| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de abril de 1849 Azuqueca de Henares, España |
| Morte | 26 de abril de 1894 |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
Manuel Martínez González, nado enAzuqueca de Henares (Guadalaxara) o21 de abril de1849 e finado o26 de abril de1894, foi un poetagalego.
Manuel Martínez González era fillo dungarda civil natural deSomozas, Juan Martínez, e mais dunhasalmantina, Sabina González. Aos seis anos comezou os estudos primarios enSantiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursarDereito na mesma cidade, estudos que rematou enMadrid en1871.
Posteriormente, Martínez fixo oposicións paranotaría, exercendo a profesión, sucesivamente, enVigo,Cangas ePadrón.
Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:
A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.
Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha crítica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeiraRosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bo ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").
A escrita de Martínez González é a usual noséculo XIX, con abundancia deapóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey,nay,ley) e con carácter antihiático (todo o manexa /y é quen o desfay;filliño d'a yalma). Substitúe co -r- nos grupos con -l- (imposibre,puebro,groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues,arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir,puebro,carretera,gallego,diputado) e os vulgarismos (hestoria,auntamento,Madrí,eleutoral).
Foi tío deLuciano Varela Martínez.