| Manifesto de Sandhurst | |
|---|---|
Afonso XII, asinante do manifesto | |
| Creación | 1 de decembro de 1874 |
| Texto | Restauración da monarquía borbónica en España |
| Lingua | Castelán |
| Atopado en | Sandhurst,Berkshire,Inglaterra,Reino Unido |
| Localización | Academia Real Militar de Sandhurst |
| Autores | Antonio Cánovas del Castillo |
| Signatarios | Afonso de Borbón (futuro Afonso XII) |
| Función | Xustificar o retorno da monarquía borbónica en España |
| Cita | «Non son un instrumento de vinganza nin de represalias, senón o rei de todos os españois» |
| Contexto histórico | Fin daPrimeira República Española |
| Consecuencias | O manifesto marcou o inicio do proceso que levou aogolpe de Estado de Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, instaurando a monarquía borbónica en España. |
| Difusión | Publicado en prensa española e internacional |
OManifesto de Sandhurst foi un manifesto de carácter político redactado porAntonio Cánovas del Castillo[1] e asinado o1 de decembro de1874 polo entón príncipeAfonso de Borbón (futuro reiAfonso XII de España), que se atopaba no exilio, na escola militar de Sandhurst.
O Manifesto foi orixinalmente publicado en varias cabeceiras europeas, comoThe Times. Non foi difundido na prensa española até o27 de decembro.[2] No documento, o príncipe, mostraba a súa disposición para se converter en rei dunhamonarquía parlamentaria.

Afonso XII, era fillo da raíñaIsabel II de España e cumprira 17 anos o28 de novembro de 1874. Atopábase exiliado tralarevolución de 1868 que destronou a súa nai. Estudara en varios países e rematara a súa formación na Academia Militar británica de Sandhurst.
EnEspaña, tras arevolución de 1868, sucedéronse distintos réximes nun período coñecido comoSexenio Democrático. En 1874 caera aPrimeira República, tralo golpe doxeneral Pavía e o poder atopábase en mans doxeneral Serrano.
Antonio Cánovas del Castillo era un político de orientación liberal conservadora que colaborara na redacción doManifesto de Manzanares (1854). A mediados da década dos sesenta, durante os gobernos daUnión Liberal, chegara a ser ministro. Durante oSexenio Democrático fora un dos máis destacados representantes do partido monárquico.
A finais de 1872 integrouse no bando afonsino. O liderado do partido foille encomendada no verán de1873. Desde el tratou de artellar o retorno dosBorbóns ao trono español, converténdose no verdadeiro artífice daRestauración borbónica.
Foi asinado polo príncipe o1 de decembro de 1874, mentres realizaba os seus estudos na academia militar Sandhurst, enInglaterra. O manifesto redactouse formalmente co pretexto de contestar as felicitacións recibidas ao cumprir dezasete anos, que significaba a maioría de idade. O documento fora ideado e redactado por Antonio Cánovas del Castillo;[3] no mesmo, dábase a coñecer o novo sistema político que se quería implantar, unhamonarquía constitucional; é dicir, un novo réxime monárquico de tipo conservador e católico que defendía a orde social pero que garantía o funcionamento do sistema político liberal. O manifesto remata proclamando as esencias fundamentais que han rexer no seu reinado: «…nin deixarei de ser bo español nin, como todos os meus antepasados, bo católico, nin, como home do século, verdadeiramente liberal».[3]
O manifesto publicouse pola prensa española o 27 de decembro. Dous días despois, o29 de decembro, o xeneralMartínez Campos, que xa levaba varios meses tramando un golpe a prol de Afonso,[4] levou a cabo unpronunciamento militar en Sagunto, proclamandoRei de España a Afonso XII[5][6] sen atopar apenas oposición no país. Este feito, modificou a planificación de Cánovas, que quería afastar aos militares da participación política e non desexaba que o retorno da monarquía se producira lexitimada por un golpe de estado[7] e, rapidamente, asumiu o ministerio-rexencia á espera do rei, o que supuxo o nacemento daRestauración borbónica que durou case medio século e conseguiu rematar coa dinámica golpista doperíodo isabelino.[8]
| AGalifontes posúe textos orixinais acerca de: Manifesto de Sandhurst |
|format= require|url= (Axuda). Harlequín Ibérica.ISBN 978-84-687-7822-8.