Oseo (termo que provén dolatínsinus co significado de «curvatura , sinuosidade, pregamento»),peito oumama é cada unha dasglándulas das femias dos animaismamíferos que producen oleite, alimento necesario para alactación das crías desde oparto. Están situados na parte ventral do corpo, na rexión anterosuperior lateral dotronco namuller e nas femias dosprimates, e na rexión anterocaudal sobreexposta ápelve nas femias dos mamíferos inferiores. Nas femias dos animais mamíferos recibe o nome deubre. Tanto nos mamíferos superiores como nos inferiores, o seo abrangue aglándula mamaria e oscondutos galactóforos, empregados para a lactanción.
Naanatomía humana, as mamas desenvólvense nun par, correlativas á área antes descrita para o ser humano e os primates, mentres que en mamíferos inferiores adoita dobrar o número na rexión descrita anteriormente. A súa estrutura é xeralmente asimétrica —a esquerda é de maior tamaño ca dereita na maioría dos casos, o contrario é moi pouco frecuente—, e sitúanse baixo apel notórax de todas as mulleres da especie humana.
Os mamíferosmachos tamén posúen mamas, aínda que estas non están completamente desenvolvidas. Porén poden desenvolverse como consecuencia de distintas enfermidades conxénitas, como opseudohermafroditismo.
Os seos están constituídos por tres tipos detecido:tecido adiposo,tecidos conectivos eglándulas mamarias, que producen o leite que é conducido a través de ductos ásmamilas. As glándulas mamarias distribúense por todo o seo, aínda que dous terzos do tecido glandular se encontran nos 30 mm máis próximos á base da mamila.[1] O resto das mamas está composto portecido conxuntivo (coláxeno eelastina),tecido adiposo (graxa) e unhaaponeurose chamadaligamento de Cooper. A proporción de glándula e tecido adiposo parte de 1:1 en mulleres non lactantes, até 2:1 en mulleres lactantes.[1]
Os homes tamén posúen glándulas mamarias e mamilas, mais non hai produción de leite debido á falta da hormona femininaestróxeno.
É comunmente aceptado por biólogos que o obxectivo real daevolución das mulleres de teren seos é atraer osmachos da especie[Cómpre referencia], sendo os seos unha das principaiscaracterísticas sexuais secundarias. Algúns biólogos sosteñen que a forma dos seos femininos evolucionou como unha especie de complemento estético fronte ás formas dasnádegas; outros cren que os seos evolucionaron desta forma para previr que os bebés non se sufoquen mentres maman (debido a que os bebés non posúen unhamandíbula protuberante como outros primates, onariz podería ser bloqueado por un peito feminino liso durante a lactación). De acordo con esta teoría, cando a mandíbula doshomínidos diminuíu, os seos aumentaron de tamaño para compensar esta diminución.
Aproximadamente o 75% dalinfa procedente das mamas viaxa aosganglios linfáticos daaxila do mesmo lado. O resto viaxa para os nódulos linfáticos paraesternais, para a mama no lado oposto e finalmente para os ganglios linfáticos abdominais. Os ganglios axilares inclúen o grupo inferior ou pectoral -que drena a parte profunda e trasmuscular-, o grupo interno ou subescapular -que drena a parte interna da glándula mamaria- e o grupo externo ou umeral -que drena a parte externa da mama-.
Esta drenaxe é particularmente importante naoncoloxía, porque as mamas son un sitio frecuente de desenvolvemento docancro; de maneira que se se desprenden células malignas do tecido mamario, poderían espallarse por outras partes do corpo a través dosistema linfático para producirmetástases. O feito de que osvasos linfáticos percorran o tecido trasmuscular do pectoral maior é xustificativo para a extirpación dese tecido no tratamento cirúrxico do cáncer de mama -a chamada demastectomía radical porHalsted-.
Seos relativamente redondos que caen case horizontalmente
As mamas varían en tamaño e forma. A súa aparencia externa non responde a súa anatomía interna ou o seu potencial de lactación. A forma da mama depende sobre todo do seu soporte, o cal provén principalmente dos ligamentos de Cooper e do tecido torácico subxacente sobre o cal descansa. Cada mama adhírese na súa base á parede torácica por unhafascia profunda, que cobre o músculo pectoral. Na parte superior do tórax recibe algún apoio dapel que as reviste. Esta combinación de apoio anatómico é o que determina a forma dos seos. Nun pequeno grupo de mulleres, os ductos frontais son visíbeis por non se mesturaren co tecido que as rodea.
A localización do mamila en relación á dobra inframamaria coñécese comoptose, no cal a mama cae de tal maneira sobre o peito que a mamila supera a dobra inframamaria. Nalgúns casos, todo o conxunto mamila-aréola pode eventualmente chegar a caer até o nivel doembigo. A distancia entre a parte superior da mamila e a base do esterno nun seo xove ten unha media de 21 cm e é unha medidaantropométrica usada para determinar asimetría e a ptose mamaria. Hai seos nunha gama de proporción entre a lonxitude e o diámetro da base, variando de 1:2 a 1:1.
As mamas están situadas sobre omúsculo pectoral maior e, xeralmente, prolónganse verticalmente a partir do nivel da segunda costela, até a sexta ou sétima. No sentido horizontal, esténdense desde o bordo do óso esterno até unha liña media, imaxinaria, na axila. Na parte máis separada do tórax, á altura do terceiro espazo intercostal, a pel especialízase para formar a mamila e a aréola.
Cada mama limita na súa cara posterior coa aponeurose (ou fascia) domúsculo pectoral e contén abundantetecido adiposo onde non haitecido glandular. A graxa e o tecido conxuntivo, xuntamente cos ligamentos de Cooper (que ligan a glándula á pel), constitúen un verdadeiro soporte que dan forma e a sosteñen, permitindo o deslizamento normal do seo sobre a musculatura subxacente. A mama tamén contén vasossanguíneos,venosos elinfáticos, así como elementos nerviosos. Non existe nada dentro do peito que se pareza a unha cápsula continua que envolva o seo. Realmente, é moi común que exista un tecido chamado aberrante ouectópico (literalmente "fóra de sitio"), en zonas moi afastadas da mama.
O cuadrante superior lateral (o máis afastado doesterno) esténdese diagonalmente na dirección daaxila e coñécese como orabo de Spence. Unha fina capa de tecido mamario esténdese desde encima daclavícula até a sétima ou oitava costelas por abaixo e desde a liña media até o bordo domúsculo grande dorsal. Non é raro encontrar tecido mamario no oco daaxila ou baixo a pel, na parte anterior doabdome.
Tanto nos homes como nas mulleres hai unha gran concentración denervios evasos sanguíneos nas mamilas que son, por esa razón, altamenteeróxenas. En ambos os sexos as mamilas teñen capacidadeeréctil en resposta tanto a estímulos sexuais,[2] como ao frío. A innervación das mamas vén proporcionada por ramas frontais e laterais das IV a VIramas intercostais, provenientes dosnervios espiñais. A mamila é innervada pola distribución donervio torácico T4.
Embrioloxicamente otecido glandular da mama non é só o produto de desenvolvemento desproporcionado -en termos morfolóxicos e funcionais- de glándulas sudoríparas modificadas dapel, adaptadas para a produción deleite. Oleite materno é un tipo desecreción de alto valor nutritivo, debidamente adaptado ás necesidades dos nenos acabados de nacer e única fonte de alimento e deanticorpos durante os primeiros meses de vida.
O desenvolvemento mamario durante a puberdade ocorre debido ao estímulo das hormonasováricas, principalmenteestróxenos eproxesterona. O estróxeno estimula o desenvolvemento da porción excretora da glándula mamaria -principalmente os galactóforos- e a proxesterona é responsábel do desenvolvemento da porción secretora -os lóbulos-. Estas hormonas estimulan o desenvolvemento de características sexuais femininas, producindo o mesmo efecto sobre os homes cós desequilibrios hormonais, ou aqueles que queren mudar a súaidentidade sexual.
A alimentación con leite materno é coñecida comolactación. O acto de alimentar directamente o lactante coñécese comoaleitamento e realízase pola succión directa da mamila pola boca do bebé.
As mamas son vistas por moitos como un indicativo fundamental defeminidade ou un atractivosexual, e por causa diso algunhas mulleres que pasan por procesos demastectomía debido a uncáncer recorren ácirurxía para a súa reconstrución. Amastoloxía é o ramo damedicina que coida dasdoenzas que sofren as mamas.
Para aumentar os seos, algunhas mulleres sométense acirurxía plástica de recheo interno consilicona. Cando o material non é adecuado ou a cirurxía está mal feita, esa práctica pode ocasionar efectos colaterais graves e irreversíbeis. Algúns especialistas diverxen sobre a necesidade desta cirurxía, algúns alegan que o risco compensa aautoestima adquirida da muller.
A cirurxía para a redución das mamas, retirando graxa ou nalgúns casos parte da glándula mamaria, tamén se practica por cuestións de estética ou por problemas posturais, debidos ao peso forzando acolumna vertebral.
Durante apuberdade os seos crecen estimulados polos hormonas sexuais que actúan, aproximadamente, até os vinte anos de idade. O desenvolvemento dos tecidos adiposo e conectivo aumenta baixo a influencia doutras hormonas, como aproxesterona,prolactina,corticoides e hormona do crecemento.
O aumento dos niveis deestróxenos e deproxesterona durante oembarazo estimulan o desenvolvemento glandular. As mamas tenden a tornarse esféricas debido ao aumento do tecido adiposo.
A lactación tende a manter as mudanzas ocorridas durante a gravidez. Ao inicio da lactación e durante as primeiras horas, os repetidos movementos de succión por parte do meniño acabado de nacer acaban por provocar a saída dunha secreción espesa e amarelada, rica encolesterol, chamadacostro (ouformigo).
A produción deleite nas mamas comeza inmediatamente despois do parto. Ao cabo de doce a vinte e catro hora, a muller segrega o costro, líquido ao cal se atribúen propiedades laxantes (dado o seu elevado teor de colesterol), que facilitaría a evacuación domeconio do intestino do recentemente nado. Poucas horas despois as mamas deixan de producir o costro para secretar o leite normal.
A composición do leite normal inclúe proporcións elevadas de auga (até un 85%) e máis de 300 compoñentes. Aínda que poida parecer que isto limite o fornecemento de nutrientes ao bebé, é importante considerar que aosmolaridade elevada non é aínda unha condición equilibrada nosriles do lactante que, nos primeiros meses, debe extraer a auga necesaria exclusivamente do leite e sen outra administración adicional.
Becerro mamando nun teto
Noleite materno hai numerosos nutrientes, así comoproteínas,aminoácidos,vitaminas eminerais esenciais, ademais de encontrarse unhas potentesinmunoglobulinas tipo IgA que actúan como anticorpos proporcionando ao neonato unha importante protección ante potenciais infeccións. As fórmulas lácteas elaboradas a partir do leite de vaca carecen deste compoñente, e aínda que recentemente algúns laboratorios (tal é o caso de Bayer) indican que agammaglobulina (ou inmunoglobulina) IgA se conserva en microfragmentos dentro da fórmula, esta non é aproveitada polo ser humano debido á súa estrutura molecular ligada a certos elos de aminoácidos que o organismo humano non pode recoñecer e que incluso certos individuos poden rexeitar. Esta é unha das razóns polas que se recomenda a lactación materna durante o primeiro ano de vida, como mínimo. Incluso aOrganización Mundial da Saúde suxire aleitar seis meses con lactación exclusiva (só leite materno, sen auga, infusións ou fórmulas lácteasbovinas oucaprinas) e continuar lactando polo menos até os dous anos complementando con sólidos a alimentación do neonato.
APsiquiatría estuda a maneira en que a lactación materna reforza de xeito particular o vínculo emocional na relaciónnai–fillo dunha forma tan sólida como primaria, o que proporciona unha satisfacción particular a ambos, desenvolvendo no neonato o afecto humano. De feito, algunhas nais prolongan a lactación do seu fillo durante dous anos ou máis, aínda a pesar de que o meniño tome xa unha alimentación moi variada e completa. En teoría, a prolongación da lactación ten tamén a consecuencia de manter elevados os niveis deprolactina no sangue da nai, o que impide que se produza unha secreción adecuada de hormona folículo estimulanteFSH e luteínicaLH, co que se inhibe aovulación. Este atraso ao retorno da fertilidade deu lugar a un método de anticoncepción chamado MELA, que podería servir durante os primeiros seis meses de vida do bebé. Non obstante, a lactación como tal non é eficaz comométodo anticonceptivo.
Pódese inducir a lactación nunha muller que non estivese embarazada,[3] e neste caso non se encontraron diferenzas nutricionais entre o leite materno inducido ou o resultante dun embarazo.
Os seos cumpren un papelfisiolóxico ecultural na función sexual feminina e masculina humanas. Comozona eróxena, é importante a súa participación nas relacións sexuais. Existen numerosasprácticas sexuais centradas nas mamas (como a masturbación cos peitos ou o fetichismo de seos). Nas sociedades occidentais tecnoloxicamente desenvolvidas moitos homes séntense atraídos, sobre todo, polos seos de gran tamaño. Outros, porén, prefírenos dun tamaño menor pero túrxidos e firmes.
A función sexual feminina da mama, despois do diagnóstico e tratamento do cáncer de mama, non tende a diminuír ou diferir, en especial en mulleres sometidas acirurxías de reconstrución estética (mamoplastia). Non obstante, nas mulleres que se someteron a unhamastectomía total notouse unha diminución no interese sexual. Aquimioterapia tende a cursar con problemas na función sexual da muller tratada.
Ao contrario do que moitos pensan, o tamaño, a forma ou a consistencia das mamas dunha muller non indica unha maior capacidade de produción de leite. De feito, gran parte da mama é tecido adiposo que, en parte, ten funcións estruturais e de sostén e que contribúe a proporcionar atractivo sexual á muller, pero en absoluto á lactación, mentres que as glándulas mamarias participan moi pouco no tamaño real dos seos.
Calquera cirurxía efectuada nos seos, incluíndo a cirurxía estética, leva a un potencial de interferencia para unha futura lactación,[4][5][6] causando alteracións na sensibilidade da mamila e dificultades para interpretar unhamamografía (raios x dos seos). Algúns estudos demostraron unha capacidade de lactación comparábel entre mulleres con macromastia (hipertrofia da mama) en comparación con grupos de control nas mulleres nas que a operación de redución dos seos foi realizada usando unha moderna técnica cirúrxica chamada de "pedículo superior".[7][8][9][10] Algunhas organizacións decirurxía plástica aconsellan adiar as reducións efectivas de seos en rapazas adolescentes debido ao feito de que o volume da mama pode continuar crecendo considerabelmente á medida que as rapazas madurecen e aínda non se coñecen os riscos a longo prazo destas intervencións estéticas.[11] A maioría dos cirurxiáns avalía cada caso individualmente, antes de someter unha paciente nova a unha redución considerábel dos seos, para corrixir ahipoplasia ou asimetría severa.
Mamografía dun seo normal (esquerda) e doutro con cancro de mama (dereita).
O cancro de mama consiste na proliferación acelerada e incontrolada decélulas doepitelio glandular entre os condutos delgados que conectan a modo de ramas dunha árbore os acios de lóbulos e lobuliños que compoñen a glándula mamaria. Como noutrostumores malignos, estas células caracterízanse por presentar particularidades propias das células embrionarias: son células diferenciadas que aumentaron enormemente as súas capacidades reprodutivas e que se volveron inmortais, é dicir, non poden envellecer. O diagnóstico do cancro de mama require o exame microscópico dunhabiopsia do tecido mamario sospeitoso. A exploración física, amamografía e outros exames rutineiros son eficaces no diagnóstico temperá da enfermidade.
Os tipos de cancro que se desenvolven con máis frecuencia son ocarcinoma ductal, se ocorre nos condutos, e ocarcinoma lobular, se ocorre nos lóbulos.[12] O cancro de mama é raro nos varóns. Máis do 99 % dos casos danse en mulleres.
↑Witte, PM; van der Lei B, van der Biezen JJ, Spronk CA (2004-06-26). "Successful breastfeeding after reduction mammaplasty".Ned Tijdschr Geneeskd148 (26): 1291–93.PMID15279213.
↑"Cáncer de mama".M.D. Anderson y el cáncer / ¿Qué es el cáncer?(encastelán). Fundación M.D. Anderson España - Centro Oncológico. Arquivado dendeo orixinal o 21 de xullo de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2015.La glándula mamaria consta de dos elementos fundamentales: los acinos glandulares, donde se encuentran las células productoras de leche y los ductos, conjunto de estructuras arboriformes o ramificadas, tubulares y huecas, cuyas luces confluyen progresivamente en canalículos más y más gruesos. Cuando las células malignas tienen su origen en los acinos glandulares hablamos decarcinoma lobulillar, y cuando este se genera en el conductocarcinoma ductal.