Manresa é unha cidadecatalá daprovincia de Barcelona. Pertence á comarca doBages, da que é capital. Está situada no centro deCataluña, a uns 60 km da cidade deBarcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.
Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríosLlobregat eCardener. É un importante nó de comunicacións, en especial coEixe do Llobregat e oEixe Transversal.
Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre orío Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalánSeu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilobarroco así como interesantes edificaciónsmodernistas.
Manresa está situada no centro deCataluña. Orío Cardener pasa polo suroeste da cidade, con todo o municipio utiliza, para beber, a auga dorío Llobregat, que pasa polo límite leste do termo. A auga é recollida ao seu paso porBalsareny e transportada a Manresa por unha canle ata o Parque de l'Agulla.
A orografía urbana está claramente marcada pola existencia de varios cerros (Puigcardener, Puigmercadal, Puigterrà, Puigberenguer e Tossal dels Cigalons).
O territorio, dentro da conca de erosión do centro da comarca, está rodeado por unha serie de cerros marxinais de pouca elevación (Collbaix, 544 msnm; Bufalvent, 387 msnm; Montlleó, 361 msnm).
Josep Pla escribiu:Manresa as fábricas confúndense cos conventos, e os conventos coas fábricas. Ambas as cousas xa forman parte da historia.
A pesar de que as actividades industriais e servizos son os máis destacables, osector primario non está totalmente marxinado. O regadío, que aproveita a auga da histórica canle de Manresa, dedícase, especialmente, ás verduras, legumes e froita, como tamén aos cereais, trigo, millo, patacas e forraxe. No secaño predominan os cereais e a forraxe. A gandería céntrase, especialmente, na produción do porco e bovino. A tradición industrial remóntase aos séculos medievais.
Osector terciario é moi importante, como corresponde a unha capital de comarca das súas dimensións.
A súa condición de núcleo radial de vías de comunicación é un factor relevante na actividade comercial de Manresa.