Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mar Arxentino

Coord.:46°S63°O / -46,-63
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar Arxentino
(es)Mar ArgentinoEditar o valor en Wikidata
Imaxe
TipomarEditar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico surEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArxentinaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 46°S63°O / -46,-63
Afluentes
Características
Profundidade2.224 mEditar o valor en Wikidata
Superficie940.000 km²Editar o valor en Wikidata

Omar arxentino[1][2][3] é un sector doocéano Atlántico que cobre aplataforma continental adxacente ás costas daRepública Arxentina. Definido como unharexión ecolóxica, o mar arxentino é unmar epicontinental, e comprende a zona desde a boca doestuario doRío da Prata polo norte (paralelo 35º Sur) ata ailla dos Estados polo sur, e desde a costa arxentina ata aisobata dos 200 metros de profundidade, que inclúe ásillas Malvinas.[4] Definido como un límite político, coincide coazona económica exclusiva definida pola Arxentina na súa porción continental e as illas Malvinas, incluíndo parte dobanco Namuncurá ou Burdwood (aproximadamente 56º 30' Sur). É dicir ata as 350millas náuticas (370´4 km) daliña de base costeira.[5] O seu ancho varía entre 210 quilómetros fronte aoMar da Prata e 850 na latitude das Illas Malvinas. A liña costeira prolóngase por 4.725 km.[6] Ao leste do Mar Arxentino esténdese a aínda máis extensa e moito máis profundaconca Arxentina.

Mar arxentino

[editar |editar a fonte]

O nomemar arxentino refírese a unha porción do mar da Arxentina, sendo este último o conxunto doespazo marítimo arxentino.

O explorador romanésJulio Popper foi o primeiro en empregar o nome "Mar Arxentino", cando en 1891 publicou un mapa denominado "Terra do fogo segundo as exploracións efectuadas polo enxeñeiro Julio Popper (1886 -1891)".[7] Popper denominoumar arxentino a:

«(...) a extensión marítima innombrada que baña o extremo sur da República e que se estende desde ailla dos Estados aocabo de Fornos e desde acanle Beagle ao Atlántico occidental' '.

O nome estendeuse pouco despois ata abarcar todas as costas continentais arxentinas. A área mencionada por Popper, que era a área na zona sur de Terra do fogo, recibiu o nome demar da Zona Austral como consecuencia da aprobación doTratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile de1984, pero segue sendo frecuentemente incluído como parte do Mar Arxentino.

AOrganización Hidrográfica Internacional non incluíu o Mar da Arxentina dentro da súa publicación "Límites de océanos e mares" de1953,[8] e a súa existencia como tal é rexeitada poloReino Unido, país que mantén un litixio coa Arxentina pola soberanía das Illas Malvinas. Fóra da Arxentina, nos países onde predominan a cartografía marítima con nomes en inglés, o nome Mar Arxentino é pouco usado e a rexión é referida simplemente, descoñecendo os límites físicos concretos que posúe o Mar Arxentino, como unha parte máis do océano Atlántico na súa sección sur.

En 2009, durante o goberno deCristina Fernández de Kirchner, a Chancelería arxentina presentou ásNacións Unidas unha petición de expansión da plataforma continental, que abarca unha área de 1.782.500 quilómetros cadrados, equivalente a máis da metade do territorio emerxido, aplicando as regras establecidas na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar (CONVEMAR). A área reclamada tamén corresponde coa zona na que se atopan as Illas Malvinas e outras illas do Atlántico Sur sobre as que a Arxentina mantén unha disputa de soberanía con Gran Bretaña. En marzo de 2016 as Nacións Unidas aprobaron a petición arxentina por unanimidade,[9][10][11] pasando dos 990.000 quilómetros cadrados a 1.782.500 quilómetros cadrados de mar arxentino.

Biodiversidade

[editar |editar a fonte]

O mar arxentino é un dos mares máis templados do mundo. Recibe o frío dacorrente das Malvinas desde o sur, que provén da Antártida e a cálidacorrente do Brasil desde o norte.[12]

O mar arxentino ten doce áreas identificadas como lugares de gran biodiversidade. Existen dúas áreas protexidas internacionalmente, unha nacional e dezaoito provinciais.[12]

O mar arxentino tenplancto,algas,crustáceos,sardiñas eanchoas. que alimentan a fauna máis avanzada comopingüíns,cormoráns,quenllas,baleas,golfiños,marsopas, focas, leóns mariños eelefantes mariños.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Dos celosos frente al mar. Pág. 116. Escrito por Nicolás Salom Franco, Pontificia Universidad Javeriana Facultad de Ciencias Jurídicas.Publicado por Pontificia Universidad Javeriana, 2003.ISBN 9586836045, 9789586836043
  2. Documento del gobierno de Estados Unidos mencionando elArgentine sea
  3. Latin America. Pág. 31. Escrito por Foundation for International Environmental Law and Development. Publicado por Blackwell, 1996
  4. "SITUACIÓN AMBIENTAL EN LA ECORREGIÓN DEL MAR ARGENTINO. Por: Claudio Campagna I, Carlos Verona II y Valeria Falabell"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 05 de novembro de 2013. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  5. "El mar des-protegido: zonificación y conservación de la biodiversidad"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de decembro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  6. Manual de manejo costero para la provincia de Buenos Aires. Pág. 23. Escrito por Federico Isla, Federico Ignacio Islas y Carlos A. Lasta (Eds.), Carlos A. Lasta. Colaborador Carlos A. Lasta, Universidad Nacional de Mar del Plata Staff. Edition: illustrated. Publicado por EUDEM, 2006.ISBN 987-544-182-1, 9789875441828
  7. Julio Popper, personaje judío interesante. Por Fernando E. Kazakevich. Edición Ana Perez. Consultado el 3-11-2010
  8. "Limits of ocean and seas. Special publications N° 23. 3° Edition - 1953"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 08 de outubro de 2011. 
  9. "El límite más extenso de la Argentina y nuestra frontera con la humanidad"(PDF).COPLA. 2016. 
  10. "Límite exterior de la plataforma continental. Presentación argentina"(PDF).Presidencia de la Nación Argentina. 2009. 
  11. "Argentina suma territorio".Infobae. 27 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  12. 12,012,1Ecorregión Mar ArgentinoArquivado 05 de novembro de 2013 enWayback Machine.(encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mar ArxentinoModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar_Arxentino&oldid=6851486»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp