Marcelino Oreja Aguirre, nado enMadrid o13 de febreiro de1935, é unxurista, político ediplomáticoespañol. Imarqués de Oreja. É tío do tamén políticoJaime Mayor Oreja.
Marcelino Oreja Aguirre pertence a unha familia de destacados empresarios e políticostradicionalistas vascos. É fillo deMarcelino Oreja Elósegui, deputadotradicionalista e director da empresaUnión Cerrajera de Mondragón, que morreu asasinado durante aRevolución de outubro de 1934 por militantes uxetistas.[1] O seu tíoRicardo Oreja Elósegui foi tamén deputado polas filas tradicionalistas e ocupou un posto como procurador nasCortes franquistas. Outro tío seu,Benigno, foi un prestixioso médico urólogo e ocupou tamén un posto como procurador nas Cortes.
Doutorado enDereito polaUniversidade de Madrid, formouse na carreira diplomática sendo destinado aos vinte e cinco anos ao gabinete doMinistro de Asuntos Exteriores durante a ditadura franquista. Membro doGrupo Tácito, vinculouse a movementos próximos ádemocracia cristiá e á dereita democrática representada polaUnión de Centro Democrático, foi nomeado Senador Real naLexislatura Constituínte e ministro de Asuntos Exteriores durante atransición en1976 no primeiro goberno deAdolfo Suárez, cargo que mantivo até1980.
Naseleccións xerais de 1979 foi elixidodeputado aoCongreso polaprovincia de Guipúscoa como cabeza de lista da candidatura da UCD. O25 de novembro de1980, foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por Guipúscoa, o seu sobriñoJaime Mayor Oreja. Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido naseleccións de 1982, nas que obtivera a acta de deputado de novo, porÁraba na lista conxunta que presentaron no País VascoAlianza Popular, oPartido Demócrata Popular, oPartido Demócrata Liberal eUnión de Centro Democrático. Foi Secretario Xeral doConsello de Europa en1984. En1989 foi elixidoparlamentario europeo nas listas doPartido Popular e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo deConstitución para aUnión Europea en1993.
Posteriormente presentouse de novo áseleccións en España en 1993 polaprovincia de Álava nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designadoComisario Europeo de Transportes e Enerxía en1994 e participou na elaboración doTratado de Maastricht. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co PresidenteJacques Santer) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro daReal Academia de Ciencias Morais e Políticas e daAcademia Europea de Ciencias e Artes. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos daUniversidade CEU San Pablo.[2]
O9 de abril de2010 foi nomeado marqués de Oreja[3] polo ReiXoán Carlos I en recoñecemento á súa traxectoria.[4]
Está casado con Silvia Arburúa, filla do exministro franquistaManuel Arburúa de la Miyar.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcelino Oreja Aguirre |