Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mar Cantábrico

Coord.:44°N4°O / 44,-4
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar Cantábrico
(es)Mar CantábricoEditar o valor en Wikidata
Imaxe
TipomarEditar o valor en Wikidata
Parte deGolfo de BiscaiaEditar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaEspaña eFranciaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 44°N4°O / 44,-4
Conca hidrográficaconca do CantábricoEditar o valor en Wikidata
Características
Profundidade4.750 kmEditar o valor en Wikidata

OCantábrico (enasturiano:Cantábricu, encastelán:Cantábrico, enéuscaro:Kantauri, enfrancés:Cantabrique) é unmar litoral doocéano Atlántico que baña a costa norte deEspaña e a costa suroeste deFrancia. Esténdese desde oCabo Ortegal naprovincia da Coruña, ata a desembocadura dorío Adour nas costas do departamento Francés dasLandes preto deBayonne. Esta delimitación foi publicada polaOrganización Hidrográfica Internacional na súa publicaciónLimits of oceans and seas (Límites de océanos e mares) en 1953, máxima autoridade internacional na materia de delimitación de mares a efecto de regular o tráfico e seguridade marítima.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas doPaís Vasco recibe o nome degolfo de Biscaia ou tamén degolfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias daCoruña,Lugo,Asturias,Cantabria,Biscaia,Guipúscoa eLapurdi, esta última enFrancia.

Características

[editar |editar a fonte]

Constitúe un mar de transición entre os mares fríos do Norte e os tépedos dotrópico, o que fai que sexaecotono de especies vexetais e animais de augas frías. O afloramento de augas profundas e frías existente fronte ás costas galegas fai que a temperatura da auga aumente conforme nos desprazamos cara ao Leste. Esa temperatura da auga superficial presenta unha acusada estacionalidade, así durante o inverno a temperatura da auga pode baixar ata os 11 °C, mentres que no verán alcanza os 22 °C aproximadamente. A partir dos 35 ou 40 m de profundidade a temperatura da auga mantense practicamente estable durante todo o ano. Estas temperaturas son infrecuentemente altas dada a rexión xeográfica que ocupa o mar Cantábrico, e débense aos efectos cálidos dacorrente do Golfo.

Os fortes ventos do noroeste que sopran sobre el teñen a súa orixe nas baixas presións centradas sobre asIllas Británicas e omar do Norte en combinación coanticiclón dosAzores. A distancia percorrida polovento e o mantemento da súa dirección e velocidade constantes fai que se xerenondas que oscilan entre 2,5 e 3 metros de altura, o que orixina un mar moi axitado. En condicións moi particulares, máis propicias nos meses deabril-maio esetembro-outubro, os ventos do oeste poden alcanzar magnitudes degalerna con ondas que chegan a superar os 9 metros de altura.

A medida que nos aproximamos á costafrancesa as augas van sendo máis cálidas. Posúe unhasalinidade media do 35%, aínda que este dato varía moito en función do réxime de choivas imperante na zona e a maior ou menor proximidade á costa e/ou desembocaduras de ríos caudalosos. Ten unha significativa amplitude demarea, podendo ser de 4´5 m como máximo, especialmente nas mareas vivas demarzo e é atravesado polaCorrente do Golfo.

Historia

[editar |editar a fonte]
Temporal no mar Cantábrico. As ondas batendo contra aIlla de Mouro e o seu faro.

O mar Cantábrico foi bautizado polosromanos noséculo I a. C. comoCantabricus Oceanus en referencia a un dos pobos que poboaban as súas costas, oscántabros. Noutras citas clásicas máis antigas aparece co nome deBritannicus Oceanus eGallicus Oceanus.[1] Nas súas costas creáronse asentamentos humanos de tribos deástures,cántabros,autrigones,caristios evárdulos que fixeron da pesca a súa principal actividade económica, aínda que esta neses tempos primitivos non foi moi importante. Non obstante a presenza de determinados restos arqueolóxicos anteriores áconquista romana, así como investigacións no campo da xenética, demostran a existencia de contactos marítimos máis aló das costas cantábricas.[2] Achados como o doCaldeiro de Cabárceno, similar aos atopados preto deBattersea (Londres) ou enDublín (Irlanda), parecen evidenciar que existiron intercambios comerciais marítimos polo menos 600 anos antes da chegada dos romanos entre os poboadores da zona norte da Península e os da zona atlántica europea, especialmente cos habitantes dasIllas Británicas.[3]

Coadecadencia romana iníciase un período convulso e con escasas fontes historiográficas.Hidacio sinala que cara ao ano456 d. C. a costa foi devastada por expedicións dehérulos. Durante este período o litoral cantábrico eran costas indefensas fronte ásrazzias dospobos do norte de Europa. Aínda que o mar probablemente se estaría aberto á navegación decabotaxe, non se ten constancia da existencia de comercio ou intercambios marítimos. Descoñécese se os portos romanos seguían aínda activos, estaban abandonados ou unicamente daban servizo a intercambios locais.[4] Posteriormente rexístrase a primeira chegada dosviquingos áPenínsula Ibérica a través do mar Cantábrico no século IX, que intentaron asaltar e saquear numerosos pobos costeiros aínda que foron derrotados en numerosas ocasións e inicialmente porRamiro I de Asturias.[5] A pesca converteuse nunha importante actividade económica no mar Cantábrico, especialmente a captura debaleas, hoxe extintas na rexión.

O mar Cantábrico foi considerado tradicionalmente unmare tenebrosum, pechado, perigoso e de difícil tránsito. No entanto, as investigacións arqueolóxicas actualmente cuestionan esta visión.[6] Desde finais doséculo I d. C., das súas resgardadas baías e enseadas xurdiron asentamentos que co tempo chegaron a ter grande importancia, como demostra o xurdimento daHermandad de las Cuatro Villas ou das Marismas, federacións de portos que conformaron un poder naval e económico de primeira orde noArco Atlántico.

Localidades importantes

[editar |editar a fonte]

Principais municipios da beira do mar Cantábrico:

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Plinio o Vello, III, 6; y IV, 114
  2. "Ramón Sainero: “Los celtas más antiguos se encuentran en la Península Ibérica”".Diario de Ferrol(en español). 10 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  3. "El Caldero de Cabárceno".Regio Cantabrorum(en español). Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  4. Javier Arce (2013).Bárbaros y romanos en Hispania: (400-507 A.D.). Marcial Pons Historia.ISBN 9788496467576. 
  5. José Javier Esparza (2009).La gran aventura del Reino de Asturias: Así empezó la Reconquista. La Esfera de los Libros.ISBN 978-84-9734-887-4. 
  6. Carmen Fernández Ochoa; Ángel Morillo Cerdan (2008)."La ruta marítima del Cantábrico en época romana"(pdf). Consultado o 4 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mar Cantábrico
Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar_Cantábrico&oldid=6972665»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp