Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Mandarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandarín
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
918000000 (2019)
1074000000Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
Cronoloxía
 Substitúe
Identificadores
Freebase/m/03115zEditar o valor en Wikidata
ISO 639-3cmnEditar o valor en Wikidata
ISO 639-5cmnEditar o valor en Wikidata
IETFcmnEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC138954614Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Este artigo amosaescritos chineses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Omandarín[1] (北方話[2], 北方话[3], běifāng huà[4], "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste daChina continental.

Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a domandarín estándar ou padrón (普通話[2] / 普通话[3],pǔtōnghuà[4], "lingua común", tamén chamada 漢語[2] / 汉语[3],hànyǔ[4], "lingua dos Hàn"[5], o cal se refire á lingua oficial daRepública Popular da China desde1956, a lingua oficial deTaiwán (Formosa), e unha das catro linguas oficiais deSingapur.

O mandarín escríbese por medio desinogramas, que son susceptíbeis de sertranscritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente enpinyin (como na maioría dos artigos daWikipedia), mais tamén enbopomofo.

O mandarín (a miúdo chamado simplementechinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outraslinguas chinesas, como ocantonés, ou distintas como otibetano ou omongol. O mandarín, que os dirixentescomunistas designaron como alingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termopǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva dalingua clásica literaria e artificial (文言wényán), abandonada en1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunhalingua vernácula falada (白話báihuà, «lingua simple») da que procede o mandarín. En1956, foi a variante dePequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente daretroflexión vocálica marcada por medio dosufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.

Fóra daChina, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.

Como as outras linguas chinesas, é unhalingua de tons. Emprega catrotonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.

Os tons son representados naChina por tiles sobre das vogais das sílabas da escritaromanizada ditapinyin e, enTaiwán, polas mesmas tiles sobre dosgrafemas dobopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final dasílaba cando as dificultades técnicas (teclado etc) impiden colocar ou ler os tiles.

Denominacións

[editar |editar a fonte]

O termogalego -usado tamén noutras linguas europeas- procede doportuguésmandarim (á súa vez tomado domalaiomentari oumantari, neste idioma é empréstito dosánscritomantrin-, é dicir «ministro») ; é a tradución do chinés 官話/官话guānhuà, que significa literalmente « lingua dos mandaríns » (maxistrados doImperio Chinés). O termoguānhuà considérase unha denominación arcaica polos sinófonos de hoxe en día.

Na República Popular da China, a lingua é nomeada 普通話[2] / 普通话[3],pǔtōnghuà[4], «lingua común» ou 國語[2] / 国语, guóyǔ[3],{{{3}}}[4] «lingua nacional». EnTaiwán denomínase oficialmente 國語[2] / 国语[3],guóyǔ[4]. Nas comunidades chinesas do estranxeiro, especialmente no Sueste asiático, a lingua é coñecida como 華語[2] / 华语[3],huáyǔ[4], «lingua chinesa» 華[2] / 华[3],huá[4] é unha palabra que designa de xeito principal a cultura chinesa). O termoHanyu 漢語 sinala o conxunto dos dialectos da etnia Han, e non só o mandarín: así, o cantonés é unha variante doHanyu, («lingua dosHan»), do mesmo rango que o mandarín. Pola súa pronunciación (especialmente a presenza ou non de consoantes finais diferentes den), os distintos dialectos poden ser máis ou menos próximos ao chinés arcaico. A este respecto, ohakka e ocantonés están máis próximos á lingua orixinal do que o mandarín.

Variantes gramaticais e lexicais

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Dialectos mandaríns.

Dende un punto de vista oficial, como xa se dixo, hai dúas variantes mandaríns, posto que o goberno de Pekín refire o mandarín do continente como se fose apǔtōnghuà, «lingua común», mentres que o goberno deTaipei cita a súa lingua oficial comokuo-yü (國語[2] / 国语[3],guóyǔ[4]), «lingua nacional». Oficialmente, opǔtōnghuà inclúe as pronuncias de varias rexións, mentres que okuo-yü está baseado teoricamente só sobre osfonemas do mandarín de Pekin. A comparación entre os dicionarios das dúas zonas mostra que ha algunhas diferenzas substanciais. Porén, ambas as dúas versións do mandarín escolar son abondo diferentes do mandarín coloquial, que de feito se fala, o cal sufriu o influxo das variantes rexionais.

Aínda máis, todas as variantes do mandarín non son directa e mutuamente intelixíbeis. Para ser máis precisos, segundo oSIL (Summer Institute of Languages):

As variedades do mandarín da meseta inferior deShaanxi non son directamente intelixíbeis co putonghua. As variantes do mandarín deGuilin e deKunming son fundamentalmente inintelixíbeis para os falantes do putonghua.

Porén, os falante educados que viven nas cidades do Suroeste, como Guilin e Kunming falan unpǔtōnghuà bastante correcto en lugar da súa lingua ancestral.

Na China do Norte, enSichuan, e noutras áreas onde se fala alingua do Norte, denominadas « variantes locais do mandarín », é de feito unha das linguas maternas dos falantes desas zonas. A educación masiva no mandarín non eliminou as diferenzas rexionais anteriores. No Sur, as interferencias entre o mandarín e outras lingua chinesas deron lugar a aparición de versións locais dalingua do Norte, que son abondo diferentes do mandarín oficial padrón, tanto na pronunciación como na gramática. Por exemplo, o mandarín falado en Taiwán polos estudantes que falantaiwanés (un dialecto demin do Sur) ouhakka, como lingua materna, é polo xeral realizado cunha gramática e un acento que o fan diferente dokuo-yü normalizado, orixinando unha versión do mandarín comunmente denominadomandarín de Taiwán.

Pese a que o mandarín sexa considerado como a lingua estándar, falar mandarín sen acento local, ou usar o mandarín en lugar do dialecto local, pode facer pasar o locutor como un estranxeiro ou como alguénnon normal. De aí que a maior parte dos falantes, incluídos os dirixentes políticos, non se esforcen en falar o mandarín consonte o acento padrón oficial.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramandarín.
  2. 2,02,12,22,32,42,52,62,72,8Escrita chinesa tradicional
  3. 3,03,13,23,33,43,53,63,73,8Escrita chinesa simplificada
  4. 4,04,14,24,34,44,54,64,74,8Transcrición pinyin
  5. Os Hàn é aetnia maioritaria naChina

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:China

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Hruso-Miji
Kho-Bwa
Siángico
Digaro
Núngico
Karénico
Gong
Chinés
Tujia
Burmo-Qiángico
(Oriental)
Chamdo
Horpa-Lavrung
Gyalrong
Qiángico
Ersúico
Naico
Lolo-Birmano
Bai
Cai-Long
Occidental
Raji-Raute
Magárico
Bódico
Newárico
Dhimálico
Miju-Meyor
Central
Mru-Khongso
Sal
Kuki-Chin-Naga
Protolinguas
  • Os grupos lingüísticos están enletra grosa.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mandarín&oldid=7314879»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp