Rzeczpospolita Korony Polskiej i Wielkiego Księstwa Litewskiego (pl) Res Publica Utriusque Nationis (la) Regnum Poloniae Magnusque Ducatus Lithuaniae (la)
AMancomunidade de Polonia e Lituania ou aRepública das Dúas Nacións, coñecida formalmente comoReino de Polonia e Gran Ducado de Lituania, e, despois de1791,Mancomunidade de Polonia, foi unestado efederación[1] dePolonia eLituania gobernadas por unmonarca común en unión real, que era tanto rei de Polonia como gran duque de Lituania. Foi un dos países máis grandes[2][3] e máis poboados da Europa dosséculos XVI aoXVII. Na súa maior extensión territorial, a principios do século XVII, a mancomunidade cubría case un millón de quilómetros cadrados[4][5] e a partir de1618 tiña unha poboación multiétnica de case doce millóns de persoas.[6][7] Opolaco e olatín eran as dúas linguas cooficiais.
A unión posuía moitas características únicas entre os estados contemporáneos. O seu sistema político caracterizábase por estritos controis ao poder monárquico. Estes controis foron promulgados por unhalexislatura (sejm) controlada polanobreza (szlachta). Este sistema idiosincrático foi un precursor dos conceptos modernos dedemocracia,[8] a partir de1791 demonarquía constitucional[9][10][11] e defederación.[12] Aínda que os dous estados compoñentes da mancomunidade eran formalmente iguais, Polonia era o socio dominante na unión.[13]
A República das Dúas Nacións estivo marcada por altos niveis de diversidade étnica e pola relativa tolerancia relixiosa, garantida pola Lei daConfederación de Varsovia de1573;[14][15] con todo, o grao de liberdade relixiosa variou co paso do tempo.[16] A Constitución de1791 recoñeceu ocatolicismo como a "relixión dominante", a diferenza da Confederación de Varsovia, mais a liberdade de relixión aínda se concedeu con ela.[11]
Despois de varias décadas de prosperidade,[17][18][19] entrou nun período prolongado de declive político,[11][20] militar e económico.[21] A súa crecente debilidade levouna á súa repartición entre os seus veciños (Austria,Prusia eRusia) a finais doséculo XVIII. Pouco antes da súa desaparición, a mancomunidade adoptou un esforzo de reforma masivo e promulgou a Constitución do3 de maio, que foi a primeira constitución codificada na historia moderna de Europa e a segunda na historia do mundo moderno despois daConstitución dos Estados Unidos.[22][23][24][25][26]
↑Zbigniew Pucek:Państwo i społeczeństwo 2012/1, Krakow, 2012, p. 17.
↑Norman Davies,Europe: A History, Pimlico 1997, p. 554: "Poland–Lithuania was another country which experienced its 'Golden Age' during the sixteenth and early seventeenth centuries. The realm of the last Jagiellons was absolutely the largest state in Europe"
↑Aleksander Gella,Development of Class Structure in Eastern Europe: Poland and Her Southern Neighbors, SUNY Press, 1998,ISBN0-88706-833-2,Google Print, p. 13
↑"Formally, Poland and Lithuania were to be distinct, equal components of the federation ... But Poland, which retained possession of the Lithuanian lands it had seized, had greater representation in the diet and became the dominant partner.""Lublin, Union of".Encyclopædia Britannica. 2006.[1]
↑Norman Davies,God's Playground. A History of Poland, Vol. 1: The Origins to 1795, Vol. 2: 1795 to the Present. Oxford: Oxford University Press.ISBN0-19-925339-0 /ISBN0-19-925340-4
↑Halina Stephan,Living in Translation: Polish Writers in America, Rodopi, 2003,ISBN90-420-1016-9,Google Print p. 373. Quoting fromSarmatian Review academic journal mission statement: "Polish–Lithuanian Commonwealth was ... characterized by religious tolerance unusual in premodern Europe"
↑"In the mid-1500s, united Poland was the largest state in Europe and perhaps the continent's most powerful state politically and militarily". "Poland".Encyclopædia Britannica. 2009. Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 26 de xuño de 2009.
↑John Markoff describes the advent of modern codified national constitutions as one of the milestones of democracy, and states that "The first European country to follow the U.S. example was Poland in 1791." John Markoff,Waves of Democracy, 1996,ISBN0-8039-9019-7, p. 121.
Bardach, Juliusz; Lesnodorski, Boguslaw; Pietrzak, Michal (1987).Historia panstwa i prawa polskiego. Warsaw: Paristwowe Wydawnictwo Naukowe.
Brzezinski, Richard (1987).Polish Armies (1): 1569–1696. Men-At-Arms Series184. Osprey Publishing.ISBN0-85045-736-X.
Brzezinski, Richard (1988).Polish Armies (2): 1569–1696. Men-At-Arms Series188. Osprey Publishing.ISBN0-85045-744-0.
Frost, Robert (2015).The Oxford History of Poland–Lithuania. I: The Making of the Polish–Lithuanian Union, 1385–1569. Oxford University Press.ISBN978-0198208693.
Norkus, Zenonas (2017).An Unproclaimed Empire: The Grand Duchy of Lithuania: From the Viewpoint of Comparative Historical Sociology of Empires.Routledge.ISBN978-1138281547.
Rowell, S. C. (2014).Lithuania Ascending: A Pagan Empire within East-Central Europe, 1295–1345. Cambridge Studies in Medieval Life and Thought: Fourth Series. Cambridge University Press.ISBN978-1107658769.
Rowell, S. C.; Baronas, Darius (2015).The Conversion of Lithuania. From Pagan Barbarians to Late Medieval Christians. Vilnius: Institute of Lithuanian Literature and Folklore.ISBN978-6094251528.