Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Margarita Ledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMargarita Ledo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)Margarita Ledo AndiónEditar o valor en Wikidata
5 de febreiro de 1951Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Castro de Rei, EspañaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, xornalista, cineastaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de BarcelonaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCipriano Luís Jiménez CasasEditar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2042250Facebook: margarita.ledoandionTwitter: MargaLedoBNE: XX959614AELG: 215BUSC: ledo-andion-margarita-1951Dialnet: 70699Editar o valor en Wikidata

Margarita Ledo Andión, nada enCastro de Rei no5 de febreiro de1951, é unhaxornalista,escritora ecineasta galega.Docente e catedrática de Comunicación Audiovisual daUniversidade de Santiago de Compostela, numeraria daReal Academia Galega; recibiu, entre outros, oPremio Nacional da Cultura Galega (2008) e oPremio Otero Pedrayo (2017).[1]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Margarita Ledo criouse enLugo no seo dunha familia de antigos emigrantes galegos enCuba, por parte materna.[2] O seu pai, empregado do Concello, era deIzquierda Republicana, polo que ela e os seus irmáns foron á escola rural de Barxa para non asistir ás clases dos mestres falanxistas da vila. Estudou o bacharelato noInstituto de Lugo[3] e logo, naUniversidade de Santiago de Compostela, empezou a carreira Filosofía e Letras, que non rematou.[4] Marchou aBarcelona e estudou xornalismo na Escola Oficial de Periodismo de Barcelona (1969-1973).[5]

Xornalismo

[editar |editar a fonte]

En 1974 entrou na redacción deEl Ideal Gallego, pero ese labor xornalístico, que retomou posteriormente noutras revistas e xornais de corte galeguista e feminista, viuse interrompida polo seuexilio forzado enPortugal como consecuencia do seu activismo político e a súa militancia naUnión do Povo Galego.[6] Nos dous anos de exilio en Portugal (1974-1976) traballou como lectora de galego naUniversidade de Letras de Porto e organizou asXornadas da Cultura Galega.[4][7]

Ao seu regreso, fundou e dirixiu o semanarioA Nosa Terra entre1977 e1980[3][8] e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega.

Foi tamén a creadora da revistaEscrita, daAsociación de Escritores en Lingua Galega, e dos proxectos gráficos do boletín doClube Cultural Adiante daCXTG, da revista feministaFesta da Palabra Silenciada e da publicaciónEuropa de les nacions, do Moviment Nacionalitari Europeu.[5]

Docencia e investigación

[editar |editar a fonte]

A partir dos anos oitenta separouse da prensa como profesión e comezou no mundo académico e da escrita. Despois dunha estadía de investigación enLisboa cunha bolsa daFundación Gulbenkian (1982), doutorouse en Ciencias da Información polaUniversidade Autónoma de Barcelona en 1986 coa teseFoto-xoc e xornalismo de crise.[9] Foi profesora da UAB na Facultade de Ciencias da Información de 1983 a 1991.[3]

Regresou a Galicia en 1991 e trasladouse a Santiago de Compostela para poñer en funcionamento a Facultade de Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela, da cal foi a súa primeiradecana (1992-1996) e onde exerce comocatedrática de Comunicación Audiovisual.[5][8]

As súas principais liñas de traballo abranguen as políticas de comunicación e cultura, a diversidade e espazos xeolingüísticos de comunicación, as teorías feministas nos universos de creación e a expresión, o pensamento cinematográfico e os usos e discursos da fotografía. Exerce como investigadora principal de diversos proxectos de investigación competitiva, entre eles “EU- VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI. CSO2016-76014- R), “Cara ao Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal” ( MINECO- CSO2012-35784); “Cine, Diversidad y Redes” (MINECO- CSO2009-13702); “Lusofonía: interactividade e interculturalidade” (Xunta de Galicia:INCITE08 PXIB212124 PR).[1]

En2021 foi nomeada profesora emérita da USC.[10]

Literatura e produción científica

[editar |editar a fonte]

Escritora de ficción, publicou o seu primeiro poemario en1970:Parolar cun eu, cun intre, con inseuto.

Nos oitenta publicou o primeiro libro de narración,Mamá-Fe; a primeira novela,Trasalba; o primeiro ensaio,Prensa e galeguismo, e foi escrebendo poemas de encárrega, para festivais, eventos, conmemoracións, reivindicacións[3]

Do ano noventa en diante comezou un período intenso de produción científica e de entrada nas editoras en español:Documentalismo fotográfico, en Cátedra, 1998 ouDel cine-ojo a Dogma95, Paidós, 2004.

Cine

[editar |editar a fonte]
Margarita Ledo en 2018.

A partir de2000 comezou o seu primeiro proxecto cinematográfico,Santa Liberdade, que se presentou no Teatro Principal de Santiago no 22 de xaneiro de 2004 e o cal seguiron outros. Como cineasta, desenvolve o seu traballo de maneira especial no documental.[11]

Cargos

[editar |editar a fonte]

Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Universitario Galego.[12]

Presidiu a Federação Lusófona de Ciências da Comunicação (LUSOCOM), foi vicepresidenta primeira da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE- IC ) entre 2008 e 2016, é vicepresidenta da Asociación Iberoamericana de Comunicación (ASSIBERCOM) e presidenta de honra da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras da Comunicación (AGACOM).[1]

Pertence ao consello editorial de revistas comoTelos, Chasqui, Discursos fotográficos, Infoamérica, L’ Atalante, Quaderns do CAC, Revista Latinoamericana de Comunicación, Trípodos, Uztaro, Comuniació ouAdComunica.

En marzo de2008 foi seleccionada para ser membro daReal Academia Galega e ingresou no7 de febreiro do2009, converténdose na quinta muller membro desta institución.[13] Exerceu o cargo de arquiveira-bibliotecaria (2013-2017) e dende 24 de abril de 2021 é a secretaria da institución[14].

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]
  • 1982. Accésit doPremio Modesto R. Figueiredo, porRematado a man.
  • 1994.Premio Alecrín en 1994, outorgado poloGrupo de Estudios sobre a Condición da Muller "Alecrín".
  • No 30 de novembro de 2002 rendéronlle unha homenaxe en Guitiriz (Lugo) na undécima edición dos "Encontros na Terra Chá", organizados pola asociación cultural Xermolos.[8]
  • 2008.Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente aosPremios Nacionais da Cultura Galega, outorgado pola Xunta de Galicia.[2]
  • Foille dedicado un Hectómetro Literario noPaseo dos Soños vilalbés en 2012.
  • 2015. PremioOs Bos e Xenerosos daAELG.
  • 2016. PremioRamón Piñeiro-Facer País
  • 2017.Premio Otero Pedrayo.[15] Primeira muller galardoada con este premio desde os seus inicios en 1977[16], no informe da proposta destacouse “a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na Facultade de Letras da Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos portugueses e galegos”. Salientuse tamén que foi “pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre tendo presente a perspectiva de xénero en todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas”. Destacouse tamén que foi unha defensora, “a través de toda a súa traxectoria, do idioma galego con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da península Ibérica e do mundo”.[17]
  • En 2017 oFestival internacional DocumentaMadrid dedicoulle unha retrospectiva baixo a marca da utopía e as errancias do século XX.[18]
  • A Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) rendeulle homenaxe en 2020, sendo a primeira muller do ámbito estatal que recibiu o recoñecemento a toda unha vida de investigación en comunicación desta asociación desde a súa fundación en 2006.[11]
  • 2020. Premio doFestival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección deNación.[19]
  • En2021 foiPremio Alecrín de Ouro, concedido anualmente pola Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat).[20]
  • 2021: Premio Mulleres no Foco daDeputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, conSonia Méndez e Noemí Chantada.[21]

Obra literaria

[editar |editar a fonte]
Margarita Ledo na libraría Chan da Pólvora.

En galego

[editar |editar a fonte]

Poesía

Narrativa

Literatura infanto-xuvenil

Volumes colectivos

  • Os novísimos da poesía galega,1973, Akal.
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1983, Ediciós do Castro).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • Os escritores lucenses arredor deÁnxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • "Vía Durruti, ano trinta e seis", enCaderno de viaxe (1989, Xerais).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • "Interior do mundo", enSede Central. Relatos 2 (1990).
  • "Renda do muro", enContos eróticos / elas (1990, Xerais).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
  • XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Comunicación na periferia atlántica: extracto das actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en novembro 95 (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Skinwel hag etresevenaduriezh e Breizh, Galicia ha Bro-Gembre. Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales. Teledu a rhyngddiwylliant yn Llydaw, Galicia a Chymru (1998,CRTVG).
  • Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias: actas do II Coloquio Brasil-Estado español de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela, 23-25 de novembro de 1998) (1999, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Para umha Galiza independente (2000, Abrente Editora).
  • Rituais (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia, Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación. Actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela (2002, Consello da Cultura Galega).
  • XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer... (2003, S. C. D. Condado).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Os "estados xerais" da cinematografía en Galiza. Catálogo de producións 2001-2002 (2004, Universidade de Santiago de Compostela).
  • O ensino no documental, o documental no ensino: encontro internacional de investigadores, 21, 22 e 23 de setembro 2005 (2006, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Comunicación local no espazo lusófono: relatorios do VII Congreso Internacional da comunicación lusófona, Lusocom 2006 (2007, Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación).
  • "Sen título", enA Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Actas do CongresoManuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 (2009, Fundación Bautista Álvarez).
  • Á beira deBeiras. Homenaxe nacional (2011,Galaxia).
  • Galicia1936-2011: estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011,La Voz de Galicia).
  • Cartafol de soños, homenaxe aCelso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • 150 Cantares paraRosalía de Castro (2015,libro electrónico).

Ensaio

  • Prensa e galeguismo (1982).Sada:Ediciós do Castro.
  • Foto-xoc e xornalismo de crise (1988). Sada: Ediciós do Castro. Premio Grupo Foto[11]
  • O diario postelevisivo (1993). Lea.
  • Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995). Vigo: Xerais.
  • Informe sobre o audiovisual en Galicia, 1998 (2000).Consello da Cultura Galega.
  • "Comunicación local no espazo lusófono" (2007).Relatorios do VII Congreso Internacional da Comunicación Lusófona, Lusocom 2006. Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación. Con Joam Evas.
  • Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega (2009). A Coruña: Real Academia Galega.
  • Coordinadora da seriePara unha historia do cinema en lingua galega, colección de tres volumes editada por Galaxia na que se traza un percorrido crítico e analítico polas películas desde o século XX ata as primeiras dúas décadas do XXI:[11]Marcas na paixase (2018),[24]A foresta e as árbores (2019),De illas e sereas (2020).

Castelán

[editar |editar a fonte]

Ensaio

  • Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998, Cátedra).
  • Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2004, Paidós).
  • Cine de fotógrafos (2005, Gustavo Gili). Premio Fundació Espais d’Art Contemporani.[11]
  • El cuerpo y la cámara (Cátedra, 2020).

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Como directora

[editar |editar a fonte]

Curtas:Lavacolla, 1939 (2005) - para o filme colectivoHai que botalos;Cienfuegos, 1913 (2008);Illa (2009);Noite do mundo (2014); Bucle (2017) - para o libro-cd «Herdeiras» de Carmen Penim;Groenlandia (2018);A auga branca (2019)[2][18]

Mediametraxes:Apuntamentos para un filme (2012)[18]

Fábrica de Pontesa

Longametraxes:

  • Santa Liberdade (2004)[25]. Recupera a memoria do secuestro do buqueSanta Maria, organizado por vinte e catro antifascistas galegos e portugueses doDirectorio Revolucionario Ibérico de Liberación en1961, co obxectivo de denunciar as ditaduras deFranco eSalazar e que rebautizaron comoSanta Liberdade.[6]
  • Hai que botalos (2005). Formado por 25 curtametraxes, documentais ou de ficción, que mostran un punto de vista crítico, da situación social, económica, política, cultural e laboral de Galicia. Dirección: Margarita Ledo, Emilio McGregor, Carlos Alberto Alonso, Jorge Bouza, Tomás Lijó, Quique Otero, Ozo Perozo, Álex Sampayo[26]
  • Liste, pronunciado Líster (2007)[27]. Modelo de biografía anticlásica para este líder comunista galego.[6]
  • A cicatriz branca (2012)[28]. Ficción construída sobre base documental que explora a figura da muller galega exiliada na Arxentina.[6]
  • Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra (2016)[29]. Nós, Produtora Cinematográfica Galega, libro-DVD).
  • Nación (2020). Obra sobre a loita das operarias da fábrica de cerámica A Pontesa (que pechou en 2001 en Ponte Sampaio, Pontevedra) que mestura arquivo documental con testemuños destas mulleres e escenas ficcionadas. Premio Especial á mellor dirección da película española que teña a súa estrea nacional ou mundial, no Festival de Cinema Europeo de Sevilla 2020. Tamén conseguiu o distintivo “especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero” que outorga oInstituto de la cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para as películas que se van distribuír comercialmente en salas.[16][30]
  • Prefiro condenarme (2024). Cunha mistura de materiais diversos (filmacións de arquivo, fotografías, escenificacións), a película recolle a historia de Sagrario Ribela Fra, mariscadora da ría de Ferrol, que en 1972 foi acusada de adulterio e, contra todo prognóstico, foi absolta polo Tribunal eclesiástico de Compostela.

Como produtora

[editar |editar a fonte]
  • CCCV CineClube Carlos Varela (2005). Dirección: Ramiro Ledo Cordeiro[31]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2"Margarita Ledo Andión. Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela".estudosaudiovisuais.org. Consultado o2021-04-25. 
  2. 2,02,12,2García Puente, María; Hogan, Erin K. (2017)."Bio-filmografía de Margarita Ledo".gynocine(eninglés). Consultado o2021-04-24. 
  3. 3,03,13,23,3"Margarita Ledo".www.aelg.gal. Consultado o2021-04-24. 
  4. 4,04,1Oliver, Juan (2019-01-10)."Margarita Ledo".CORALIA. Arquivado dendeo orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o2021-04-25. 
  5. 5,05,15,2"Margarita Ledo, libros y biografía de esta escritora en escritoras.com".escritoras.com. Consultado o2021-04-25. 
  6. 6,06,16,26,3"Retrospectiva Margarita Ledo - DOCUMENTAMADRID 2017".www.documentamadrid.com. Consultado o2021-04-24. 
  7. Barxa, Nemésio (2018-04-10)."Margarita".Nós Diario. Consultado o2021-04-25. 
  8. 8,08,18,2"Margarita Ledo Andión. Galegos. Gallegos".galegos.galiciadigital.com. Consultado o2021-04-25. 
  9. "Margarita Ledo Andión".Dialnet(encastelán). Consultado o2021-04-25. 
  10. ECG, Redacción."La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos".www.elcorreogallego.es(encastelán). Consultado o2021-05-12. 
  11. 11,011,111,211,311,4"Margarita Ledo Andión recibe el «homenaje a toda una vida de investigación en comunicación» de la AE-IC – Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela".estudosaudiovisuais.org. Consultado o2021-04-24. 
  12. "Grupo de Estudo Audiovisuais. Universidade de Santiago de Compostela".estudosaudiovisuais.org. Arquivado dendeo orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o2021-04-25. 
  13. "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo".Galicia Confidencial. Consultado o2021-04-25. 
  14. "Freixanes, reelegido presidente de la RAG, con el foco promocionar la presencia activa del gallego entre los jóvenes".Galiciapress(encastelán). Consultado o2021-04-25. 
  15. "Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia".Sermos Galiza. 12/12/2017. Arquivado dendeo orixinal o 22/12/2017. Consultado o 19/12/2017. 
  16. 16,016,1"Nación de Margarita Ledo, a loita obreira desde a perspectiva das mulleres. Academia Galega do Audiovisual". Consultado o2021-04-24. 
  17. "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo".Galicia Confidencial. Consultado o2021-04-25. 
  18. 18,018,118,2"margarita ledo".Nación(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2021. Consultado o2021-04-25. 
  19. "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'".Galicia Confidencial. Consultado o2020-11-14. 
  20. C.R (2021-08-11)."Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña".Faro de Vigo(encastelán). Consultado o2021-08-12. 
  21. "Margarita Ledo, Sonia Méndez y Noemí Chantada, premios «Mulleres no Foco»".La Voz de Galicia(encastelán). 2021-09-24. Consultado o2021-09-24. 
  22. "Margarita Ledo, galardoada co Premio Luís Porteiro Garea á promoción do galego".Real Academia Galega. 21 de xuño de 2023. 
  23. Lopo, Antón (2024-09-06)."Margarita Ledo presenta en Numax o martes 10 de setembro a súa antoloxía 'Prefiro condenarme'".A poesía necesaria. Consultado o2024-09-11. 
  24. "Margarita Ledo: "Cando te expulsan do teu país soamente podes levar a lingua, non a terra"".Galicia Confidencial. Consultado o2021-04-25. 
  25. "Santa Liberdade. NÓS Produtora Cinematográfica Galega".www.noscinema.gal. Consultado o2021-04-25. 
  26. "Hai que botalos (2005)".Filmaffinity(encastelán). Consultado o2021-04-25. 
  27. "Liste, pronunciado Lister. NÓS Produtora Cinematográfica Galega".www.noscinema.gal. Consultado o2021-04-25. 
  28. "A cicatriz branca. NÓS Produtora Cinematográfica Galega".www.noscinema.gal. Consultado o2021-04-25. 
  29. "Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra. NÓS Produtora Cinematográfica Galega".www.noscinema.gal. Consultado o2021-04-25. 
  30. "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'".Galicia Confidencial. Consultado o2021-04-25. 
  31. "Proyectan en Monterroso de ‘CCCV-CineClube Carlos Varela’ de Ramiro Ledo Cordeiro – Rebelion"(encastelán). Consultado o2021-04-25. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Margarita LedoModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Euloxio R. Ruibal
 
Arquiveira-Bibliotecaria daRAG
 
2013 - 2017
Sucesor:
Fina Casalderrey
Predecesor:
Henrique Monteagudo
 
 Secretaria daReal Academia Galega 
 
desde 2021
Sucesor:
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Margarita_Ledo&oldid=6992686»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp