Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mar de Beaufort

Coord.:72°N137°O / 72,-137
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Beaufort
(en)Beaufort Sea
(fr)mer de Beaufort
(ik)TaġiuqEditar o valor en Wikidata
Imaxe
TipomarEditar o valor en Wikidata
EpónimoFrancis BeaufortEditar o valor en Wikidata
Parte deOcéano ÁrticoEditar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCanadáEditar o valor en Wikidata
División administrativaAlasca, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 72°N137°O / 72,-137
Composto por
Afluentes
Características
Altitude0 mEditar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 4.683 m
Media: 1.004 mEditar o valor en Wikidata
Superficie178.000 km²Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5164435

Omar de Beaufort (inglés:Beaufort Sea,francés:mer de Beaufort) é unmar marxinal doocéano Ártico,[1] situado en América do Norte ao norte dosTerritorios do Noroeste, doYukón e deAlasca e ao oeste dasIllas Árticas do Canadá. A súa extensión é de ao redor de 450 000 km². Recibiu o seu nome polohidrógrafo irlandés sirFrancis Beaufort (1774-1857).

Historia

[editar |editar a fonte]

O almirantado inglés foi quen con máis énfase buscou o ansiadoPaso do Noroeste, e tras comprobar que non había ningún paso a través do continente, probou a través doestreito de Bering feito para o cal nomeou en 1825 aFrederick William Beechey (1796-1856) comandante do balandroHMS Blossom, cunha tripulación dun centenar de homes, cuxa misión era alcanzar o estreito e unha vez alí, xirar cara ao leste ata enlazar con dúas expedicións que buscaban o paso polo oeste: unha por terra, desde o río Mackenzie, comandada porJohn Franklin (1786-1847) (que se fará soado ao desaparecer con toda a súa tripulación na tristementeexpedición perdida de Franklin); e outra por mar, desde oestreito do Príncipe Rexente, ás ordes deWilliam Edward Parry (1790-1855), que non puido progresar debido ao xeo.

Beechey chegou ao estreito de Bering en xullo de 1826 e seguiu navegando cara ao norte, dobrandopunta Barrow (Alasca) (71°24′31″N156°27′30″O / 71.40861,-156.45833); Beechey foi, por tanto, o primeiro occidental que navegou, apenas unhas millas, polo mar de Beaufort.

A costa continental, o bordo meridional do mar de Beaufort, foi recoñecido desde terra por Franklin na súa expedición de recoñecemento de 1824-26, na que ía acompañado porGeorge Back (1796-1878), o naturalistaJohn Richardson (1787-1865) e o explorador canadensePeter Warren Dease (1788-1863). Descenderon o río Mackenzie e exploraron o tramo de costa oriental do Beaufort ata chegar áPrudhoe Bay.

O primeiro occidental do que se ten constancia de que navegou por completo as augas do mar de Beaufort foi, no ano 1850, o oficial naval e explorador británicoRobert McClure (1807-73), comandando oHMS Investigator, nunha das expedicións do almirantado á procura da expedición perdida de Franklin. Nesa expedición McClure foi o primeiro que logrou completar o Paso do Noroeste, aínda que parte do traxecto fíxoo a pé e enzorras.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

O mar de Beaufort está limitado, ao noroeste por unha liña que conectapunta Barrow (Alasca) con Lands End nailla do Príncipe Patrick; ao oeste polas costas occidentais dailla do Príncipe Patrick e ailla de Banks, pertencente aoarquipélago ártico canadense; e ao sur pola costa continental.

Orío Mackenzie desauga neste mar, do mesmo xeito que outros cursos menores. Supón un importante hábitat para baleas e paxaros, e aínda continúa sendo unha zona relativamente virxe, e libre do tráfico comercial.

O mar está completamente conxelado durante a maior parte do ano, cubrindo a capa de xeo permanente o seu parte norte durante todo o ano.

O mar de Beaufort é tamén o lugar no que se supón que existen significativas reservas depetróleo baixo o leito do mar, como continuación das reservas existentes nas zonas próximas o río Mackenzie e North Slope.[Cómpre referencia]. Foi explorado por petroleiras na década de 1960, empezando a operar a primeira plataforma petrolífera en 1986 (Amauligak Project).

Delimitación da IHO

[editar |editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, aOrganización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Beaufort como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 13 e defíneo da forma seguinte:

No norte.
Unha liña desde punta Barrow, Alasca, ata Lands End, nailla do Principe Patrick (76°16' N, 124°08' O).
No leste.
Desde Lands End, a través da costa suroeste da illa do Principe Patrick, ata punta Griffiths, desde alí unha liña ata o cabo do Principe Alfred, o extremo noroccidental da illa de Banks, logo a través da súa costa oeste ata o cabo de Kellet, o extremo suroeste, e desde alí unha liña ata o cabo Bathurst, na parte continental.
Limits of oceans and seas, páx. 9.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. John Wright (30 novembro 2001). Psychology Press, ed.The New York Times Almanac 2002. p. 459.ISBN 978-1-57958-348-4. Consultado o 29 de novembro do 2010. 
  2. «On the North.
    A line from Point Barrow, Alaska, to Lands End, Prince Patrick Island (76°16' N, 124°08' O).
    On the East.
    From Lands End through the Southwest coast of Prince Patrick Island to Griffiths Point, thence a line to Cape Prince Alfred, the Northwestern extreme of Banks Island, through its West coast to Cape Kellet, the Southwestern point, and thence a line to Cape Bathurst on the mainland (70°36' N, 127°32' W)».
    A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en:https://epic.awi.de/id/eprint/29772/1/IHO1953a.pdf.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mar de BeaufortModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar_de_Beaufort&oldid=6851420»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp