Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Maracuxá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maracuxá

Variedade púrpura madura de Australia e corte transversal
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Anxiospermas
(sen clasif.):Eudicots
(sen clasif.):Rosids
Orde:Malpighiales
Familia:Passifloraceae
Xénero:'Passiflora'
Especie:''P. edulis''
Nome binomial
'Passiflora edulis'
Sims, 1818

Omaracuxá[1] (dotupímara kuya, "froito que se serve" ou "alimento na 'cuia' (cabaza que serve de cunca") é o froito e a planta coñecida cientificamente comaPassiflora edulis dafamiliaPassifloraceae.Ás veces denomínase maracuxá a todas aspasifloras en xeral.

Estaplanta rubideira tamén é coñecida comomaracuxaceiro[Cómpre referencia] (do portuguésmaracujazeiro). O froito tamén se coñece comafroita da paixón[1].

É espontáneo nas zonas tropicais e subtropicais dasAméricas.

É cultivada tamén comoplanta ornamental pola súaflor (tal como as outrasespecies domesmo xénero). Ademais aPassiflora edulis é cultivada con fins comerciais, debido aofroito, noCaribe, no sur daFlorida e noBrasil, que é o maior produtor - e tamén consumidor - mundial de maracuxá. O maracuxá de uso comercial é redondo ou ovoide, amarelo ou púrpura escuro cando está maduro, e ten unha gran cantidade desementes no seu interior.

O froito utilízase especialmente para producir zumes ou polpa de maracuxá, ás veces mesturada con zumes doutros froitos, como alaranxa. Crese que o froito posúe proriedades calmantes.

Á súa flor chámanlle 'flor da paixón' por mor da semellanza das súas formas botánicas cos signos da paixón deXesús Cristo: coroa de espiños, cinco chagas e mesmo os tres cravos cos que foi crucificado.

A flor do maracuxá é polinizada principalmente porabesouros.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome maracuxá —introducido ao galego e ás demais linguas europeas a través doportugués— (maracujá) é unha corrupción doguaranímburukuja; etimoloxicamentemberu kuja, "viveiro de moscas", pola dozura do néctar que resulta atractivo para a desova dos insectos ou máis ben porque o contido dos seus froitos lembra un grupo de moscas.

Descrición

[editar |editar a fonte]

O maracuxá é unhaplanta rubideira que pode acadar os 9 metros de lonxitude en condicións climáticas favorábeis, aínda que o seu período de vida non supera polo xeral a década. Otalo é rexo e lígneo; presentafollas alternas de gran tamaño,perennes, lisas e de cor verde escura. Unha mesma planta pode presentar follas non lobuladas cando comeza a se desenvolver, e despois follas trilobuladas, polo fenómeno deheterofilia foliar. Asraíces, como é habitual nas gateadoras, son superficiais.

Aflor preséntase individualmente; pode acadar os cinco centímetros de diámetro nas variedades bravas, e até o dobre nas seleccionadas polo seu valor ornamental. Adoita ser abrancazada, con pigmentacións rosáceas ou avermelladas, enP. edulis; noutras especies semellantes presentan cores que van dende o encarnado intenso até o azul pálido.

Flor e follas do maracuxá.

Foron oscolonizadores españois os que a denominaron ofroito da paixón; a súa estrutura pentarradial recibiu unha interpretaciónteolóxica, cos cincopétalos e cincosépalos simbolizando os dezapóstolos (doce, menosXudas Iscariote ePedro), mentres que os cincoestames representarían os cinco estigmas. Finalmente, os trespistilos corresponderían aos cravos da cruz.

Afroita do maracuxá é unhabaga oval ou arredondada, de entre 4 e 10 cm de diámetro, carnosa e zumarenta, recuberta dunhapela grosa,cerosa, delicada e incomestíbel. Apolpa contén numerosassementes miúdas. A cor presenta grandes diferenzas entre variedades; a máis frecuente nos países de orixe é amarela, obtida da variedadeP. edulis f.flavicarpa porén, polo seu superior atractivo visual, adoita exportarse aos mercados europeos e de América do Norte o froito deP. edulis f.edulis, de cor vermella, laranxa intenso ou púrpura. Esta variedade é coñecida comagulupa en Colombia.

Valor nutritivo

[editar |editar a fonte]

O froito é fonte de vitaminas A, C e do complexo B. Alén diso, presenta boa cantidade de sales minerais (ferro, sodio, calcio e fósforo)

Coidados

[editar |editar a fonte]

As doenzas e as pragas que atacan a planta do maracuxá provocan prexuízos económicos importantes e provocan un maior uso de agroquicos, alén de seren a principal ameaza á expansión e á produtividade do cultivo de maracuxá acedo e maracuxá doce. Nalgunhas rexións do Brasil, doenzas como abacteriose,[2] murcha defusarium (Fusarium oxysporum f. sp. passiflorae), virose do endurecemento do froito (Passion fruit Woodiness Virus – PWV ou Cowpea aphid-borne mosaic virus - CABMV) e aantracnose (Colletotrichum gloeosporioides) foron importantes limitadores da produción. Estas doenzas vense favorecidas por condiciónsedafoclimáticas favorábeis.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 153. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.ISBN 978-84-453-5056-0
  2. Xanthomonas axonopodis pv. passiflorae
  3. "FORMAÇÃO DE MUDAS DE MARACUJAZEIRO POR ENXERTIA EM ESPÉCIES SILVESTRES E EM HÍBRIDOS INTER E INTRAESPECÍFICOS ("en portugués")"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 14 de decembro de 2022. Consultado o 14 de decembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  MaracuxáModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maracuxá&oldid=6799396»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp