Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mariner 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariner 4
Mariner 4
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualÓrbita heliocéntrica.[1][2][3]
Data de lanzamento28 de novembro de 1964, 14:22GMT[1][4][5]
Foguete portadorAtlas Agena D[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 12[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo deMarte.[1][2]
NSSDC ID1964-077A
Masa260,68 kg[1]
Potencia170W[1]

Mariner 4 foi unhasonda espacialestadounidense lanzada o 28 de novembro de 1964 mediante un fogueteAtlas Agena D desde oCentro Espacial de Cabo Cañaveral para sobrevoar e estudarMarte.[1][2][3]

Características

[editar |editar a fonte]

Mariner 4 pertenceu óprograma Mariner daNASA. Era idéntica á anteriormente falladaMariner 3 e a súa misión era facer un sobrevoo de Marte para facer medicións e observacións científicas, converténdose na primeira sonda en sobrevoar con éxito ese planeta e transmitir imaxes da súa superficie, imaxes que foron as primeiras obtidas durante unha misión no espazo profundo. Mariner 4 fixo tamén medicións no espazo interplanetario e serviu para adquirir experiencia en voos interplanetarios de longa duración.[1][2][3]

A nave estaba composta por un corpooctagonal demagnesio de 1,27 metros de diagonal e 45,7 cm de altura que albergaba a electrónica, a cablaxe, o sistema de propulsión e reguladores. A alimentación eléctrica era proporcionada por catropaneis solares sobresaíndo da estrutura, cunhaenvergadura de 688 cm entre cada par de paneis. Cada panel medía 176 x 90 cm e en conxunto proporcionaban ata 310W depotencia á distancia de Marte, alimentando unhabatería deprata ecinc cunhaenerxía de 1200vatios hora.[1][2][3]

As comunicacións corrían a cargo dunhaantena parabólica de alta ganancia e 116,8 cm dediámetro situada na parte superior da estrutura octagonal e dunha antena omnidireccional situada no extremo dunmastro de 223,5 cm de longo situada ó lado da antena de alta ganancia, co que a altura total da nave era de 289 cm. A nave transmitía enbanda S e os datos podían gardarse nunha grabadora de cinta cunha capacidade de 5,24 Mbit para retransmitilos máis tarde.[1][2][3]

O sistema de propulsión alimentábase conhidracina, cun motor principal de 220N deimpulso para as correccións de curso e doce pequenos propulsores alimentados pornitróxeno frío para o control de actitude. Para o coñecemento da posición, Mariner 4 usaba catro sensores solares e varios sensor para localizar aTerra, Marte eCanopus.[1][2][3]

Instrumentación científica

[editar |editar a fonte]
Unha composición con dúas das fotos tomadas por Mariner 4.

Na parte inferior do octágono situábase a cámara detelevisión, montada sobre unha plataforma móbil. O resto da instrumentación consistía nunmagnetómetro, un detector de po, un telescopio deraios cósmicos, un detector de radiación, unha sonda deplasma solar e unha cámara de ionización econtador Geiger.[1][2][3]

Desenvolvemento da misión

[editar |editar a fonte]

Tras o lanzamento, Mariner 4 e a última etapa do foguete lanzador quedaron nunhaórbita de aparcadoiro arredor da Terra ás 14:27:23UTC do 28 de novembro de 1964, acendéndose de novo o foguete para inxectar a Mariner 4 nunha órbita de transferencia cara Marte. Mariner 4 separouse da última etapa do foguete ás 15:07:09 e comezando as operacións de cruceiro.[1][2][3]

Sete meses e medio máis tarde, Mariner 4 sobrevoou Marte entre o 14 e o 15 de xullo de 1965, tomando 21 imaxes completas e 21 liñas dunha vixésimo segunda imaxe incompleta que se gardaron na grabadora de a bordo, e cuxa transmisión á Terra durou ata o 3 agosto, enviándose por duplicado para verificar que os datos estaban completos. En conxunto, as imaxes cubrían cerca do 1% da superficie total de Marte. A mínima aproximación foi de 9846 km sobre a superficie ás 1:00:57 UTC do 15 de xullo.[1][2][3]

Mariner 4 seguiu transmitindo ata o 1 de outubro de 1965 en que a posición da antena e a distancia á Terra (309,2 millóns de quilómetros) impediron a comunicación. As comunicacións reanudáronse cara finais de 1967. O 15 de setembro a nave rexistrou 17 impactos de micrometeoritos en 15 minutos, modificando a actitude da nave e posiblemente danando o escudo térmico. O gas de control de actitude agotouse o 7 de decembro, e os días 10 e 11 de decembro rexistráronse 83 impactos que modificaron de novo a actitude da sonda, xa sen posibilidade de recuperar a posición inicial e degradando as comunicacións coa Terra. As comunicacións finalizaron definitivamente o 21 de decembro de 1967.[1][2][3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,101,111,121,131,141,15NASA (1 de xullo de 2013)."Mariner 4"(en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,11Mark Wade (2011)."Mariner 3-4"(en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  3. 3,003,013,023,033,043,053,063,073,083,093,10Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed."Mariner 3, 4"(en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed."Mariner 4 (MARS)"(en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  5. Claude Lafleur (2010)."Mariner 4"(en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mariner 4

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mariner_4&oldid=6775095»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp