![]() (2013) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1989![]() Long Branch, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Tucker High School(en)![]() Providence College(en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League,Baloncesto masculino da División I da NCAA eNational Basketball Association![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala eEscolta![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 2![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
MarShon Scitif Brooks, nado o26 de xaneiro de1989 enLong Branch,Nova Jersey, é un xogador americano debaloncesto profesional.
Brooks foi elixido na 25ª posición doDraft da NBA de2011 polosBoston Celtics. Os Celtics traspasaron a Brooks aosNew Jersey Nets a cambio da 27ª posición do Draft de 2011,JaJuan Johnson, e unha elección da segunda rolda do Draft de2014. Asinou o seu contrato polos Nets o9 de decembro de 2011.
Brooks foi traspasado ósBoston Celtics o12 de xullo de 2013 como parte dun traspaso que mandou aKevin Garnett e aPaul Pierce ós Nets.[1]
O1 de xaneiro de2014, foi asignado ósMaine Red Claws daNBA Development League.[2] O9 de xaneiro foi chamado de volta polos Celtics.[3]
O15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, osGolden State Warriors e osMiami Heat. Os Celtics mandaron a Brooks e aJordan Crawford ós Warriors. A cambio, recibiron aJoel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft dePhiladelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais,Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[4]
O19 de febreiro de 2014, Brooks foi traspasado xunto aKent Bazemore ósLos Angeles Lakers, a cambio deSteve Blake.[5]
En xullo de 2014, Brooks uniuse ósSacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2014.[6]
O8 de agosto de 2014, Brooks asinou un contrato dun ano coEmporio Armani Milano daLega Basket Serie A.[7][8]
O3 de xaneiro de2019, Brooks foi traspasado ósChicago Bulls xuntoWayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio deJustin Holiday.[9] Foi cortado o7 de xaneiro polos Bulls sen chegar a debutar.[10]