Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Manuel Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rivas

(2022)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Rivas BarrósEditar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1957Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Monte Alto, EspañaEditar o valor en Wikidata
ResidenciaVimianzoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
IES MonelosEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, guionista, director de cinemaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País(1983–2020)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa,ensaio,poesía,teatro
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre CataluñaEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Isabel López e MariñoEditar o valor en Wikidata
FillosMartiño Rivas eSol Rivas.Editar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webmanuelrivas.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0729085Twitter: rivasbarrsBNE: XX1148141Bitraga: 1331AELG: 205BUSC: rivas-manuel-1957Musicbrainz: 6e42e30c-7d58-49e7-8a98-f04f945576e4Editar o valor en Wikidata

Manuel Rivas Barrós, nado no barriocoruñés deMontealto o26 de outubro de1957, é unescritor,poeta, ensaísta exornalista galego[1], membro de número daReal Academia Galega dende 2009.[2] A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional,[3] a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles ofrancés,italiano,inglés,alemán,grego,turco,ruso,finés,holandés,croata exaponés.[4]

Entre outros moitos premio é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
Manuel Rivas fotografado nos anos'80.

Manuel Rivas estudou noIES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio enEl Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información naUniversidade Complutense de Madrid.[5] Os seus primeiros artigos remóntanse ádécada de 1970.

Manuel Rivas na manifestación doxuízo do Prestige en 2012.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois:El País,El Ideal Gallego,La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector doDiario de Galicia. Tamén colaborou nas revistasTeima eMan Común, desenvolveu unha sección fixa no semanarioA Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanarioEl Globo e chegou a ser o director da revista culturalLuzes de Galiza. En1981 participou na viaxe doXurelo áFoxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidosradioactivos. Presentou os programas daTVGMáis alá eO mellor.

Mantén unha columna semanal no xornalEl País,[6] onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. Enoutubro de2003 participou, xunto conXurxo Souto, na reinauguración[7] daemisora comunitariaCuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

Manuel Rivas presentando dous libros.
Manuel Rivas noCulturgal 2010.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poéticoLoia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poemaPra escarnho e mal dizer foi galardoado coPremio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano1996 doPremio Nacional de Narrativa porQue me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente enlingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novelaUn millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario daliteratura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, comoA lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999),O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) eTodo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).[8]. En 2018 publicouVivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisiónVivir sin permiso.

Foi membro fundador deGreenpeace[9], polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe doPrestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadáNunca Máis ou coavaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

É membro de número daReal Academia Galega[10]. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta deLuz Pozo Garza,Xosé Neira Vilas eXosé Luís Axeitos, lendo o discursoA boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua,[11] respondido por Xosé Luís Axeitos.

No ano 2013 fundou a revistaLuzes canda aXosé Manuel Pereiro.[12]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Está casado con María Isabel López e Mariño, profesora de Economía nun instituto de ensino secundario,[13] e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo,Martiño Rivas, é actor.[14] A filla,Sol, é poeta[15]. Dende hai moitos anos reside enVimianzo.[16]

Obra

[editar |editar a fonte]

Poesía

[editar |editar a fonte]

Narrativa

[editar |editar a fonte]
Evolución de gando vacún enCastela e León,Galicia,Cataluña ePortugal. O número galego inspirou o título deUn millón de vacas.

Castelán

[editar |editar a fonte]

Teatro

[editar |editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar |editar a fonte]

Artigos e ensaios literarios

[editar |editar a fonte]
Adicatoria de Manuel Rivas.

Castelán

[editar |editar a fonte]

Outros

[editar |editar a fonte]

Castelán

[editar |editar a fonte]

Participación en obras colectivas

[editar |editar a fonte]

Audiovisual

[editar |editar a fonte]
  • O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dosDiplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto coa obraToxos e Flores.
  • La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A.ISBN 84-204-9411-9.
  • Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
  • Participación enHay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento doPrestige. (2004).
  • Participación enHai que botalos na curtametraxe chamadaPunto final. (2005).
  • Vivir sin permiso (2018), serie de TV ambientada nun relato do autor.[87]

Galardóns

[editar |editar a fonte]

En outubro de2011 foi nomeadodoutor honoris causa polaUniversidade da Coruña[88].

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes doGoberno de España.[89]

En 2024 recibiu oPremio Nacional das Letras Españolas. O xurado outorgoulle o premio[90]:

pola súa calidade narrativa e a súa defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega... pola extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial.

Premios xornalísticos

[editar |editar a fonte]

Premios literarios

[editar |editar a fonte]

Premios Mestre Mateo

[editar |editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor guiónTodo é silencioNomeado

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Rivas, Manuel". Xerais. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  2. "Rivas entra na Real Academia Galega". Arquivado dendeo orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  3. Xunta de Galicia."Manuel Rivas - Cultura de Galicia"(en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  4. O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
  5. "Artículos escritos por Manuel Rivas".El País(en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  6. Navegar al desvío
  7. Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influenciaArquivado 11 de xullo de 2011 enWayback Machine.(encastelán). Metamedia.
  8. IMDb (ed.)."Manuel Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  9. Manuel Rivas recibirá el premio de Greenpeace por su trayectoria (fundador de greenpeace en 1984)
  10. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega".academia.gal. Consultado o2019-01-08. 
  11. "A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua. Manuel Rivas Barrós. Xosé Luís Axeitos Agrelo - PDF".docplayer.com.br. Consultado o2019-01-08. 
  12. Víctor Honorato (13 de decembro de 2013)."‘Luzes’ brilla en su estreno".El País(en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  13. IES Xosé Neira Vilas (15 de setembro de 2014)."Equipo Docente - Arquivo do IESP Xosé Neira Vilas". Arquivado dendeo orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  14. IMDb (ed.)."Martiño Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  15. Sol Rivas, a aura na pel, reportaxe deXoán Abeleira paraEl País.
  16. www.vimianzo.gal (ed.)."Manuel Rivas Barrós". Arquivado dendeo orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  17. "[A] El pueblo de la noche".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  18. "El pueblo de la noche y Mohicania revisitada".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  19. "From Unknown to Unknown".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  20. "A desaparición da neve".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  21. "The Disappearance of Snow".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  22. "ИЗЧЕЗВАНЕТО НА СНЕГА И ДРУГИ СТИХОТВОРЕНИЯ".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  23. "A boca da terra. La boca de la tierra".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  24. "The Mouth of the Earth".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  25. Nicolás, Ramón (2021-12-11)."O que fica fóra, de Manuel Rivas".Caderno da crítica. Consultado o2022-03-14. 
  26. Moreiras, Iria (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Bitácora do esquecemento".GrialLX (110): 109–110.ISSN 0017-4181. 
  27. 27,027,127,227,3"Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas". Arquivado dendeo orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de maio de 2008. 
  28. "Un millón de vaques".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  29. "Un millón de vacas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  30. "Un milhão de vacas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  31. "Egymillió tehén".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  32. "Million krava".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  33. "[Un millón de vacas]".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  34. "Los comedores de patatas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  35. "Comedores de patacas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  36. "The Potato Eaters".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  37. "En salvaje compañía".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  38. "In wilder Gesellschaft".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  39. "En sauvage compagnie".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  40. "In wild gezelschap".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  41. "In The Wilderness".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  42. "В ДИВА КОМПАНИЯ".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  43. "La lengua de las mariposas".bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  44. "Jezik metuljev".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  45. "A língua das borboletas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  46. "Borboleta sira-nia nanál (tetún)".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  47. "Teod ar balafenned".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-02. 
  48. "O lapis do carpinteiro".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  49. "Ella, maldita alma".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  50. Xolda.co."Ella, maleïda ànima".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  51. "Alma, maldita alma".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  52. "[Ela, maldita alma]".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  53. "Las llamadas perdidas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  54. "As chamadas perdidas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  55. "Cuentos de un invierno".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  56. "Los libros arden mal".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  57. "Els llibres fan de mal cremar".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  58. "L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  59. "I libri bruciano male".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  60. "Books Burn Badly".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  61. "Todo es silencio".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  62. "All Is Silence".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o2019-08-06. 
  63. "Tout est silence".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  64. "Lo más extraño. Cuentos reunidos".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  65. "Las voces bajas".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  66. "The Low Voices".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  67. "Manuel Rivas presenta su nuevo libro ´O último día de Terranova´".Faro de Vigo. 26/11/2015. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  68. "Ficha do libro Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2022-06-19. 
  69. Diario, Nós (2023-01-04)."'The New York Times' nomea unha novela de Manuel Rivas entre as 100 mellores de 2022".Nós Diario. Consultado o2023-01-05. 
  70. "Ficha do libro en Xerais".xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  71. "Tras do Ceo - Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2024-09-03. 
  72. Vilavedra, Dolores (outubro, novembro, decembro 2024). "Reencontro tras do ceo".GrialLXII (244): 115–116.ISSN 0017-4181. 
  73. "Ficha do libro Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2022-06-19. 
  74. "El Héroe".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  75. "Bala perdida".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  76. "Il pirata Testamatta".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  77. "Bala perduda".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  78. Díaz, Olga (xullo, agosto, setembro 2022). "O dereito a soñar".GrialLX (235): 79–80.ISSN 0017-4181. 
  79. "Galicia, Galicia".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o2019-08-06. 
  80. "Mujer en el baño".bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dendeo orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o2019-08-06. 
  81. "Ficha do libro Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2020-11-12. 
  82. Pérez Pereiro, Marta (Abril, maio, xuño 2021). "Unha exhortación á defensa fronte a todas as vilolencias do mundo".GrialLIX (230): 93–94.ISSN 0017-4181. 
  83. "Ficha do libro Editorial Xerais".www.xerais.gal. Consultado o2022-06-19. 
  84. Outros/as autores/as: Véxase a lista doIII Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
  85. Outros/as autores/as: Véxase a lista do volumeDe amor e Desamor dado que son os mesmos
  86. Outros/as autores/as: Véxase a lista doIII Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir aMarta Dacosta,Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel,Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
  87. "VIVIR SIN PERMISO. Series TV - Telecinco.es".telecinco(en Spanish). Consultado o2019-01-08. 
  88. Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDCArquivado 03 de febreiro de 2012 enWayback Machine., web daUniversidade da Coruña.
  89. "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022".culturaydeporte.gob.es(encastelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  90. "Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas 2024".Nós Diario. 29 de outubro de 2024. 
  91. Cedrón, María (8 de maio de 2016)."Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»".La Voz de Galicia. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  92. Real Academia Galega (ed.)."Manuel Rivas e María do Cebreiro, premios da Crítica en galego". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  93. "Manuel Rivas gaña o premio internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana".Galicia Confidencial. Consultado o2019-03-06. 
  94. "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza".Nós Diario. 2022-11-19. Consultado o2022-11-19. 
  95. "El Gobierno distingue a 32 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022".gob.es. 
  96. "Manuel Rivas, Premio Nacional de las Letras Españolas 2024".cultura.gob.es. 
  97. "Manuel Rivas, Premio CEDRO 2025".www.xerais.gal. Consultado o2025-03-08. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Manuel Rivas
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Manuel Rivas

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Araguas, Vicente; et al. (2003).Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237.ISBN 84-87804-40-3. 

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Rivas&oldid=6994258»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp