de DC e fai tamén referencia a outros cómics clásicos.[40]
Interpretou o protagonista da serie devideoxogos deWing Commander, o coronel Christopher Blair, enWing Commander III: Heart of the Tiger (1994),Wing Commander IV: The Price of Freedom (1996) eWing Commander: Prophecy (1997).[41] Apareceu enSquadron 42, a campaña para un só xogador do universo de videoxogos deStar Citizen, como Steve "Old Man" Colton. Interpretou máis personaxes para outros moitos videoxogos.[42][43]
En 2003 Hamill interpretou a Michael Minetti na obra de teatroSix Dance Lessons in Six Weeks.[44][45] Dirixiu e protagonizouComic Book: The Movie (2004) distribuída directamente enDVD.[46] En 2011 apareceu na serie de televisiónChuck facendo devilán,[47] enCriminal Minds facendo de asasino en serie no 2013[48] e enThe Neighbors como artista invitado, interpretando o comandante Bill, no ano 2013.
Protagonizou a película húngaraThelomeris (2011), onde foi asesor creativo.[49] O ano seguinte Hamill protagonizou outras dúas películas, o filme de terrorAirborne (2012) e a pequena película independenteSushi Girl (2012).[50] Interpretou a James Arnold enKingsman: The Secret Service (2014), volveu a interpretar a Trickster na serieThe Flash da canle de televisión The CW en tres episodios no ano 2014[51] e participou tamén no filme independenteCon Man (2018).[52]
Regresou ó universo de A guerra das galaxias en 2014 cando lle deu voz óSith Lord Darth Bane no episodio final da serie animadaThe Clone Wars;[9] foi nomeado para o premio Daytime Emmy polo seu desempeño. Coa adquisición deLucasfilm porThe Walt Disney Company, Disney anunciou que habería novas películas de Star Wars, comezando porStar Wars Episode VII: The Force Awakens (2015)[53] e logo conStar Wars: The Last Jedi (2017),[54] o que significou o regreso de Luke Skywalker ás pantallas de cine.
- Filmografía parcial de Mark Hamill
Ano | Película | Personaxe |
---|
1977 | A guerra das galaxias | Luke Skywalker |
1977 | Wizards | Sean |
1978 | Corvette Summer | Kenneth W. Dantley Jr. |
1979 | Sam Fuller and the Big Red One | El mesmo |
1980 | O imperio contraataca | Luke Skywalker |
1980 | The Big Red One | Soldado Griff |
1981 | The Night the Lights Went Out in George | Conrad |
1982 | Britannia Hospital | Red |
1983 | O retorno do Jedi | Luke Skywalker |
1984 | Kaze no Tani no Naushika | Governante de Pejite |
1986 | Tenkū no Shiro Rapyuta | Muska |
1989 | Slipstream | Will Tasker |
1989 | Fall of the Eagles | Peter Froehlich |
1989 | The Little Mermaid | |
1990 | Midnight Ride | Justin Mckay |
1991 | The Guyver | Max Reed |
1991 | Black Magic Woman | Brad Travis |
1992 | Sleepwalkers | Tenente Jennings |
1993 | Time Runner | Michael Raynor |
1993 | Batman: A máscara do Fantasma | O Joker (Voz) |
1994 | Silk Degrees | Johnson |
1994 | The Raffle | Bernard Wallace |
1995 | Village of the Damned | Reverendo George |
1997 | Laserhawk | Bob Sheridan |
1997 | Quan s'esgoti el temps | Bill Thermot |
1997 | The Batman Superman Movie: World's Finest | O Joker (Voz) |
1998 | Hamilton | Mike Hawkins |
1998 | Watchers Reborn | Murphy |
1998 | Scooby-Doo on Zombie Island | Snakebite Scruggs |
1998 | The Simpsons | Ell Mateix (Voz) |
1999 | Gen¹³ | Threshold (Voz) |
1999 | Wing Commander | Merlin |
1999 | Walking Across Egypt | Lamar N. Benfield |
2000 | Sinbad: Beyond the Veil of Mists | Capitán da garda |
2000 | Scooby-Doo and the Alien Invaders | Steve |
2000 | Joseph: King of Dreams | Judah |
2000 | Batman Beyond: Return of the Joker | O Joker (Voz) |
2001 | Thank You, Good Night | Karl |
2001 | Jay and Silent Bob Strike Back | Cocknocker |
2001 | Día da Terra | Dr. Bob (Voz) |
2002 | Balto II: Wolf Quest | Niju (Voz) |
2003 | Aero-Troopers: The Nemeclous Crusade | vell Joshua (Voz) |
2003 | Reeseville | Zeek Oakman |
2004 | Comic Book: The Movie | Donald Swan |
2005 | Repetition | Ell mateix |
2005 | Thru the Moebius Strip | Simon Weir (Voz) |
2006 | Look, Up in the Sky: The Amazing Story of Superman | El mesmo |
2006 | Ultimate Avengers 2 | Dr. Oiler (Voz) |
2006 | Tom and Jerry: Shiver Me Whisker | The Skull (Voz) |
2006 | Choose Your Own Adventure: The Abominable Snowman | Jamling (Voz) |
2006 | Robotech: The Shadow Chronicles | Comandante Darryl Taylor (Voz) |
2007 | Battle for Terra | Elder Orin |
2007 | Futurama: Bender's Big Score | Chanukah Zombie (Voz) |
2009 | Afro Samurai: Resurrection | Bin |
2014 | Kingsman: The Secret Service | Profesor James Arnold |
2015 | Regular Show: The Movie | Skips |
2015 | Star Wars Episode VII: The Force Awakens | Luke Skywalker |
2016 | Batman: The Killing Joke | O Joker (Voz) |
2017 | Star Wars: Episode VIII | Luke Skywalker |
Anos | Serie | Personaxe |
---|
1990 - 1991 | The Flash | James Jesse/The Trickster |
1992 - 1995 | Batman: The Animated Series | O Joker |
1995 - 1999 | Mina and the Count | The Count (Voz) |
1994 - 1998 | Spider-Man | Hobgoblin |
2001 - 2004 | Justice League Unlimited | Joker, Solomon Grundy, The Trickster (Voces) |
2006 - present | Metalocalypse | Senador Stampingston, Jean-Pierre, Mr. Selatcia (Voces) |
2006 - 2008 | Avatar: The Last Airbender | Fire Lord Ozai (Voz) |
2010 - present | Regular Show | Skips (Voz) |
2008 - 2014 | Star Wars: The Clone Wars | Darth Bane (Voz) |
2013 | Criminal Minds | Replicator |
2015 | The Flash | James Jesse / The Trickster |
- Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
- ↑1,01,11,21,3"Mark Hamill Biography (1951–)".Filmreference.com. Consultado o 14-01-2019.
- ↑2,02,12,22,32,42,52,62,7Collin, Robbie (06-12-2015)."Mark Hamill: a force to be reckoned with".The Daily Telegraph. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Just The Best: Sienn's Mark Hamill Page: Interviews 1990".Stars.handshake.de. 01-05-1997. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Pedigree of Hamill's paternal family".rootsweb.com. 07-02-2011. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Hiatt, Brian (18-12-2015)."Skywalker Speaks: Mark Hamill on Returning to 'Star Wars'".Rolling Stone. Arquivado dendeo orixinal o 15-06-2018. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Poe Middle School".Fairfax County Public Schools. Arquivado dendeo orixinal o 28-01-2016. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Baker, Debbi."San Diego street to be named after former resident, 'Star Wars' legend Mark Hamill".San Diego Union-Tribune.
- ↑8,08,18,2Lague, Louise (31-08-1981)."Mark Hamill Strikes Back".People. Arquivado dendeo orixinal o 20-05-2016. Consultado o 14-01-2019.
- ↑9,09,19,29,39,4Manger, Warren (08-12-2015)."Mark Hamill: Can you imagine the mob of fans outside my house if I had turned down new Star Wars film?".Daily Mirror. Consultado o 14-01-2019.
...e un papel recorrente no dramaGeneral Hospital.
- ↑Snauffer, Douglas (23-07-2008). McFarland, ed.The Show Must Go On: How the Deaths of Lead Actors Have Affected Television... pp. 110–111.
- ↑"Robert Englund exclusive interview part one – Star Wars, Willie and V, a role in new V and listening to Monty Python with Mark Hamill".scyfilove.com. 27-11-2009. Arquivado dendeo orixinal o 17-08-2013. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Conterio, Martyn (01-12-2015)."May the farce be with you: the Star Wars Holiday Special they want us to forget".The Guardian. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Ask Aspel".YouTube. 20-05-1980. Consultado o 14-01-2019.
- ↑VKanty, Edward (12-12-2016)."'Star Wars' Lead Mark Hamill Says He Was Too 'Self-Involved' To Catch Carrie Fisher, Harrison Ford Affair".Inquisitr. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Blake, Sarah (11-11-2017)."'I never expected to be remembered for anything'".The Daily Telegraph.
- ↑"Hamill weds hygienist".The Spokesman-Review. 21-12-1978. p. 3.
- ↑"Biography".markhamill.com. Consultado o 14-01-2019.
- ↑18,018,1Chilton, Martin (04-05-2011)."Ewoks, sex dolls and comedy: what happened to the Star Wars cast".The Daily Telegraph. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Star Wars: The Muppet Connection".StarWars.com. 28-03-2014. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Peppiatt, Francesca (2004).Country Music's Most Wanted: The Top 10 Book of Cheatin' Hearts, Honky-Tonk... Potomac Books. p. 209.
- ↑"Britannia Hospital (1982)".BFI Screenonline. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Green, Jesse (07-12-2014)."Theater Review: The Elephant Man".Vulture. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Gooch, Curt (16-12-2015)."A lost Mark Hamill "Night Flight" interview from 1986 awakens a nearly 30-year-old "Star Wars" rumor".Night Flight. Arquivado dendeo orixinal o 15-01-2019. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Hischak, Thomas S. (2008).The Oxford Companion to the American Musical: Theatre, Film and Television. Oxford University Press. p. 326.
- ↑"Mark Hamill muses on new "Star Wars": "Go Retro"".CBS News. 20-02-2013. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Rich, Frank (23-03-1987)."Theater: Robert Joy in The Nerd".The New York Times. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Mullikin, Mara (01-11-2015)."He Almost Played a DC Villain? This and 6 Other Entertaining Facts About Tim Curry".Moviepilot. Arquivado dendeo orixinal o 10-10-2017. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Barsanti, Chris (22-09-2014).The Sci-Fi Movie Guide: The Universe of Film from Alien to Zardoz. Visible Ink Press. p. 332.
- ↑Martin, Mick; Porter, Marsha (2003).DVD and Video Guide 2004. Ballantine Books.ISBN 978-0-345-44994-8.
- ↑James M. Craddock; Thomson Gale (Firm) (2006).Video Source Book: Video program listings J-T. Thompson Gale. p. 1866.ISBN 978-0-7876-8978-0.
- ↑Fischer, Dennis (2011).Science Fiction Film Directors, 1895–1998. McFarland. p. 662. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Smith, Michelle (30-10-2015)."20 Year Later and 'Village of the Damned' Still Features the Creepiest Children to Date".Movie Pilot. Arquivado dendeo orixinal o 16-11-2017. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"HAMILTON (1998)".BFI. Arquivado dendeo orixinal o 30-01-2016. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Star Wars archive: Mark Hamill – reader questions, Feature".Empire. 11-12-2015. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"The Joker: Mark Hamill".YouTube. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Parker, Ryan (19-04-2018)."'Star Wars': That Time Mark Hamill Was Sold on 'SNL'".The Hollywood Reporter. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"3rd Rock from the Sun Season 2, Episode 23 Fifteen Minutes of Dick".TV Guide. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Just Shoot Me".markhamill.com. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Kubin, Jacquie (abril de 1997)."An Interview With Mark Hamill".Animation World Magazine. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Tate, Ray."Bart Simpson's Treehouse of Horror #7".Comics Bulletin. Arquivado dendeo orixinal o 15-01-2019. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Wolf, Mark J. P. (2008).The Video Game Explosion: A History from PONG to Playstation and Beyond. ABC-CLIO. p. 132. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Cast. Squadron 42". Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Star Citizen game hits $100m funding milestone".BBC News. 15-12-2015. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Jones, Kenneth (27-06-2003)."Rue McClanahan Bows Out of Bway's Six Dance Lessons; Hamill Ready to Dance".Playbill. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Gans, Andrew (21-11-2003)."Six Dance Lessons in Six Weeks to Close Nov. 23".Playbill. Consultado o 19-01-2019.
- ↑Misiroglu, Gina (2012).The Superhero Book.Visible Ink Press. p. 79. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Hibberd, James (23-07-2011)."Mark Hamill to guest star as 'Chuck' villain".Entertainment Weekly. Arquivado dendeo orixinal o 29-09-2015. Consultado o 09-02-2021.
- ↑"Criminal Minds Exclusive: Star Wars' Mark Hamill to Guest-Star in Season Finale".TV Guide. 10-04-2013. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Thelomeris Trailer: Mark Hamill’s Hungarian Steampunk Sci-Fi".Wired. 22-08-2011. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Heritage, Stuart (22-06-2011)."Will Airborne help Mark Hamill's film career get off the ground again?".The Guardian. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Zyber, Josh."'The Flash' 2.09 Recap: "Time for a Real War on Christmans"".highdefdigest.com. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Con Man".IMDb. Consultado o 14-01-2019.
- ↑"Star Wars' Mark Hamill tipped by J.J. Abrams to get Oscar for The Last Jedi".The Daily Telegraph. 01-03-2017. Consultado o 14-01-2019.
- ↑Hooton, Christopher (23-01-2017)."Star Wars 8 gets official title: The Last Jedi".The Independent. Consultado o 14-01-2019.