| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xuño de 1951 Ourense, España |
| Morte | 2025 |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Director de tese | Enrique Vidal Abascal |
| Actividade | |
| Ocupación | matemática |
| Empregador | Universidade do País Vasco |
| Obra | |
| Doutorando | Luis Ugarte eVíctor Manero |
| Premios | |
María Luisa Fernández Rodríguez, (coñecida como Marisa Fernández) nada enOurense o 11 de xuño de 1951, é unha matemáticagalega especializada enxeometría diferencial, xeometría simpléctica e estruturas G2.[1] En 2019, foi galardoada coa medalla daReal Sociedade Matemática Española.[2]
Fernández naceu en Ourense.[2] Desde moi nova tivo as matemáticas como a súa vocación.[3] Foi estudante de matemáticas naUniversidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1974 e completou o seu doutoramento en 1976. A súa tese, tituladaEstrutura e propiedades das variedades G1, foi dirixida polo matemáticoEnrique Vidal Abascal.[4]
Despois dunha investigación postdoctoral co matemático Alfred Gray naUniversidade de Maryland, no College Park (Estados Unidos), Fernández comezou a dar clases na facultade de ciencias daUniversidade do País Vasco (UPV) en 1986.[2] Posteriormente, converteuse encatedrática de xeometría e topoloxía no departamento de matemáticas desta universidade, sendo a primeira muller catedrática da Facultade de Ciencias (renomeada Facultade de Ciencia e Tecnoloxía) da UPV.[5]
Marisa Fernández é unha docente e investigadora con implicación nas entidades matemáticas tanto nacionais como supranacionais,Comité Español de Matemáticas,Real Sociedade Matemática Española ouSociedade Europea de Matemáticas. As súas investigacións céntranse no eido da xeometría e a topoloxía, concretamente na xeometría Riemanniana, xeometría simpléctica e complexa e con máis dunha centena de publicacións en diversas revistas de moita sona. Estivo na Comisión de Relacións Internacionais da Real Sociedade Matemática Española de 1998 a 2005.[3]
En 1988, aDeputación de Pontevedra concedeu a Marisa Fernández Rodríguez o PremioAntonio Odriozola de investigación básica.[2] Posteriormente, en 2019, foi galardoada coa medalla daReal Sociedade Matemática Española.[2][5]
Foi galardoada, xunto a Jesús Mª Sanz Serna e Sebastià Xambó Descamps, pola Real Sociedade Matemática Española (RSME) no ano 2019 polo seu compromiso coa entidade e unha meritoria actividade docente e divulgadora.[3]