Malmö, situada noCondado de Escania (Skåne, ensueco), é a terceira cidade máis grande deSuecia con 270.000 habitantes. O seu desenvolvemento vai dende aindustrialización ata converterse aos poucos nunha cidade universitaria.
Considérase que Malmö foi fundada entre os séculosXII eXIII, cando a rexión deEscania pertencía aoreino de Dinamarca. Nosanos 1200 erixiuse unha pedanía costeira entre a igrexa deCopenhaguen e o arcebispado deLund. Máis tarde ordenouse construír unhafortaleza no mesmo punto. A partir de1275 podíase cruzar oestreito de Øresund por barco, o cal impulsou o desenvolvemento comercial de Malmö ao estar dentro da ruta daLiga Hanseática.[1]
Xa noséculo XV, Malmö superara en importancia aLund e era unha das cidades máis poboadas de Dinamarca con aproximadamente 5000 habitantes, un importante mercado e unha puxante industria pesqueira dearenques.[1] Durante o reinado deErico de Pomerania produciuse a creación da aduana de Øresund (1429), a construción do primeirocastelo de Malmö (1434) e a entrega en1437 doescudo de armas local: unha cabeza degrifón, máis tarde convertida en símbolo representativo de Escania. Malmö foi tamén un dos primeiros lugares escandinavos que adoptou oluteranismo durante areforma protestante.
Os conflitos continuaron a comezos doséculo XVIII, cando as tropas danesas entraron en Malmö durante aGran Guerra do Norte (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneralMagnus Stenbock logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada dapeste bubónica, rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes nadécada de 1720.
As autoridades suecas asumiron a reconstrución de Malmö cando a situación xa se había estabilizado. Ademais da inauguración dun novo porto en1775, desenvolvéronse servizos básicos como escolas, hospitais, a central eléctrica e unha planta de tratamento de augas residuais.[1]
En1870, Malmö superara aNorrköping como a terceira cidade sueca máis habitada, e en1900 a súa poboación pasaría os 60.000 habitantes. Ao longo doséculo XX, a chegada de inmigrantes (suecos e estranxeiros) motivou a construción de novas zonas residenciais evivendas de protección oficial repartidas polo municipio de Malmö. Todas esas casas construíronse baixo oproxecto polo millón de vivendas.[7]
Porén, nadécada de 1970 produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos.Kockums tivo que ser rescatada polo estado, e en1986 cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse acidades dormitorio como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.
Ante esa situación, o municipio apostou polareconversión industrial a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.[8] Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus daEscola Superior de Malmö (1998).[9] No2000 inaugurouse oponte de Øresund que conecta a Malmö conDinamarca a través domar Báltico,[10] e en2005 completáronse as obras doTurning Torso, un rañaceos residencial de 190 metros deseñado porSantiago Calatrava.[11] O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento daguindastre Kockums en2002. Por outra banda, o centro urbano viviu unproceso de xentrificación.[7]