Marat Mubinovich Safin (enruso:Марат Мубинович Сафин; entártaro:Марат Мөбин улы Сафин), nado enMoscova o27 de xaneiro de1980, é un ex-tenistatártaro de nacionalidaderusa. Safin comezou a súa carreira profesional en1997 e alcanzou a primeira posición do ránking mundial no ano2000 tras vencer aPete Sampras na final doUS Open. Safin era un xogador moi forte fisicamente, e na pista un xogador moi agresivo. Considerado un dos xogadores máis talentosos do circuíto, tamén é coñecido polas súas continuas perrenchas e desconcentracións dentro da pista. Marat posuía un dos mellores servizos do circuíto, capaz de acadar os 230 km/h.
Retirouse do tenis profesional en novembro de2009[1].