Manizales é un concellocolombiano, capital dodepartamento deCaldas. Atópase no centro oeste deColombia, na rexión paisa, sobre a Cordilleira Central dos Andes, preto doNevado do Ruiz. Ten unha superficie de 571,84 km²[1] e 400 154 habitantes (2018).[2][3] Forma parte do chamado Triángulo do café. Ten unha poboación de aproximadamente 398 874 habitantes de acordo ás proxecciónsdemográficas oficiais para o ano 2017; a súa área metropolitana conformada polos concellos de Manizales,Neira,Chinchiná,Villamaría ePalestina chega a unha poboación próxima aos 557 060 habitantes, e é tamén coñecida como a subrexión Centrosur de Caldas. Forma parte, xunto conRisaralda,Quindío, o noroeste deTolima, o Norte do Val e o suroeste antioqueño doeixo cafetero colombiano.
Fundada en 1849 por colonos antioqueños, hoxe é unha cidade con actividades económicas, industriais, culturais e turísticas.[4] Da súa actividade cultural son de resaltar a Feira de Manizales, o Festival Internacional de Teatro de Manizales, sendo a cidade teatral máis importante na historia de Colombia e o Festival Manizales Grita Rock.