Amangueira[1] (Mangifera indica) é unhaárbore froiteira cuxos froitos son coñecidos comomangas. Estas árbores pertencen aoxéneroMangifera, que inclúe cerca de 35especies de árbores da familiaAnacardiaceae, nativas do sur e do sueste asiático desde o leste daIndia até asFilipinas, e introducidas noBrasil, enAngola, enMozambique e noutros países tropicais. Esta especie é máis difundida de todas as existentes. O nome da froita ben da palabramalayalammanga e foi popularizada enEuropa polosportugueses, que coñeceron esta froita enKerala.
Áplanta da manga adoita ser unha árbore leñosa, que alcanza un gran tamaño e a altura (pode superar os 30 m de altura, sobre todo, se ten que competir polos raios solares con árbores máis grandes, como podería ser nunha plantación decocos), sempre e cando sexa nun clima cálido. É nas zonas de climas temperados pode cultivarse aínda que non adoita alcanzar unha grande altura, polas incidencias climáticas que lle resultan adversas. É orixinario daIndia e cultívase en países declima cálido ademais dalgúns climas temperado comoEspaña, aChina e osEstados Unidos. Na zona intertropical é unha planta sumamente nobre: non require rego e resiste osincendios; unha plantación de mangas dificilmente podería queimarse durante a época de seca, xa que é o período de máximo crecemento dabiomasa para estas árbores é de maior actividade dafotosíntese por estar menos anubrado.
Mangifera indica foi descrita porCarl von Linné e publicado enFlora Brasiliensis 12(2): 394. 1876.[2]
- Sinonimia